12/31/2010

O Aquarium Finisterrae presenta a escultura "Humildade"

Os Museos Científicos Coruñeses (=mc2) presentan a escultura “Humildade”, de Nando Lestón. A inauguración no Aquarium Finisterrae o 30 de decembro de 2010 serviu para despedir o ano nos mc2. [+]

12/30/2010

Novos horarios nos Museos Científicos Coruñeses para o 2011

Ata o mes de abril, de luns a venres a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae pechan unha hora antes: ás 18:00. Os sábados, domingos e festivos (e en Semana Santa), os tres museos científicos abrirán unha hora máis tarde: ás 11:00 [+]

12/28/2010

Os Museos Científicos Coruñeses chegan aos 10 millóns de visitantes

Damián Retamar, de 4 anos, foi recibido no Aquarium Finisterrae como o visitante 10.000.000 dos mc2. Esta cifra millonaria chega tras máis de 25 anos de actividade, desde a apertura da Casa das Ciencias o 1 de xuño de 1985. [+]

12/27/2010

A Domus presenta «Éufrates: un río de Historias»

A nova exposición fotográfica da Domus retrata o proxecto PAMES, unha iniciativa científica de grande interese para o estudo das diferentes civilizacións que habitaron o Próximo Oriente dende finais do cuarto milenio a.C [+]

12/23/2010

Programa especial de Nadal nos Museos Científicos Coruñeses

Consulta as actividades especiais da Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae, neste Nadal 2010-2011. E lembra que pechamos o 25 de decembro e mais o 1 e o 6 de xaneiro. [+]

12/21/2010

Estrea de "Wild Safari 3D" na Domus

A Domus estrea unha nova película en 3D, con motivo do Ano Internacional da Biodiversidade. Wild Safari invita aos espectadores a un safari no que coñecerán os chamados Cinco Grandes: o elefante, o rinoceronte, o leopardo, o búfalo do Cabo e o león. [+]

12/17/2010

A expedición oceanográfica «Malaspina 2010» pasa pola Domus o luns 20 de decembro

O 20 de decembro, ás 20:00 horas, terá lugar na Domus a conferencia-coloquio "A expedición MALASPINA 2010: a exploración do océano global", impartida por varios dos expedicionarios, que son investigadores do Centro Oceanográfico da Coruña do Instituto Español de Oceanografía. [+]

12/14/2010

A versión online do Simposio de Museoloxía Científica, na Rede desde o 15 de decembro

Os Museos Científicos Coruñeses colgan na súa web as intervencións do Simposio de Museoloxía Científica «Públicos da Ciencia». Até o día 22 de decembro iranse publicando os relatorios online, en formato 'slidecast', que combina as presentacións dos relatores e os arquivos de audio das súas intervencións. [+]

12/03/2010

O Aquarium Finisterrae presenta a «OceanoSfera»

O Aquarium Finisterrae presenta unha gran pantalla esférica, que fai posible un espectáculo único: observar a Terra desde fóra, como os astronautas. Na «OceanoSfera», os visitantes poden ver fenómenos globais como o cambio climático ou as correntes oceánicas. [+]

12/01/2010

Ampliado ata o 20 de decembro o prazo de presentación de preguntas para o Premio Luis Freire

O "Luis Freire" é un premio de investigación que reta aos estudantes galegos de secundaria a demostrar a súa creatividade científica. Os escolares que desexen participar teñen ata o próximo 20 de decembro para enviar as súas preguntas. [+]

11/29/2010

O simposio «Públicos da Ciencia» clausúrase cos compromisos de continuidade e de impulsar unha publicación

O simposio de Museología Científica «Públicos da Ciencia» pechouse o pasado sábado 27 na Domus (A Coruña), co doble compromiso de celebrar unha nova edición deste foro profesional e impulsar o lanzamento dunha publicación paralela. [+]

11/26/2010

Arranca "Públicos da Ciencia", o Simposio de Museoloxía Científica organizado por mc2

