9/25/2010

Gañadores dos premios Prismas á Divulgación 2010

Un documental sobre a vida dun mexillón de río autóctono de Galicia, un libro que reafirma a veracidade da teoría da evolución, un artigo sobre as técnicas forenses para determinar a idade e un texto inédito sobre os revolucionarios avances en biotecnoloxía vexetal obtiveron os Prismas de Bronce nesta XXIII convocatoria. O Prisma Especial do Xurado, dotado por PharmaMar grupo Zeltia con 9.000 euros, foi para o diario Público pola súa sección de Ciencias. [+]

9/17/2010

A Domus estrea «Aliens dos fondos mariños»

O cine dixital da Domus proxectará durante un mes, e de xeito gratuito, este documental en alta definición sobre a intelixencia dos polbos, rodado en gran parte no Aquarium Finisterrae. [+]

9/09/2010

Arranca o curso 2010-2011 nos Museos Científicos Coruñeses

A nova programación do cine 3D (Domus) e do planetario dixital (Casa das Ciencias), así como as novas infraestructuras didácticas do acuario, marcarán o curso 2010-2011 nos Museos Científicos Coruñeses. Os centros escolares xa poden facer as reservas para visitarnos. [+]