12/19/2008

Estrea da exposición "Fotógrafos da Natureza 2009"

O Aquarium Finisterrae e Caixanova presentan en primicia en España os gañadores e finalistas do certame de fotografía de natureza máis importante do mundo: Wildlife Photographer of the Year.[+]

Os Museos Científicos Coruñeses no Parlamento Europeo

Foron seleccionados para presentar as Monografías de Comunicación Científica no Parlamento Europeo como unha das cinco Mellores Prácticas dos centros de ciencia[+]

12/12/2008

ExploraDomus descobre animais exóticos durante o Nadal

Este Nadal na Domus os máis pequenos poderán coñecer os pequenos animais que habitan na exposición "Continentes vivos". Da man dos seus coidadores descubrirán a pitón da India, o escorpión xigante africano, as ras de Australia ou as arañas do continente americano. [+]

12/02/2008

O Aquarium organiza unha nova edición de Durmindo con Tiburóns para este Nadal

A actividade, para nenos de entre 7 e 11 anos, terá lugar durante as vacacións de Nadal, con sesións os días 22, 23, 26, 27, 28, 29, 30 de decembro de 2008. O prazo de preinscrición abriuse o xoves 4 de decembro e ese día cubríronse todas as prazas. [+]

12/01/2008

Aberta a XI Convocatoria do Premio Luis Freire de Investigación Científica para Escolares

O prazo de presentación de propostas de investigación está aberto ata o 22 de decembro de 2008. O Premio está convocado polos Museos Científicos Coruñeses e El Corte Inglés, en colaboración coa Asociación de Amigos da Casa das Ciencias. [+]

11/24/2008

Webcam: segue en vivo ás focas do Aquarium Finisterrae

A nova webcam do Aquarium Finisterrae permite seguir a vida da nosa colonia de focas comúns no seu hábitat natural. Cada día, sobre as 12:00 e as 17:00 podes velas comer en directo. [+]

11/19/2008

Domus pecha a Semana da Ciencia cunha representación teatral sobre os antibióticos

«Antibióticos, unha conquista da humanidade que estamos a estragar» representarase o venres 21 de novembro, ás 10 da mañá. Á obra asistirá público escolar, co patrocinio da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia. [+]

11/17/2008

Entregados os XXI Premios Prismas á Divulgación

A cerimonia de entrega dos premios Prismas Casa das Ciencias á Divulgación celebrouse o 15 de novembro no Concello da Coruña. Na súa XXI edición, o certame segue fiel ao seu obxectivo de potenciar a difusión da cultura científica. [+]

Convocatoria aberta para o profesorado

Neste encontro, que terá lugar o martes 18 de novembro ás 19 horas na Domus, se explicarán algúns dos proxectos en marcha, a programación de actividades para este novo curso escolar 2008-09 e se recollerán propostas e iniciativas [+]

11/07/2008

Os Museos Científicos Coruñeses celebran a Semana da Ciencia

Do 10 ao 16 de novembro haberá xornadas de portas abertas na Domus e no Aquarium Finisterrae. Un completo programa de actividades especiais se prolongará ata finais de novembro. [+]

11/05/2008

A «Ciencia sen palabras» chega á Domus

¿Pódese comunicar a ciencia sen falar? Na Domus poderás ver a resposta a este reto: unha representación teatral sen palabras e chea de experimentos científicos, o domingo 9 de novembro ás 12 horas. [+]

11/04/2008

Convocatoria aberta pola divulgación científica

A dirección dos Museos Científicos Coruñeses (=mc2) organiza unha reunión aberta con persoas e colectivos interesados na divulgación científica. Neste encontro, que terá lugar o martes 11 de novembro ás 19 horas na Domus, se explicarán algúns dos proxectos en marcha e se recollerán propostas e iniciativas. [+]

10/31/2008

Os campamentos infantís volven ao Aquarium Finisterrae na Semana da Ciencia

«Durmindo con Tiburóns-Encontro co Mar» celebrarase os sábados 15 e 22 de novembro. Tamén haberá «Fish and Chips» os domingos 16 e 23. O prazo de inscrición para ambas as dúas actividades ábrese o luns 3 de novembro. [+]

10/27/2008

Palmarés da I Mostra de Ciencia e Cinema

O documental "Cosmonaut Polyakov" foi o gañador da I Mostra de Ciencia e Cinema. "Terra incógnita" e "The Linguists" compartiron o premio da Xuventude. "2050: How Soon Is Now?" foi escollido como o mellor documental galego. [+]

10/23/2008

«Obxectivo Marte»: Xornadas sobre astrobioloxía

Os Museos Científicos Coruñeses e o Instituto Universitario de Xeoloxía da Universidade da Coruña organizan esta fin de semana unhas xornadas sobre astrobioloxía. Participan os principais científicos españois implicados na exploración do planeta Marte. [+]