Aberto na Domus o simposio "Públicos da Ciencia", que poderá seguirse en directo a través do noso Twitter @casaciencias. As charlas, presentacións e resúmenes iranse colgando no blog especial do evento. [+]

11/24/2010

O Aquarium Finisterrae estrea a exposición fotográfica "Novas Conversas con Atlante"

Unha exposición de fotografias que reflicten as pegadas que a marea negra do Prestige deixou na sociedade galega. [+]

11/19/2010

O monográfico de mc2 «Sobrepesca», gratis nos kioskos galegos o 21 de novembro

A décima Monografía de Comunicación Científica de mc2, que responde á preocupación polo esgotamento dos recursos mariños, distribúese gratis o domingo 21 de novembro cos xornais La Voz de Galicia, El Ideal Gallego e La Opinión [+]

Volven as ExploraDomus, actividades infantís para as fins de semana

Aberto o prazo de inscrición nas actividades ExploraDomus, que comenzan o sábado 27 de novembro. Unha combinación de cine 3D e experimentos, dirixida a nenos de entre 6 e 10 anos. [+]

11/16/2010

Teatro e conferencia para fomentar o bo uso dos antibióticos, o xoves 18 na Domus

A Domus celebra o xoves 18 de novembro o "Día europeo do Uso prudente dos Antibióticos", cunha obra de teatro de Actuaciencia e unha conferencia de Adela González de la Campa sobre o problema da resistencia aos antibióticos. [+]

11/15/2010

Tarifa reducida no Acuario ata finais de novembro

Como compensación polas actuais obras, todas as persoas que desexen visitar o Aquarium Finisterrae ata finais de novembro de 2010 deberán aboar só a entrada de tarifa reducida: 4 euros. [+]

11/12/2010

Mesa redonda sobre "A ciencia na prensa escrita", o venres 12 na Domus

Na véspera da entrega dos Premios Prismas, Patricia Fernández de Lis (Público), Elena Sanz (Heraldo de Aragón) e Raúl Romar (La Voz de Galicia) presentan os retos e o traballo cotián dos xornalistas científicos nos medios impresos. [+]

11/11/2010

Nova edición do Curso de Iniciación á Astronomía, na Casa das Ciencias

Aberto o prazo de inscrición para unha nova edición do Curso de Iniciación á Astronomía, que se celebrará no Planetario do 24 ao 27 de novembro. [+]

11/09/2010

"SOS Planet" explora en 3D a biodiversidade na Terra

Con motivo do Ano Internacional da Biodiversidade, a Domus presenta "SOS Planet" , unha película en 3D que convida a explorar a situación medioambiental do noso fráxil planeta. [+]

11/05/2010

Semana da Ciencia 2010 nos Museos Científicos Coruñeses

O programa de actividades ábrese con xornadas de portas abertas na Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae, do 8 ao 14 de novembro. [+]

11/04/2010

A Casa das Ciencias presenta «Unha ollada natural» sobre a biodiversidade en Galicia

A Casa das Ciencias ofrece unhas pinceladas da biodiversidade de Galicia, plasmada nas ilustracións de Calros Silvar que compoñen a exposición «Unha ollada natural». [+]

10/28/2010

Aberta a convocatoria do XIII Premio Luis Freire de Investigación Científica para Escolares

O “Luis Freire” é un premio de investigación que reta aos estudantes galegos de secundaria a demostrar a súa creatividade científica. O prazo de presentación de propostas de investigación está aberto ata o 30 de novembro de 2010. [+]

10/21/2010

A Domus acolle a sección oficial da «III Mostra de Ciencia e Cinema», do 25 ao 30 de outubro

Do luns 25 ao venres 29 de outubro, en sesións gratuítas de 16:00 a 19:00, proxectaranse as películas a concurso. O sábado 30 pola mañá terá lugar a lectura do fallo do xurado. [+]

10/20/2010

Conferencia sobre os pesticidas como causa de Parkinson, o xoves 21 de outubro na Domus

