5/31/2010

A Casa das Ciencias celebra o seu 25 aniversario cunha semana de entrada gratuita e actividades especiais

O 1 de xuño a Casa das Ciencias cumpre 25 anos. Para celebralo, o museo inicia unha semana de portas abertas (do 31 de maio ao 6 de xuño) e actividades gratuitas que subliñan o papel da ciencia na cultura. [+]

5/20/2010

O acuario abre gratis o sábado 22 de 18 a 24 horas

Con motivo do Día Internacional dos Museos, e como actividade englobada nesta celebración, a entrada ao Aquarium Finisterrae será gratuíta o sábado 22 de maio dende as 6 da tarde ata as 12 da noite. [+]

5/18/2010

18 de maio, Día Internacional dos Museos

O martes 18 de maio, con motivo do Día Internacional dos Museos, celebrarase unha xornada de portas abertas na Casa das Ciencias, na Domus e no Aquarium Finisterrae. [+]

5/10/2010

Aberta a XXIII Convocatoria dos Premios Prismas á Divulgación

O certame é una iniciativa dos Museos Científicos Coruñeses, Concello da Coruña, que pretende potenciar a difusión da cultura científica en España, e apoiar a todos os profesionais que traballaban neste campo [+]

«World Press Photo» estará no acuario ata o 27 de maio

O Aquarium Finisterrae estrea en España a exposición «World Press Photo 2010», unha colección das fotografías gañadoras do certame de fotoxornalismo máis prestixioso do mundo. [+]

5/05/2010

O sábado 8 de maio, XV Día da Ciencia na Rúa

O Parque de Santa Margarita acolle o sábado 8 de maio a decimoquinta edición do Día da Ciencia na Rúa, unha romería científica con actividades preparadas por estudantes e profesores de 24 centros educativos. [+]