12/30/2009

«Illas de Cabo Verde» redescubre na Domus a primeira parada da viaxe de Darwin

Os Museos Científicos Coruñeses pechan o ano Darwin coa inauguración na Domus da exposición «Illas de Cabo Verde», producida polo Museo de Historia Natural "Luis Iglesias" [+]

12/21/2009

Ampliado o prazo de presentación de preguntas do Premio Luis Freire

Os escolares poderán presentar propostas de investigación ata o 22 de xaneiro de 2010[+]

12/15/2009

Descarga gratis a monografía sobre «Evolución»

Agora podes conseguir na web a monografía de comunicación científica que os Museos Científicos Coruñeses editaron para celebrar o 150 aniversario da publicación de "A orixe das especies". [+]

12/14/2009

Bolsas 2009-2010: Lista de admitidos e suplentes

Consulta a acta da reunión do Tribunal Avaliador do Programa de Bolsas para a realización de prácticas nos Museos Científicos Coruñeses (=mc2) durante o curso 2009 – 2010. [+]

12/06/2009

A Casa das Ciencias estrea «O asombro de Mr. Darwin»

Unha exposición para celebrar o 150 aniversario de "A orixe das especies" e culminar as actividades do Ano Darwin organizadas polos Museos Científicos Coruñeses (=mc2) [+]

11/30/2009

O Aquarium Finisterrae organiza unha nova edición de «Durmindo con Tiburóns» para este Nadal

O 1 de decembro comeza o prazo de inscrición nesta actividade para nenos de 7 a 11 anos, que poderán pasar unha noite rodeados de peixes na sala Nautilus. [+]

11/27/2009

Volven as ExploraDomus, actividades infantís para as fins de semana

Aberto o prazo de inscrición nas actividades ExploraDomus, que teñen lugar as fins de semana e están dirixidas a nenos de entre 6 e 12 anos. [+]

11/23/2009

O martes 24 de noviembre, día Darwin na Domus

Os Museos Científicos Coruñeses celebran o 150 aniversario da publicación de "A orixe das especies" cunha conferencia e unha peza de teatro en homenaxe a Charles Darwin. [+]

11/19/2009

A Casa das Ciencias é gratis o 21 e 22 de novembro

Compensamos así aos visitantes polo peche do museo, debido ao temporal, durante dous días da pasada semana da ciencia. [+]

11/13/2009

"Historia do príncipe e a sardiña", no Aquarium Finisterrae

Exposición fotográfica sobre a viaxe de Alberte I de Mónaco a Galicia e Portugal para estudar a pesca da sardiña. [+]

11/07/2009

Semana da Ciencia 2009 nos Museos Científicos Coruñeses

Do 9 ao 15 de novembro a entrada na Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae será gratuita para celebrar a Semana da Ciencia 2009, que se completa cun variado programa de actividades.[+]

10/30/2009

Ampliado ata o 19 de novembro o prazo de solicitude de Bolsas 2009-2010

Os Museos Científicos Coruñeses convocan 67 bolsas para estudantes universitarios. O prazo de presentación de solicitudes amplíase ata o 19 de novembro de 2009. [+]

10/28/2009

A Domus acolle a sección oficial da II Mostra de Ciencia e Cinema

Desde o 26 ata o 31 de outubro, na Domus se proxectan as películas a concurso na II Mostra de Ciencia e Cinema. Entrada gratuita, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00.[+]

Nova edición do Curso de Astronomía da Casa das Ciencias

Aberto o prazo de inscrición para unha nova edición do Curso de Iniciación á Astronomía, que se celebrará no Planetario do 24 ao 27 de novembro. [+]

10/22/2009

As noites de Galileo

Sesións especiais no Planetario da Casa das Ciencias [+]

10/20/2009

Nova exposición fotográfica no Aquarium: Xente no medio

Unha mostra de fotografías de Maribel Longueira[+]