O neurobiólogo Francisco Pan-Montojo falará sobre a sobre a súa especialidade: «A exposición a pesticidas como orixe da enfermidade de Parkinson», o xoves 21 de outubro ás 20 horas na Domus. [+]

10/15/2010

«Públicos da Ciencia», un simposio sobre museoloxía organizado polos Museos Científicos Coruñeses

Aberto o prazo de inscrición no simposio de museoloxía científica «Públicos da Ciencia», que se celebrará na Domus os días 26 e 27 de novembro. [+]

10/13/2010

Obradoiro sobre «Laser Graffiti», o venres 15 de outubro na Domus

A participación é libre e gratuíta. Tras o obradoiro faráse unha proxección nocturna, que simulará xigantescas pintadas sobre a fachada da Domus. [+]

10/06/2010

«Bo para o mar, bo para ti», estrea europea no Aquarium Finisterrae

A nova exposición fotográfica, baseada na campaña "Elixe o peixe correcto", busca fomentar o consumo sostible de peixe. [+]

10/01/2010

A Domus presenta «Albinismo. Unha condición xenética, dúas realidades: España e Senegal»

Unha exposición de fotografías realizadas por Ana Yturralde. Organizada por ALBA (Asociación de ayuda a personas con albinismo) en colaboración cos Museos Científicos Coruñeses [+]

O Aquarium Finisterrae presenta «O Ártico e o cambio climático en Groenlandia»

Unha exposición de fotografías de Carlos Caraglia que reivindica a conservación das zonas polares. Desde o 28 de setembro ata finais de decembro do 2010 [+]

9/25/2010

Gañadores dos premios Prismas á Divulgación 2010

Un documental sobre a vida dun mexillón de río autóctono de Galicia, un libro que reafirma a veracidade da teoría da evolución, un artigo sobre as técnicas forenses para determinar a idade e un texto inédito sobre os revolucionarios avances en biotecnoloxía vexetal obtiveron os Prismas de Bronce nesta XXIII convocatoria. O Prisma Especial do Xurado, dotado por PharmaMar grupo Zeltia con 9.000 euros, foi para o diario Público pola súa sección de Ciencias. [+]

9/17/2010

A Domus estrea «Aliens dos fondos mariños»

O cine dixital da Domus proxectará durante un mes, e de xeito gratuito, este documental en alta definición sobre a intelixencia dos polbos, rodado en gran parte no Aquarium Finisterrae. [+]

9/09/2010

Arranca o curso 2010-2011 nos Museos Científicos Coruñeses

A nova programación do cine 3D (Domus) e do planetario dixital (Casa das Ciencias), así como as novas infraestructuras didácticas do acuario, marcarán o curso 2010-2011 nos Museos Científicos Coruñeses. Os centros escolares xa poden facer as reservas para visitarnos. [+]

8/12/2010

O Aquarium Finisterrae estrea “Cidades Mergulladas”

O Aquarium Finisterrae participa un ano máis no Salón do Cómic da Coruña con esta exposición, que se poderá visitar ata o 30 de setembro e está enmarcada na XIII edición de "Viñetas desde o Atlántico". [+]

O concurso “Leva a cámara á Casa das Ciencias” xa ten gañador

O proxecto “Máis alto, máis preto”, de Rogelio Fernández Mosquera, recibiu o primeiro premio dun certamen para promover a produción de proxectos audiovisuais en homenaxe a Casa das Ciencias no seu 25 aniversario. [+]

8/06/2010

Perseidas 2010: Chuvia de estrelas no Planetario

As estrelas fugaces acoden ao seu encontro anual co ceo do verán, e o Planetario da Casa das Ciencias ensina as claves para poder observalas nas sesións en directo das 18.00 horas, do 7 ao 15 de agosto. [+]

8/03/2010

O Planetario levará o nome de Jaítos Medal

Desde setembro, o Planetario levará o nome do noso compañeiro recentemente falecido. Juan Carlos Medal Cabezas, "Jaítos", ensinou a mirar ao ceo a milleiros e milleiros de persoas. [+]

