6/16/2010

O Aquarium Finisterrae estrea a nova «Charca das Caricias»

A nova Charca das Caricias constitúe un valioso recurso que permitirá manexar claves emocionais na comunicación de aspectos relacionados coa bioloxía mariña e a conservación do medio mariño. [+]

O concurso de vídeo afeccionado «A ciencia da miña vida» xa ten gañadores

Convocado polos Museos Científicos Coruñeses o concurso realizouse simultáneamente en varias cidades europeas, dentro do proxecto CASC. Os dous traballos seleccionados competirán en Bruxelas cos gañadores do resto de países europeos participantes. [+]

6/15/2010

Concurso: «Leva a cámara á Casa das Ciencias», para celebrar o seu 25 aniversario

Os Museos Científicos Coruñeses convocan un concurso para promover a produción de dous proxectos audiovisuais en homenaxe á Casa das Ciencias, dentro dos actos de celebración do seu XXV aniversario. [+]

Fallo do XII Premio Luis Freire de Investigación Científica para Escolares

Tres alumnas do IES David Buján de Cambre gañan o concurso polo traballo "Cal é o volume dunha gota de auga?". O Xurado destacou desta investigación o rigor científico, a calidade do protocolo elaborado, e a claridade na súa exposición, ademais das aplicacións prácticas formuladas. [+]

6/09/2010

O Aquarium Finisterrae presenta «Fotógrafos da Natureza 2010»

Un ano máis o Aquarium Finisterrae presenta a exposición de fotografías de natureza máis importante do mundo: "Fotógrafos da Natureza 2010". [+]

6/07/2010

O Aquarium Finisterrae leva a campaña "Elixe o peixe correcto" aos mercados da Coruña

Mercados, peixarías, restaurantes e consumidores son os destinatarios desta campaña cuxo obxectivo é loitar contra a sobreexplotación pesqueira. [+]

6/05/2010

O planetario presenta a versión dixital de "O Mundo de Fugaz"

"O mundo de Fugaz" é un programa infantil de planetario, que se proxectará en galego a partir do 5 de xuño, os sábados, domingos e festivos ás 17 horas. [+]

6/03/2010

A Casa das Ciencias presenta «Ciencia continua», un maratón divulgativo

Durante a xornada do 3 de xuño, o exterior da Casa das Ciencias será un faladoiro no que se estará a divulgar ciencia de xeito ininterumpido desde as dez da mañá ata as oito da tarde. [+]

6/01/2010

O Festival Mozart chega aos Museos Científicos Coruñeses

Este ano a Casa das Ciencias e o Aquarium Finisterrae acollen por vez primeira o Festival Mozart, con dous miniciclos de concertos especiais, que combinarán a música e os atractivos dos museos científicos. [+]

A Domus acolle a presentación en España do documental «Aliens dos fondos mariños»

O venres 4 de xuño, ás 20.00, proxectaráse na Domus "Aliens dos fondos mariños", un documental sobre a intelixencia dos polbos que foi rodado en gran parte no Aquarium Finisterrae. A entrada é libre e gratuita. [+]