Cumpridos 75 anos do seu falecemento, os Museos Científicos Coruñeses homenaxean ao sobranceiro científico cun faladoiro na Domus, dentro do ciclo «Os luns con ciencia». [+]
4/27/2009
O Aquarium Finisterrae expón fotografías de obxectos que o mar deixa na Costa da Morte
O Aquarium Finisterrae expón durante os vindeiros meses «Crebas», unha seleccion de 10 fotografías de Manuel Sendón sobre obxectos que o mar trae á ribeira. [+]
4/24/2009
Estrea de «Evolución» no novo planetario dixital
O 25 de abril o Planetario da Casa das Ciencias estrea «Evolución», un programa audiovisual sobre a revolucionaria idea que cambiou a nosa visión do cosmos. [+]
Etiquetas: darwin
Coñece como a física cambiou o mundo, cun documental do ciclo «Os luns con ciencia»
O luns 27 de abril proxéctase na Domus "El nuevo universo. Cómo la física cambió al mundo", un documental que explora a historia da física moderna e que gañou un premio Prisma Casa das Ciencias no 2008. [+]
4/20/2009
Envíanos as túas preguntas sobre evolución
Participa na nova monografía de comunicación científica sobre evolución, coa que os Museos Científicos Coruñeses buscarán respostas ás preguntas dos cidadáns sobre a teoría de Charles Darwin, no 150 aniversario da súa publicación. [+]
Etiquetas: darwin
4/17/2009
Eudald Carbonell, codirector de Atapuerca, o luns 20 de abril na Domus
Eudald Carbonell ofrece unha conferencia sobre evolución humana, enmarcada no ciclo de divulgación “Os luns con ciencia” e nos actos de celebración do Ano Darwin organizados polos Museos Científicos Coruñeses. [+]
Etiquetas: darwin
4/14/2009
O festival de música Espazos Sonoros chega aos Museos Científicos Coruñeses
A Domus (17, 24 abril) e o Aquarium Finisterrae (25 abril, 2 maio) acollen no serán os concertos gratuitos de Desidério, Pierre Bastien, Jazzica e Mateo Arnáiz, dentro do festival Espazos Sonoros 09. [+]
4/06/2009
O luns 13 de abril celébrase na Domus a tertulia científica "Fórmulas estimulantes"
Tra-la Semana Santa volve o ciclo "Os luns con ciencia", que nesta ocasión servirá para presentar e debatir novos medios para divulgarlas matemáticas. [+]