12/21/2007

O Aquarium Finisterrae estrea "Fotógrafos da Natureza 2008”

Un ano máis Caixanova e o Aquarium Finisterrae estrean en España a exposición de fotografías de natureza máis importante do mundo. A mostra contén as imaxes gañadoras e finalistas nas diferentes seccións do certame “Wildlife Photographer of the Year”, que acaba de emitir o seu fallo.

12/16/2007

X Premio Luis Freire de Investigación Científica para Escolares

O premio Luís Freire de Investigación Científica para Escolares alcanza a súa décima convocatoria. Inclúe novidades como un primeiro premio consistente nunha viaxe a un lugar ou instalación de interese científico-cultural en España, ou un servizo de asesoría para os equipos que o soliciten. O prazo de presentación de propostas de investigación está aberto ata o 30 de xaneiro de 2008.

A Casa das Ciencias programa unha obra de teatro para nenos do Grupo Chévere

Para asistir é preciso retirar unha invitación, que se repartirán a partir do xoves 20 de decembro na Casa das Ciencias, de 10 a 19 horas. A obra, titulada "Alá no fondo hai sitio abondo", é unha creación do Grupo Chévere que ten como obxectivo achegar a todos os públicos as marabillas da nanotecnoloxía.

11/30/2007

O Aquarium Finisterrae organiza unha nova edición de "Durmindo con Quenllas"

O 3 de decembro ábrese o prazo de preinscripción para unha nova edición da actividade "Durmindo con Quenllas", dirixida a nenos de 7 a 11 anos e que se celebrará durante as próximas vacacións navideñas.

Bolsas 2007-2008: Lista de admitidos e suplentes

Acta da reunión do Tribunal Avaliador do Programa de Bolsas para a realización de prácticas nos Museos Científicos Coruñeses (=mc2) 2007 - 2008. (PDF, 130 KB)

11/27/2007

A Wikiteca de mc2 revisa os novos avances en investigación con células nai

Unha nova técnica permite obter células nai sen usar embriones. Esta vía evita os problemas éticos dos métodos anteriores pero, ¿Pode aplicarse en humanos? ¿Teñen estas células nai tantas posibilidades como as embrionarias?

11/19/2007

Aberta a matrícula para o III Curso de Formación en Actualidade Científica, dedicado á Neurociencia

Os Museos Científicos Coruñeses e Neurocom organizan en decembro un curso que suscita unha revisión dos temas máis relevantes da actualidade científica en relación coa neurociencia. Inscripción gratuita, ata o 2 de decembro.

11/18/2007

"Museos para o Futuro" conmemora na Domus o Ano da Ciencia

Unha exposición interactiva que reúne a 23 museos e centros de divulgación científica españois. Os seus módulos e pezas máis emblemáticas, e os seus acenos de identidade: Prohibido non tocar, Prohibido non pensar, Prohibido non sentir, Prohibido non soñar.

11/06/2007

SEMANA DA CIENCIA 2007

12-18 nov: Entrada gratuita nos tres Museos Científicos Coruñeses
12-16 nov: "Mostra de Ciencia e Cinema". Domus
15 nov: Espectáculo de Ciencia Recreativa. Casa das Ciencias
15 nov: Preestreno do documental "Artic Tale". Teatro Rosalía de Castro
16 nov: Sesión de astronomía urbana. Praza de María Pita
17 nov: Entrega XX Premios Prismas a la Divulgación. Concello

>> Máis infomación: consulta o programa completo e a axenda mc2.

11/03/2007

O Planetario da Casa das Ciencias programa sesións especiais sobre o cometa Holmes

Do 2 ao 4 de novembro, a sesión de planetario das 18.00 horas dedícase ao cometa Holmes, que nos últimos días multiplicou o seu brillo un millón de veces, o que permite observalo a primeira ollada.

Aberto o prazo para solicitar as bolsas 2007-2008 nos Museos Científicos Coruñeses

58 bolsas para o programa Visitas Guiadas e 18 bolsas de Prácticas de Museoloxía. Destinadas a alumnos de últimos cursos de carreira, ou que superen a metade dos créditos para obter a titulación correspondente, menores de 28 anos e con seguro escolar en vigor.

10/06/2007

Actividades infantís na Domus e no Aquarium Finisterrae

Volven as "Meriendas no Aquarium", os sábados pola tarde desde o 20 de outubro. E xa está en marcha unha nova edición de "ExploraDomus", os sábados e domingos ás 17:00.

10/02/2007

Ganadores dos XX Prismas Casa das Ciencias á divulgación

Un documental sobre a vida da lamprea nos ríos de Galicia obtén o Prisma ao mellor traballo multimedia na XX edición do certamen, no que tamén resultaron premiados un artigo sobre o creacionismo, un libro sobre neurociencias e o suplemento "Futuro" do diario El País.

9/24/2007

Arrinca o curso 2007-2008 nos Museos Científicos Coruñeses

Unha mostra de insectos exóticos vivos e os talleres dixitais de actualidade científica serán as grandes novidades para as visitas escolares do curso 2007-2008. Co curso volven tamén as colaboracións de mc2 en La Voz de la Escuela.

9/18/2007

Ven contemplar estrelas moribundas

A Casa das Ciencias estrea «Omega», unha exposición fotográfica que retrata a morte de estrelas, vistas a través dos ollos do telescopio espacial Hubble.

9/07/2007

Curso de Iniciación á Astronomía na Casa das Ciencias

Do 6 ao 9 de novembro, no Planetario, un curso práctico para gozar da astronomía a simple vista nun ambiente relaxado. Aprende a recoñecer os planetas, estrelas e constelaciones máis destacados.

8/10/2007

"Barcos de papel" fondea no Aquarium Finisterrae

O acuario convértese un ano máis na sede do salón internacional "Viñetas desde o Atlántico", cunha selección dos barcos máis soados do cómic.

8/03/2007

Choiva de Perseidas no Planetario

Do 6 ao 12 de agosto, as sesións das 18.00 e 20.00 do Planetario son unha guía para observar a choiva de estrelas fugaces que se repite cada ano por estas datas: en 2007 a cita coas Perseidas conta coa complicidade da Lúa nova.

7/13/2007

Imaxes do cambio climático

«NorthSouthEastWest» é unha exposición de fotografías sobre os efectos do cambio climático no noso planeta que estará no Aquarium Finisterrae durante xullo e agosto de 2007.

6/13/2007

Coñece aos moluscos "Fabricantes de perlas"

Consulta o mapa interactivo, as fotos e as fichas biolóxicas dos moluscos de todo o mundo que viven na exposición "Fabricantes de Perlas" do Aquarium Finisterrae.

6/05/2007

Día Mundial do Océano: o foro "Os Mozos e o Mar" reúnese no Aquarium Finisterrae.

O Aquarium Finisterrae acolle o venres 8 de xuño, a partir das 11 da mañá, o foro "Os Mozos e o Mar", que se celebra con motivo do Día Mundial do Océano

Aguantar a respiración non evita que as ortigas piquen

A crenza popular non se cumpre, segundo demostraron os alumnos do IES Moncho Valcarcel (As Pontes), gañadores do IX Premio Luis Freire de Investigación Científica para Escolares.