10/16/2009

Mercado Fame. Aberto 24 horas

A Domus presenta unha nova exposición na que se explica por qué, nun planeta que produce suficientes alimentos para todos, morren cada ano por desnutrición cinco millóns e medio de nenos.[+]

10/11/2009

Xornadas de teatro para nenos nos Museos Científicos Coruñeses

Os Museos Científicos Coruñeses organizan unhas xornadas de teatro científico para nenos[+]

10/10/2009

Bolsas 2009-2010 para estudantes universitarios

Os Museos Científicos Coruñeses convocan 67 bolsas para estudantes universitarios. O prazo de presentación de solicitudes é do 12 ao 26 de outubro de 2009. [+]

Semana Europea dos Tiburóns

O Aquarium Finisterrae celebra do 10 ao 18 de outubro a Semana Europea dos Tiburóns[+]

10/08/2009

Aberta a inscrición no taller "Creatividade e Ciencia"

O 30 e 31 de outubro celebrase no Aquarium Finisterrae un taller no que destacados científicos compartirán as súas receitas para innovar no laboratorio. [+]

9/30/2009

A Domus estrea «Matarratos Darwin», un discurshow teatral, o venres 2 de outubro

O venres 2 de outubro ás 19:30, con entrada gratuita, a Domus presenta un novo formato de espectáculo didáctico, que mestura teatro e conferencia. [+]

9/26/2009

Gañadores dos premios Prismas á Divulgación 2009

A XXII convocatoria dos Prismas Casa das Ciencias á Divulgación xa tene cadro de honra
[+]

9/22/2009

Homenaxe a Ángeles Alvariño, o mércores 23 de setembro na Domus

O Centro Oceanográfico da Coruña (IEO), en colaboración cos Museos Científicos Coruñeses e o Arquivo Municipal da Coruña, dedica unha xornada a divulgar a traxectoria da científica galega con máis proxección internacional. [+]

9/19/2009

Domus presenta a exposición fotográfica «World Press Photo 2009»

Domus acolle durante tres semanas a exposición fotográfica "World Press Photo 2009", o mellor retrato posible da humanidade neste momento. [+]

9/16/2009

Estrea de "Monstros mariños 3D" na Domus

O cine 3D da Domus estrea un documental, co aval científico de National Geographic, sobre os incribles animais que dominaron os mares da Terra hai millóns de anos. [+]

8/11/2009

"El viaje de Darwin", unha aventura de cómic no Aquarium Finisterrae

O Aquarium Finisterrae inaugura a exposición “El viaje de Darwin”, que forma parte da XII edición do Salón Internacional do Cómic “Viñetas desde o Atlántico”. [+]

8/07/2009

Perseidas 2009: Chuvia de estrelas no Planetario

As estrelas fugaces acoden ao seu encontro anual co ceo do verán, e o Planetario da Casa das Ciencias ensina as claves para poder observalas nas sesións en directo das 19.30 horas, do 8 ao 14 de agosto. [+]

7/28/2009

O home de Atapuerca chega á Domus

Os Museos Científicos Coruñeses seguen a celebrar o Ano Darwin coa incorporación do Homo antecessor á exposición permanente da Domus sobre evolución humana.[+]

7/21/2009

Nacen cinco focas no Aquarium Finisterrae

As cinco femias que viven cos machos foron nais estes días, logrando un pleno sen precedentes no acuario coruñés. Os visitantes poderán coñecer ás novas focas, en grupos reducidos e guiados, a partir do mércores 22 de xullo. [+]

7/16/2009

Inauguración de Ciencia Ex Aequo

A pintora Margarita Cimadevila presenta no Aquarium Finisterrae unha colección de cadros sobre o traballo de 12 mulleres científicas. [+]

7/07/2009

A sala Nautilus do Aquarium Finisterrae está pechada por obras

O peche temporal da emblemática sala Nautilus débese á construción dunha estación de tratamento de efluentes. Por este motivo, durante o período de peche aplicarase aos visitantes a entrada de tarifa reducida ao Aquarium Finisterrae. [+]

7/03/2009

O Planetario da Casa das Ciencias presenta «A noite do vampiro»