7/15/2010

A Domus presenta "Un Anaquiño de Nicaragua"

Unha exposición temporal, con fotografías de Fernando Bellas, que reflexa a vida cotiá dun país moi vulnerable ante os desastres naturais, con elevados índices de pobreza e de desnutrición infantil. [+]

7/09/2010

A Wikiteca de mc2 prepara a final do Mundial cun dosier sobre vuvuzelas e contaminación acústica

Danan as vuvuzelas o oído humano? O Mundial de fútbol sérvenos de pretexto para pasar un bo rato aprendendo algo máis sobre contaminación acústica, co novo caderno dixital da Wikiteca. [+]

7/06/2010

A exposición «Peixes electrónicos» mestura arte e ciencia no Aquarium Finisterrae

«Peixes electrónicos» mostra a particular visión do universo mariño do artista austríaco Wolfgang Trettnak, un home de terra dentro que atopa nos peixes e noutros animais acuáticos a súa fonte de inspiración. [+]

6/16/2010

O Aquarium Finisterrae estrea a nova «Charca das Caricias»

A nova Charca das Caricias constitúe un valioso recurso que permitirá manexar claves emocionais na comunicación de aspectos relacionados coa bioloxía mariña e a conservación do medio mariño. [+]

O concurso de vídeo afeccionado «A ciencia da miña vida» xa ten gañadores

Convocado polos Museos Científicos Coruñeses o concurso realizouse simultáneamente en varias cidades europeas, dentro do proxecto CASC. Os dous traballos seleccionados competirán en Bruxelas cos gañadores do resto de países europeos participantes. [+]

6/15/2010

Concurso: «Leva a cámara á Casa das Ciencias», para celebrar o seu 25 aniversario

Os Museos Científicos Coruñeses convocan un concurso para promover a produción de dous proxectos audiovisuais en homenaxe á Casa das Ciencias, dentro dos actos de celebración do seu XXV aniversario. [+]

Fallo do XII Premio Luis Freire de Investigación Científica para Escolares

Tres alumnas do IES David Buján de Cambre gañan o concurso polo traballo "Cal é o volume dunha gota de auga?". O Xurado destacou desta investigación o rigor científico, a calidade do protocolo elaborado, e a claridade na súa exposición, ademais das aplicacións prácticas formuladas. [+]

6/09/2010

O Aquarium Finisterrae presenta «Fotógrafos da Natureza 2010»

Un ano máis o Aquarium Finisterrae presenta a exposición de fotografías de natureza máis importante do mundo: "Fotógrafos da Natureza 2010". [+]

6/07/2010

O Aquarium Finisterrae leva a campaña "Elixe o peixe correcto" aos mercados da Coruña

Mercados, peixarías, restaurantes e consumidores son os destinatarios desta campaña cuxo obxectivo é loitar contra a sobreexplotación pesqueira. [+]

6/05/2010

O planetario presenta a versión dixital de "O Mundo de Fugaz"

"O mundo de Fugaz" é un programa infantil de planetario, que se proxectará en galego a partir do 5 de xuño, os sábados, domingos e festivos ás 17 horas. [+]

6/03/2010

A Casa das Ciencias presenta «Ciencia continua», un maratón divulgativo

Durante a xornada do 3 de xuño, o exterior da Casa das Ciencias será un faladoiro no que se estará a divulgar ciencia de xeito ininterumpido desde as dez da mañá ata as oito da tarde. [+]

6/01/2010

O Festival Mozart chega aos Museos Científicos Coruñeses

Este ano a Casa das Ciencias e o Aquarium Finisterrae acollen por vez primeira o Festival Mozart, con dous miniciclos de concertos especiais, que combinarán a música e os atractivos dos museos científicos. [+]

A Domus acolle a presentación en España do documental «Aliens dos fondos mariños»

