9/25/2010

Gañadores dos premios Prismas á Divulgación 2010

Un documental sobre a vida dun mexillón de río autóctono de Galicia, un libro que reafirma a veracidade da teoría da evolución, un artigo sobre as técnicas forenses para determinar a idade e un texto inédito sobre os revolucionarios avances en biotecnoloxía vexetal obtiveron os Prismas de Bronce nesta XXIII convocatoria. O Prisma Especial do Xurado, dotado por PharmaMar grupo Zeltia con 9.000 euros, foi para o diario Público pola súa sección de Ciencias. [+]