O novo programa de planetario infantil, para nenos e nenas de 4 a 10 anos, proxéctase todos os días de xullo e agosto ás 12 (en galego) e ás 17 horas (en castelán). [+]

7/01/2009

Horario de verán nos Museos Científicos Coruñeses

Do 1 de xullo ao 31 de agosto os tres Museos Científicos Coruñeses amplían o seu horario. Ademais, na Casa das Ciencias hai máis sesións de planetario e na Domus hai máis sesións de cine. [+]

6/25/2009

"Darwin e o Mar" no Aquarium Finisterrae

Con ocasión do Ano Darwin 2009 e do 10º aniversario da súa apertura ao público, o Aquarium Finisterrae presenta un conxunto de novos módulos sobre evolución mariña. [+]

6/18/2009

mc2 lidera un grupo de traballo europeo en busca de novas fórmulas para implicar ao público

Os Museos Científicos Coruñeses lideran un grupo de traballo do proxecto europeo CASC (Cidades e Comunicación Científica) en busca de novas fórmulas para implicar ao público. [+]

6/15/2009

A Wikiteca de mc2 responde á declaración de pandemia pola nova gripe A/H1N1

A Wikiteca sobre a nova gripe recolle as últimas noticias que desde a OMS dan o nivel máximo de alerta de pandemia. [+]

6/06/2009

Fallo do XI Premio Luis Freire de Investigación Científica para Escolares

O traballo titulado "Que tipo de madeira produce máis cantidade de enerxía de biomasa mediante unha combustión termoquímica?", dun grupo de alumnos do IES Castro de Baroncelli de Verín, obtivo o primeiro premio. [+]

6/04/2009

O Aquarium Finisterrae celebra o seu 10º aniversario

O 5 de xuño celébrase o 10º aniversario do Aquarium Finisterrae. Nesa data cúmprense tamén douscentos dez anos da partida de Alexander von Humboldt do porto da Coruña na súa expedición de descubrimento científico de América.[+]

6/03/2009

Final do XI Premio Luis Freire

O sábado 6 de xuño cinco equipos de estudantes de secundaria defenderán os seus traballos na final do premio de investigación científica para escolares.[+]

5/30/2009

Reapertura da sala Nautilus do acuario

A sala Nautilus do Aquarium Finisterrae estivo pechada do 25 ao 29 de maio, debido ás obras da nova estación de tratamento de efluentes. [+]

5/28/2009

A Domus acolle as proxeccións do Congreso Internacional «Natureza e Imaxe»

Os días 30 e 31 de maio chega á Domus o I Congreso Internacional «Natureza e Imaxe», cun programa gratuito de presentacións e charlas sobre fotografía de natureza. [+]

5/25/2009

Os Museos Científicos Coruñeses celebran un Seminario sobre Cultura Científica

O seminario, que pecha o ciclo "Os luns con ciencia", celebraráse os días 29 e 30 de maio no Aquarium Finisterrae e contará coa participación de profesores e profesionais da comunicación científica. [+]

5/22/2009

A foca Bine cumpre 24 anos

O domingo 24 de maio celebramos o vixésimo cuarto aniversario de Bine, a foca de maior idade do Aquarium Finisterrae. Convidamos a almorzar a todas as persoas nacidas en 1985. [+]

5/21/2009

A sala Nautilus do Aquarium Finisterrae permanecerá pechada a partir do luns 25 de maio

O peche temporal da emblemática sala Nutilus do débese á construción dunha estación de tratamento de efluentes. Por este motivo, durante o período de peche aplicarase aos visitantes a entrada de tarifa reducida. [+]

«Soylent Green», unha película de ciencia-ficción para o último «Luns con ciencia»

O ciclo «Os luns con ciencia» entra na súa última semana coa proxección de "Soylent Green", unha película de ciencia-ficción de 1973 sobre o esgotamento dos recursos naturais. O 25 de maio na Domus, sesión gratuita de cine en versión orixinal con subtítulos. [+]