O venres 4 de xuño, ás 20.00, proxectaráse na Domus "Aliens dos fondos mariños", un documental sobre a intelixencia dos polbos que foi rodado en gran parte no Aquarium Finisterrae. A entrada é libre e gratuita. [+]

5/31/2010

A Casa das Ciencias celebra o seu 25 aniversario cunha semana de entrada gratuita e actividades especiais

O 1 de xuño a Casa das Ciencias cumpre 25 anos. Para celebralo, o museo inicia unha semana de portas abertas (do 31 de maio ao 6 de xuño) e actividades gratuitas que subliñan o papel da ciencia na cultura. [+]

5/20/2010

O acuario abre gratis o sábado 22 de 18 a 24 horas

Con motivo do Día Internacional dos Museos, e como actividade englobada nesta celebración, a entrada ao Aquarium Finisterrae será gratuíta o sábado 22 de maio dende as 6 da tarde ata as 12 da noite. [+]

5/18/2010

18 de maio, Día Internacional dos Museos

O martes 18 de maio, con motivo do Día Internacional dos Museos, celebrarase unha xornada de portas abertas na Casa das Ciencias, na Domus e no Aquarium Finisterrae. [+]

5/10/2010

Aberta a XXIII Convocatoria dos Premios Prismas á Divulgación

O certame é una iniciativa dos Museos Científicos Coruñeses, Concello da Coruña, que pretende potenciar a difusión da cultura científica en España, e apoiar a todos os profesionais que traballaban neste campo [+]

«World Press Photo» estará no acuario ata o 27 de maio

O Aquarium Finisterrae estrea en España a exposición «World Press Photo 2010», unha colección das fotografías gañadoras do certame de fotoxornalismo máis prestixioso do mundo. [+]

5/05/2010

O sábado 8 de maio, XV Día da Ciencia na Rúa

O Parque de Santa Margarita acolle o sábado 8 de maio a decimoquinta edición do Día da Ciencia na Rúa, unha romería científica con actividades preparadas por estudantes e profesores de 24 centros educativos. [+]

4/23/2010

«Os luns con ciencia» despídense cunha sesión especial sobre investigación biomédica

Lluis Montoliu, investigador do Centro Nacional de Biotecnología (CNB), charlará o luns 26 de abril na Domus sobre "Promesas e realidades da investigación biomédica", centrándose nos diferentes tipos e utilidades das células nai. [+]

4/21/2010

O Planetario conecta en directo cos telescopios do Instituto Astrofísico de Canarias

O venres 23 de abril, ás 21.45h, veremos cómo traballan os grandes telescopios do Instituto Astrofísico de Canarias desde a Casa das Ciencias. [+]

4/12/2010

4/09/2010

As Areas Mariñas Protexidas, no ciclo "Luns con Ciencia"

Luns 12 de marzo: Areas Mariñas protexidas[+]

3/26/2010

A Domus inaugura a exposición «Eureka!»

"Eureka!" conecta a ciencia e a creatividade, e invita aos visitantes a poñer en práctica as súas capacidades creativas. Unha exposición producida polos Museos Científicos Coruñeses (=mc2) e financiada pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología. [+]

3/23/2010

O mércores 24, na Domus, conferencia sobre a investigación científica do Patrimonio Cultural

Felipe Criado, coordinador dun programa Consolider para a investigación do Patrimonio Cultural, falará na Domus dentro do ciclo "O que a ciencia pode facer por nós", impulsado polo Ministerio de Ciencia e Innovación. [+]

3/22/2010

Cancelada a conferencia do luns 22 na Domus

A charla "O estado da conservación da biodiversidade en Galicia", a celebrar hoxe, 22 de marzo, na Domus tivo que ser cancelada por indisposición do conferenciante. [+]

3/20/2010

A Casa das Ciencias é un edificio libre de radón

O radón non supón ningún risco para a saúde dos traballadores e visitantes do edificio da Casa das Ciencias, segundo teñen confirmado recentes medicións. [+]

