2/28/2010

Un “premio Nobel” de Ecoloxía fala sobre a conservación do Amazonas no ciclo «Os luns con ciencia»

O ecólogo William F. Laurance, investigador dos bosques tropicais en perigo, da unha conferencia na Domus o 1 de marzo, dentro do ciclo «Os luns con ciencia» [+]

2/25/2010

Conferencia de Juan Luis Arsuaga na Domus, o venres 26 de febreiro

Con esta charla sobre Darwin na Domus, os Museos Científicos Coruñeses abren o programa de actividades paralelas da exposición "Atapuerca e a evolución humana", ubicada en PALEXCO. [+]

2/20/2010

O ciclo «Os luns con ciencia» regresa con outra perspectiva sobre a enerxía nuclear

Josep Puig revisa o lema "Nucleares? Non, grazas" nunha conferencia que terá lugar na Domus o 22 de febreiro, dentro do ciclo «Os luns con ciencia» [+]

2/13/2010

O martes de Entroido, xornada de portas abertas nos Museos Científicos Coruñeses

O 16 de febreiro é gratuita a entrada á Casa das Ciencias, á Domus e ao Aquarium Finisterrae, así como as sesións de Planetario e cine 3D. [+]

2/08/2010

Mesa redonda sobre as «Evidencias do cambio climático en Galicia», o luns 8 de febreiro na Domus

O ciclo «Os luns con ciencia» abre un debate sobre como está a afectar o cambio climático a Galicia, no que participan científicos do Centro Oceanográfico da Coruña e de MeteoGalicia. [+]