5/20/2009

Aberta a convocatoria dos premios Prismas á divulgación 2009

Participa na XXII edición dos premios Prismas «Casa das Ciencias» á divulgación: unha iniciativa dos Museos Científicos Coruñeses para potenciar a difusión da cultura científica en España e apoiar a todos os profesionais que traballan neste campo. [+]

5/19/2009

Aquarium Finisterrae e Domus serán sedes do Congreso Internacional «Natureza e Imaxe»

As proxeccións audiovisuais de «Natureza e Imaxe» terán lugar na Domus, mentres que o Aquarium Finisterrae recibirá aos participantes escolares deste congreso organizado polo CEIDA, a International Wildlife Photography Society, a Concellaría de Cultura da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses. [+]

5/16/2009

O luns 18 de maio, entrada gratuita nos tres museos

O luns 18 de maio, Día Internacional dos Museos, celebrase unha xornada de portas abertas na Casa das Ciencias, na Domus e no Aquarium Finisterrae. [+]

5/15/2009

Literatura e ciencia danse a man na Domus o luns 18 de maio

O ciclo "Os luns con ciencia" celebra o 18 de maio a primeira reunión do seu Club de lectura científica, no que se analizarán diversas obras e autores relacionados coa ciencia. [+]

5/14/2009

Domus presenta «E despois foi... a forma!»

Os Museos Científicos Coruñeses continúan as celebracións do ano Darwin coa apertura dunha exposición temporal na Domus, que nos invita a investigar como nacen e triunfan as formas xeométricas na natureza. [+]

5/13/2009

O sábado 16 de maio, «Noite no museo» na Casa das Ciencias

A entrada é gratuita na Casa das Ciencias o sábado 16 de maio desde as 18 ás 24 horas, con sesións especiais de planetario cada hora. [+]

«Happy Hour» en Domus e Aquarium Finisterrae

O sábado 16 de maio a entrada é gratuita desde as 18:00 ata a hora de peche: 19:00 na Domus e 20:00 no Aquarium Finisterrae. O acceso sera libre mentres non se complete o aforo dos museos. [+]

5/09/2009

Jane Goodall conta na Coruña o que lle aprenderon os chimpancés

Invitada polos Museos Científicos Coruñeses e o Ceida, Jane Goodall dá unha conferencia o 12 de maio no Pazo da Ópera. A recoñecida naturalista e primatóloga repasa unha carreira adicada á conservación de especies ameazadas, que comezou co estudio dos chimpancés. [+]

5/08/2009

«Darwin vs. Lamarck», dúas formas de entender a evolución no ciclo «Os luns con ciencia»

O luns 11 de maio Francisco Pelayo e Agustí Camós protagonizan unha tertulia científica sobre dúas figuras básicas na construcción da teoría da evolución biolóxica, Darwin e Lamarck. [+]

5/07/2009

Descarga a charla de Pilar Farjas sobre a nova gripe

O podcast «Actualidade Científica@mc2» ofréceche a charla "Que facer ante a nova gripe?", impartida na Domus por Pilar Farjas, conselleira de Sanidade, o pasado 5 de maio. [+]

Xornada de portas abertas o sábado 9 de maio

Con motivo do XIV Día da Ciencia na Rúa, os tres Museos Científicos Coruñeses celebran unha xornada de portas abertas. Consulta os horarios e as actividades especiais para a nosa festa da ciencia. [+]

5/06/2009

O sábado 9 de maio, XIV Día da Ciencia na Rúa

A tradicional romería científica reúne este ano a preto de 1.000 estudantes e profesores de 26 centros educativos nas carpas e espazos de ocio instalados arredor da Casa das Ciencias. Nos tres museos a entrada é gratuita. [+]

5/05/2009

A Wikiteca de mc2 responde a alerta da nova gripe

Unha unidade multimedia serve de introducción e tamén podes profundizar cun completo caderno dixital de recursos sobre a nova gripe A(H1N1), para buscar repostas á alerta mundial da man da Wikiteca de mc2. [+]