3/17/2010

O Aquarium Finisterrae presenta «As visións do bacallau»

O Aquarium Finisterrae, en colaboración co Museo do Mar de Galicia, presenta unha exposición fotográfica sobre a xesta dos pescadores galegos no mar de xeo de Terranova. [+]

3/14/2010

A relación entre a paisaxe e a biodiversidade, no ciclo «Os luns con ciencia»

Francisco Javier López, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, dá unha conferencia na Domus, o luns 15 de marzo, sobre os cambios da paisaxe rural nos últimos tempos, e a súa relación coa perda de biodiversidade. [+]

3/11/2010

Conferencia "CSI Atapuerca", o xoves 11 de marzo na Domus

Ana Gracia Téllez explica as investigacións de Atapuerca sobre evolución humana, o xoves 11 de marzo ás 20 horas na Domus. [+]

3/05/2010

A Domus acolle «Caiuco, fame e migración»

O fotógrafo Xacobe Meléndrez presenta na Domus unha exposición simbólica sobre a migración humana. [+]

Concurso de vídeo afeccionado «A ciencia na miña vida»

Os Museos Científicos Coruñeses convocan o concurso de vídeo afeccionado "A ciencia na miña vida", que se realizará simultáneamente en todas as cidades europeas participantes no proxecto CASC (Cities and Science Communication). [+]

3/04/2010

O segundo «Luns con ciencia» de marzo adelántase ao xoves 4

Marcos Sorrentino, da Universidade de Sao Paulo, fala o xoves 4 de marzo na Domus sobre o papel da educación ambiental na conservación da biodiversidade. [+]

2/28/2010

Un “premio Nobel” de Ecoloxía fala sobre a conservación do Amazonas no ciclo «Os luns con ciencia»

O ecólogo William F. Laurance, investigador dos bosques tropicais en perigo, da unha conferencia na Domus o 1 de marzo, dentro do ciclo «Os luns con ciencia» [+]

2/25/2010

Conferencia de Juan Luis Arsuaga na Domus, o venres 26 de febreiro

Con esta charla sobre Darwin na Domus, os Museos Científicos Coruñeses abren o programa de actividades paralelas da exposición "Atapuerca e a evolución humana", ubicada en PALEXCO. [+]

2/20/2010

O ciclo «Os luns con ciencia» regresa con outra perspectiva sobre a enerxía nuclear

Josep Puig revisa o lema "Nucleares? Non, grazas" nunha conferencia que terá lugar na Domus o 22 de febreiro, dentro do ciclo «Os luns con ciencia» [+]

2/13/2010

O martes de Entroido, xornada de portas abertas nos Museos Científicos Coruñeses

O 16 de febreiro é gratuita a entrada á Casa das Ciencias, á Domus e ao Aquarium Finisterrae, así como as sesións de Planetario e cine 3D. [+]

2/08/2010

Mesa redonda sobre as «Evidencias do cambio climático en Galicia», o luns 8 de febreiro na Domus

O ciclo «Os luns con ciencia» abre un debate sobre como está a afectar o cambio climático a Galicia, no que participan científicos do Centro Oceanográfico da Coruña e de MeteoGalicia. [+]

1/31/2010

O ciclo «Os luns con ciencia» segue o 1 de febreiro cunha charla sobre cambio climático

«Cambio climático ou cambio de modelo de sociedade?» é o título da charla que terá lugar na Domus o luns 1 de febreiro, a cargo de Emilio Fernández. [+]

1/22/2010

«AHORA, unha alternativa á crise energética»: conferencia para comezar a semana con ciencia

O luns 25 de xaneiro o físico Juan José Gómez Cadenas presenta na Domus unha alternativa baseada no aforro e na combinación de enerxías renovables e atómica. [+]

1/12/2010

O Ano da Biodiversidade arranca co II ciclo "Os luns con ciencia"

Unha actividade gratuita que comeza cunha serie de charlas sobre as alternativas enerxéticas e a biodiversidade. [+]