5/30/2009

Reapertura da sala Nautilus do acuario

A sala Nautilus do Aquarium Finisterrae estivo pechada do 25 ao 29 de maio, debido ás obras da nova estación de tratamento de efluentes. [+]

5/28/2009

A Domus acolle as proxeccións do Congreso Internacional «Natureza e Imaxe»

Os días 30 e 31 de maio chega á Domus o I Congreso Internacional «Natureza e Imaxe», cun programa gratuito de presentacións e charlas sobre fotografía de natureza. [+]

5/25/2009

Os Museos Científicos Coruñeses celebran un Seminario sobre Cultura Científica

O seminario, que pecha o ciclo "Os luns con ciencia", celebraráse os días 29 e 30 de maio no Aquarium Finisterrae e contará coa participación de profesores e profesionais da comunicación científica. [+]

5/22/2009

A foca Bine cumpre 24 anos

O domingo 24 de maio celebramos o vixésimo cuarto aniversario de Bine, a foca de maior idade do Aquarium Finisterrae. Convidamos a almorzar a todas as persoas nacidas en 1985. [+]

5/21/2009

A sala Nautilus do Aquarium Finisterrae permanecerá pechada a partir do luns 25 de maio

O peche temporal da emblemática sala Nutilus do débese á construción dunha estación de tratamento de efluentes. Por este motivo, durante o período de peche aplicarase aos visitantes a entrada de tarifa reducida. [+]

«Soylent Green», unha película de ciencia-ficción para o último «Luns con ciencia»

O ciclo «Os luns con ciencia» entra na súa última semana coa proxección de "Soylent Green", unha película de ciencia-ficción de 1973 sobre o esgotamento dos recursos naturais. O 25 de maio na Domus, sesión gratuita de cine en versión orixinal con subtítulos. [+]

5/20/2009

Aberta a convocatoria dos premios Prismas á divulgación 2009

Participa na XXII edición dos premios Prismas «Casa das Ciencias» á divulgación: unha iniciativa dos Museos Científicos Coruñeses para potenciar a difusión da cultura científica en España e apoiar a todos os profesionais que traballan neste campo. [+]

5/19/2009

Aquarium Finisterrae e Domus serán sedes do Congreso Internacional «Natureza e Imaxe»

As proxeccións audiovisuais de «Natureza e Imaxe» terán lugar na Domus, mentres que o Aquarium Finisterrae recibirá aos participantes escolares deste congreso organizado polo CEIDA, a International Wildlife Photography Society, a Concellaría de Cultura da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses. [+]

5/16/2009

O luns 18 de maio, entrada gratuita nos tres museos

O luns 18 de maio, Día Internacional dos Museos, celebrase unha xornada de portas abertas na Casa das Ciencias, na Domus e no Aquarium Finisterrae. [+]

5/15/2009

Literatura e ciencia danse a man na Domus o luns 18 de maio

O ciclo "Os luns con ciencia" celebra o 18 de maio a primeira reunión do seu Club de lectura científica, no que se analizarán diversas obras e autores relacionados coa ciencia. [+]

5/14/2009

Domus presenta «E despois foi... a forma!»

Os Museos Científicos Coruñeses continúan as celebracións do ano Darwin coa apertura dunha exposición temporal na Domus, que nos invita a investigar como nacen e triunfan as formas xeométricas na natureza. [+]

5/13/2009

O sábado 16 de maio, «Noite no museo» na Casa das Ciencias

A entrada é gratuita na Casa das Ciencias o sábado 16 de maio desde as 18 ás 24 horas, con sesións especiais de planetario cada hora. [+]

«Happy Hour» en Domus e Aquarium Finisterrae

O sábado 16 de maio a entrada é gratuita desde as 18:00 ata a hora de peche: 19:00 na Domus e 20:00 no Aquarium Finisterrae. O acceso sera libre mentres non se complete o aforo dos museos. [+]

5/09/2009

Jane Goodall conta na Coruña o que lle aprenderon os chimpancés

Invitada polos Museos Científicos Coruñeses e o Ceida, Jane Goodall dá unha conferencia o 12 de maio no Pazo da Ópera. A recoñecida naturalista e primatóloga repasa unha carreira adicada á conservación de especies ameazadas, que comezou co estudio dos chimpancés. [+]

5/08/2009

«Darwin vs. Lamarck», dúas formas de entender a evolución no ciclo «Os luns con ciencia»

O luns 11 de maio Francisco Pelayo e Agustí Camós protagonizan unha tertulia científica sobre dúas figuras básicas na construcción da teoría da evolución biolóxica, Darwin e Lamarck. [+]

5/07/2009

Descarga a charla de Pilar Farjas sobre a nova gripe

O podcast «Actualidade Científica@mc2» ofréceche a charla "Que facer ante a nova gripe?", impartida na Domus por Pilar Farjas, conselleira de Sanidade, o pasado 5 de maio. [+]

Xornada de portas abertas o sábado 9 de maio

Con motivo do XIV Día da Ciencia na Rúa, os tres Museos Científicos Coruñeses celebran unha xornada de portas abertas. Consulta os horarios e as actividades especiais para a nosa festa da ciencia. [+]

5/06/2009

O sábado 9 de maio, XIV Día da Ciencia na Rúa

A tradicional romería científica reúne este ano a preto de 1.000 estudantes e profesores de 26 centros educativos nas carpas e espazos de ocio instalados arredor da Casa das Ciencias. Nos tres museos a entrada é gratuita. [+]

5/05/2009

A Wikiteca de mc2 responde a alerta da nova gripe

Unha unidade multimedia serve de introducción e tamén podes profundizar cun completo caderno dixital de recursos sobre a nova gripe A(H1N1), para buscar repostas á alerta mundial da man da Wikiteca de mc2. [+]

5/04/2009

Pilar Farjas fala na Domus sobre a nova gripe

"Que facer ante a nova gripe?": o día 5 de maio, ás 8 da tarde na Domus, dará unha charla Pilar Farjas, Conselleira de Sanidade da Xunta de Galicia e experta en seguridade alimentaria. [+]