5/04/2009

Pilar Farjas fala na Domus sobre a nova gripe

"Que facer ante a nova gripe?": o día 5 de maio, ás 8 da tarde na Domus, dará unha charla Pilar Farjas, Conselleira de Sanidade da Xunta de Galicia e experta en seguridade alimentaria. [+]

4/29/2009

O luns 4 de maio, homenaxe a Nóvoa Santos

Cumpridos 75 anos do seu falecemento, os Museos Científicos Coruñeses homenaxean ao sobranceiro científico cun faladoiro na Domus, dentro do ciclo «Os luns con ciencia». [+]

4/27/2009

O Aquarium Finisterrae expón fotografías de obxectos que o mar deixa na Costa da Morte

O Aquarium Finisterrae expón durante os vindeiros meses «Crebas», unha seleccion de 10 fotografías de Manuel Sendón sobre obxectos que o mar trae á ribeira. [+]

4/24/2009

Estrea de «Evolución» no novo planetario dixital

O 25 de abril o Planetario da Casa das Ciencias estrea «Evolución», un programa audiovisual sobre a revolucionaria idea que cambiou a nosa visión do cosmos. [+]

Coñece como a física cambiou o mundo, cun documental do ciclo «Os luns con ciencia»

O luns 27 de abril proxéctase na Domus "El nuevo universo. Cómo la física cambió al mundo", un documental que explora a historia da física moderna e que gañou un premio Prisma Casa das Ciencias no 2008. [+]

4/20/2009

Envíanos as túas preguntas sobre evolución

Participa na nova monografía de comunicación científica sobre evolución, coa que os Museos Científicos Coruñeses buscarán respostas ás preguntas dos cidadáns sobre a teoría de Charles Darwin, no 150 aniversario da súa publicación. [+]

4/17/2009

Eudald Carbonell, codirector de Atapuerca, o luns 20 de abril na Domus

Eudald Carbonell ofrece unha conferencia sobre evolución humana, enmarcada no ciclo de divulgación “Os luns con ciencia” e nos actos de celebración do Ano Darwin organizados polos Museos Científicos Coruñeses. [+]

4/14/2009

O festival de música Espazos Sonoros chega aos Museos Científicos Coruñeses

A Domus (17, 24 abril) e o Aquarium Finisterrae (25 abril, 2 maio) acollen no serán os concertos gratuitos de Desidério, Pierre Bastien, Jazzica e Mateo Arnáiz, dentro do festival Espazos Sonoros 09. [+]

4/06/2009

O luns 13 de abril celébrase na Domus a tertulia científica "Fórmulas estimulantes"

Tra-la Semana Santa volve o ciclo "Os luns con ciencia", que nesta ocasión servirá para presentar e debatir novos medios para divulgarlas matemáticas. [+]

3/27/2009

«Os luns con ciencia» presentan un zapping científico con cine e vídeos sobre a evolución

«Luces, cámara... Evolución!» é un novo formato de actividade, na que haberá un debate e proxectaránse secuencias de películas, series de TV, anuncios e outras produccións audiovisuais que reflicten as ideas de Darwin sobre a evolución. [+]

3/20/2009

Os Museos Científicos Coruñeses presentan o programa do Ano Internacional da Astronomía 2009

Exposicións temporais na Casa das Ciencias, novos programas de planetario, observacións e cursos astronómicos conforman un completo programa durante todo o 2009. [+]

«A primavera, o sangue altera?», un coloquio intercultural para comezar a semana con ciencia

O coloquio intercultural, que moderará Pablo Portabales o luns 23 de marzo, tratará sobre o cambio de estación desde a perspectiva da psicoloxía, a medicina, a literatura, a astronomía e a bioloxía. [+]

3/12/2009

«Os luns con ciencia» viaxan á Galicia profunda

O 16 de marzo presentaráse na Domus a última campaña do buque Hespérides na busca da fauna abisal de Galicia, dentro do ciclo divulgativo "Os luns con ciencia". [+]