10/22/2008

A Domus expón animais exóticos vivos

A nova exposición "Continentes vivos" céntrase en pequenos e abraiantes animais que adoitan pasar inadvertidos. Pero a súa existencia é necesaria para o equilibrio e a saúde dos ecosistemas dos que forman parte. [+]

10/21/2008

Domus acolle proxeccións da Mostra de Ciencia e Cinema

A Mostra, organizada pola AACC, inclúe proxeccións de documentais científicos, e a presentación da película "Nosotros alimentamos al mundo" no Teatro Rosalía de Castro o mércores 22 de outubro [+]

10/10/2008

O Aquarium Finisterrae celebra do 11 ao 19 de outubro a Semana Europea das Quenllas

Unha oportunidade para descubrir o papel que as quenllas xogan para a conservación dos nosos mares participando nas actividades programadas[+]

9/29/2008

Fallo Prismas á Divulgación 2008

A XXI convocatoria dos Prismas Casa das Ciencias á Divulgación xa ten cadro de honra[+]

9/26/2008

Nova Monografia de Comunicacion Cientifica sobre A Pataca

Contén 26 preguntas que dan resposta ás principais curiosidades sobre un alimento que podería ser a solución á fame e a pobreza no mundo. [+]

Volve EXPLORADOMUS

O programa de actividades da Domus para nenos en fin de semana este ano estará dedicado a experimentar o mundo do cinema.
[+]

Comeza unha nova edición de Merendas no Aquarium

Pensadas para nenos de entre 4 e 13 anos, a actividade combina a realización dunha investigación científica cunha merenda de chocolate con churros [+]

9/21/2008

Arranca o curso nos Museos Científicos Coruñeses

O recentemente estreado cine 3D da Domus, a renovación da Casa das Ciencias e as novas exposicións marcarán o curso 2008-2009 nos Museos Científicos Coruñeses. Os centros escolares xa poden facer as reservas para visitarnos. [+]

9/17/2008

O Aquarium Finisterrae enrólase no «Hespérides»

Científicos da Universidade de Santiago de Compostela e do Aquarium Finisterrae dirixen os traballos da expedición DIVA-Artabria II (2008), que partiu o 15 de setembro a bordo do buque oceanográfico «Hespérides» para estudiar a biodiversidade dos fondos mariños galegos. [+]

9/12/2008

Concerto de aquófono no Aquarium Finisterrae

O sábado 13 de setembro ás 18 horas comeza un concerto cun instrumento moi especial: o aquófono, que emprega auga para facer música. Por vez primeira este novo invento poderá escoitarse na Coruña, e será na envolvente sala Nautilus da Casa dos Peixes. [+]

9/09/2008

A Casa das Ciencias pecha as súas portas ata Nadal

Desde o 15 de setembro e ata decembro, a Casa das Ciencias estará pechada para facer unha reforma do planetario e das súas salas de exposicións. A reforma é tan profunda que tralas obras haberá unha reinauguración do primeiro museo de ciencia interactivo da cidade. [+]

8/19/2008

A maxia do cinema en 3D chega á Domus

O novo sistema de proxección estreouse o 21 de agosto coa película "Dinosauros 3D. Xigantes da Patagonia", que fai aos espectadores vivir a experiencia de coñecer estas criaturas de incrible tamaño e forza que unha vez poboaron a Terra. [+]

8/03/2008

Perseidas 2008: Chuvia de estrelas no Planetario

As estrelas fugaces acoden ao seu encontro anual co ceo do verán, e o Planetario da Casa das Ciencias ensina as claves para poder observalas nas sesións en directo das 13.00 e 18.00 horas, do 7 ao 14 de agosto. [+]

7/04/2008

Recepción con motivo da apertura da exposición "Farmacuáticos. A botica do mar"

O venres, 4 de xullo, ás 20:30 horas, celebrouse no Aquarium Finisterrae unha recepción con motivo da apertura da exposición "Farmacuáticos. A botica do mar", realizada en colaboración con PharmaMar-Grupo Zeltia. [+]

7/01/2008

Horario de verán nos Museos Científicos Coruñeses

Do 1 de xullo ao 31 de agosto os tres Museos Científicos Coruñeses amplían o seu horario. Ademais, na Casa das Ciencias hai máis sesións de planetario, na Domus máis sesións de cine e no Aquarium Finisterrae hai máis actividades para o público. [+]

6/27/2008

O Aquarium Finisterrae estrea "Farmacuáticos”

Unha exposición sobre o mar como fonte de recursos para a investigación farmacéutica, realizada coa destacada colaboración dunha empresa pioneira neste campo, como é PharmaMar. [+]

