10/28/2010

Aberta a convocatoria do XIII Premio Luis Freire de Investigación Científica para Escolares

O “Luis Freire” é un premio de investigación que reta aos estudantes galegos de secundaria a demostrar a súa creatividade científica. O prazo de presentación de propostas de investigación está aberto ata o 30 de novembro de 2010. [+]

10/21/2010

A Domus acolle a sección oficial da «III Mostra de Ciencia e Cinema», do 25 ao 30 de outubro

Do luns 25 ao venres 29 de outubro, en sesións gratuítas de 16:00 a 19:00, proxectaranse as películas a concurso. O sábado 30 pola mañá terá lugar a lectura do fallo do xurado. [+]

10/20/2010

Conferencia sobre os pesticidas como causa de Parkinson, o xoves 21 de outubro na Domus

O neurobiólogo Francisco Pan-Montojo falará sobre a sobre a súa especialidade: «A exposición a pesticidas como orixe da enfermidade de Parkinson», o xoves 21 de outubro ás 20 horas na Domus. [+]

10/15/2010

«Públicos da Ciencia», un simposio sobre museoloxía organizado polos Museos Científicos Coruñeses

Aberto o prazo de inscrición no simposio de museoloxía científica «Públicos da Ciencia», que se celebrará na Domus os días 26 e 27 de novembro. [+]

10/13/2010

Obradoiro sobre «Laser Graffiti», o venres 15 de outubro na Domus

A participación é libre e gratuíta. Tras o obradoiro faráse unha proxección nocturna, que simulará xigantescas pintadas sobre a fachada da Domus. [+]

10/06/2010

«Bo para o mar, bo para ti», estrea europea no Aquarium Finisterrae

A nova exposición fotográfica, baseada na campaña "Elixe o peixe correcto", busca fomentar o consumo sostible de peixe. [+]

10/01/2010

A Domus presenta «Albinismo. Unha condición xenética, dúas realidades: España e Senegal»

Unha exposición de fotografías realizadas por Ana Yturralde. Organizada por ALBA (Asociación de ayuda a personas con albinismo) en colaboración cos Museos Científicos Coruñeses [+]

O Aquarium Finisterrae presenta «O Ártico e o cambio climático en Groenlandia»

Unha exposición de fotografías de Carlos Caraglia que reivindica a conservación das zonas polares. Desde o 28 de setembro ata finais de decembro do 2010 [+]