3/11/2009

A Casa das Ciencias organiza unha nova edición do Curso de Iniciación á Astronomía

Aberto o prazo de inscripción para o curso de iniciación á astronomía que se celebrará do 23 ao 26 de marzo no Planetario da Casa das Ciencias. [+]

3/06/2009

Comeza o ciclo "Os luns con ciencia"

Os Museos Científicos Coruñeses inician o ciclo de divulgación “Os luns con ciencia” o luns 9 de marzo, cunha charla de Jorge Wagensberg na que presentará o seu libro "El gozo intelectual". [+]

Os Museos Científicos Coruñeses reparten a «Guía do Ceo» polo Ano Internacional da Astronomía

O sábado 7 de marzo os Museos Científicos Coruñeses sumanse a celebración do Ano Internacional da Astronomía: cada visitante da Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae recibirá gratis un exemplar da «Guía do Ceo», editada pola Concellaría de Cultura do Concello da Coruña. [+]

3/04/2009

Descarga a guía didáctica de "Dinosauros 3D"

Os Museos Científicos Coruñeses veñen de editar a guía didáctica da película "Dinosauros 3D. Xigantes da Patagonia", que se distribúe a centros de educadión secundaria de toda Galicia. Aquí podes consultala e descargala. [+]

2/27/2009

Domus presenta a exposición "Futuro Auga"

Do 27 de febreiro ao 19 de abril de 2009, a Domus acollerá a exposición temporal "Futuro Auga", que busca respostas á crecente preocupación mundial por un futuro sostible para o uso da auga no noso planeta. [+]

2/17/2009

As monografías de mc2 chegan ao Parlamento Europeo

Os Museos Científicos Coruñeses presentan no parlamento comunitario os seus dosieres de preguntas e respostas sobre temas como o cambio climático ou as vacas tolas, que foron seleccionados como unha das mellores prácticas dos centros de ciencia da Unión Europea. [+]

2/15/2009

Celebracións do Ano Darwin nos Museos Científicos Coruñeses

Os Museos Científicos Coruñeses homenaxean a Charles Darwin no 200 aniversario do seu nacimento cun variado menú de actividades, exposicións, conferencias e recursos educativos. [+]

2/12/2009

Comenza o Ano Darwin cun coloquio sobre evolución

O xoves 12 de febreiro celebramos os 200 anos do nacimento de Charles Darwin con un coloquio sobre a teoría da evolución, que terá lugar tras a presentación das actividades que os Museos Científicos Coruñeses desenvolverán durante o Ano Darwin. [+]

2/02/2009

Visita a nova Casa das Ciencias

Na Casa das Ciencias renovamos a ilusión. Tras unha importante reforma, estreamos un planetario dixital, accesible para disminuidos físicos, e unha sala de experimentos máis interactivos. [+]

1/28/2009

Xornadas de portas abertas na nova Casa das Ciencias

Ata o domingo 1 de febreiro a entrada será gratuita na nova Casa das Ciencias, que estrea un planetario dixital, accesible para disminuidos físicos, e unha sala de experimentos totalmente remodelada. [+]

1/27/2009

Vén ver gratis aos «Invasores de Marte»

O novo planetario dixital da Casa das Ciencias estréase coa proxección de «Invasores de Marte». O 31 de xaneiro e o 1 de febreiro a entrada será gratuita, con convite que se recollerá na recepción (máximo 2 convites por persoa). [+]

1/26/2009

Primeiras imaxes da nova Casa das Ciencias

O mércores 28 de xaneiro a Casa das Ciencias abre de novo as súas portas tras unha importante remodelación. Nesta páxina podes ver unha preestrea exclusiva dos novos módulos interactivos de experimentos físicos. [+]

1/22/2009

O Aquarium Finisterrae presenta «Mare Oceanum»

O Aquarium comeza o ano 2009 coa presentación dunha nova unidade temática relacionada coa exploración submarina, actuación que conta co patrocinio da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT). [+]