6/11/2008

Café Inaudito sobre o coidado do oído

Unha charla con especialistas da audición seguida dun café e unha visita á exposición "Inaudito, a aventura de oír" da Domus. [+]

6/10/2008

Campamentos da Ciencia 2008

A Asociación de Amigos da Casa das Ciencias organiza campamentos infantís de verán. Os participantes realizarán actividades nos Museos Científicos Coruñeses e durmirán unha noite na sala Nautilus do Aquarium. [+]

6/05/2008

Final do X Premio Luis Freire de Investigación Científica para Escolares

Os cinco equipo finalistas defenderon os seus traballos ante o xurado o sábado 7 de xuño na Domus

5/28/2008

A Domus estrea os «Cafés inauditos»

A Domus acolle o venres 30 de maio o primeiro «Café Inaudito», unha actividade enmarcada na exposición temporal sobre o oído. É un novo modelo de conferencia, na que os asistentes charlan e toman un café cos científicos.

5/23/2008

Aberta a XXI Convocatoria dos Prismas Casa das Ciencias á Divulgación

Conceden os Prismas de Bronce aos mellores traballos nas modalidades multimedia, textos inéditos, libros editados, artigos xornalísticos e un Premio Especial do Xurado.

5/06/2008

XIII Día da Ciencia na Rúa

A xa tradicional romaría da ciencia do Parque de Santa Margarita celebra o 10 de maio a súa décimo terceira convocatoria

4/24/2008

"Inaudito", a aventura de oír na Domus

A Domus acolle do 25 de abril ao 14 de setembro de 2008 unha exposición interactiva e divulgativa para coñecer todos os aspectos do sistema auditivo.

3/14/2008

Prepárate para a tempada de alerxia coa Wikiteca

Este ano o suave inverno adiantou a floración dalgunhas plantas e por iso a alerxia ao polen chega antes que a primavera. A Wikiteca de mc2 ofrece as claves para reducir as molestias da alerxia, unha enfermidade que cada vez afecta a máis persoas.

3/07/2008

Semana do Cerebro na Domus

Con motivo da Semana Internacional do Cerebro, do 11 ao 13 de marzo celebraranse na Domus unhas xornadas divulgativas: talleres para todos os públicos, unha conferencia e unha mesa redonda con expertos sobre "O cerebro sexual".

3/04/2008

Descarga o curso sobre neurociencia a través do podcast Actualidade Científica@mc2

O servizo de podcast dos Museos Científicos Coruñeses ofréceche a descarga gratuita en MP3 do último curso de Actualidade Científica, dedicado á Nurociencia, que se celebrou na Domus.

3/03/2008

O Aquarium Finisterrae celebrará un campamento para nenos sobre o consumo de produtos do mar

O 17 de marzo, baixo o nome de “Fish and Chips”, o programa de actividades inclúe a preparación de alimentos, un almorzo co menú elaborado por eles mesmos, talleres sobre etiquetaxe, veda e tallas mínimas das especies pesqueiras.

2/20/2008

A Casa das Ciencias presenta "O rostro humano das matemáticas"

Unha exposición sobre os personaxes máis destacados na historia das matemáticas, desde os tempos da Grecia clásica ata o presente, que se presentan a través de caricaturas e xogos lóxicos e xeométricos.

2/16/2008

Prepárate para o eclipse de Lúa no Planetario

Nas primeiras horas do xoves 21 de febreiro producirase un eclipse total de Lúa que será visible desde toda España. Do 16 ao 20 de febreiro todas as sesións de planetario incluirán consellos para observar o fenómeno e explicacións de como se produce.

2/01/2008

A monografía sobre Cambio climático dos Museos Científicos Coruñeses edítase en 5 idiomas e distribúese en 7 países

Esta publicación, que dá resposta ás principais inquietudes da poboación sobre o cambio climático, está agora dispoñible en castelán, galego, inglés, italiano e francés. A monografía se distruibuirá en acuarios e centros de ciencia do Reino Unido, Suecia, Francia, Italia, Grecia, Polonia, Mónaco e España.

1/31/2008

Entroido 2008: martes gratuito nos tres museos e talleres de máscaras no Aquarium Finisterrae

Como día festivo local na Coruña, o martes de Carnaval (5 febreiro) a entrada será gratuita nos tres Museos Científicos Coruñeses. Ademais, os días 3 e 4 celebrarase no acuario un taller de máscaras mariñas para nenos de entre 7 e 11 anos.

1/21/2008

Nova edición do curso de Iniciación á Astronomía na Casa das Ciencias

Do 28 ao 31 de xaneiro, no Planetario, un curso práctico para gozar da astronomía a simple vista nun ambiente relaxado. Aprende a recoñecer os planetas, estrelas e constelaciones máis destacados.