7/28/2009

O home de Atapuerca chega á Domus

Os Museos Científicos Coruñeses seguen a celebrar o Ano Darwin coa incorporación do Homo antecessor á exposición permanente da Domus sobre evolución humana.[+]

7/21/2009

Nacen cinco focas no Aquarium Finisterrae

As cinco femias que viven cos machos foron nais estes días, logrando un pleno sen precedentes no acuario coruñés. Os visitantes poderán coñecer ás novas focas, en grupos reducidos e guiados, a partir do mércores 22 de xullo. [+]

7/16/2009

Inauguración de Ciencia Ex Aequo

A pintora Margarita Cimadevila presenta no Aquarium Finisterrae unha colección de cadros sobre o traballo de 12 mulleres científicas. [+]

7/07/2009

A sala Nautilus do Aquarium Finisterrae está pechada por obras

O peche temporal da emblemática sala Nautilus débese á construción dunha estación de tratamento de efluentes. Por este motivo, durante o período de peche aplicarase aos visitantes a entrada de tarifa reducida ao Aquarium Finisterrae. [+]

7/03/2009

O Planetario da Casa das Ciencias presenta «A noite do vampiro»

O novo programa de planetario infantil, para nenos e nenas de 4 a 10 anos, proxéctase todos os días de xullo e agosto ás 12 (en galego) e ás 17 horas (en castelán). [+]

7/01/2009

Horario de verán nos Museos Científicos Coruñeses

Do 1 de xullo ao 31 de agosto os tres Museos Científicos Coruñeses amplían o seu horario. Ademais, na Casa das Ciencias hai máis sesións de planetario e na Domus hai máis sesións de cine. [+]