12/31/2010

O Aquarium Finisterrae presenta a escultura "Humildade"

Os Museos Científicos Coruñeses (=mc2) presentan a escultura “Humildade”, de Nando Lestón. A inauguración no Aquarium Finisterrae o 30 de decembro de 2010 serviu para despedir o ano nos mc2. [+]

12/30/2010

Novos horarios nos Museos Científicos Coruñeses para o 2011

Ata o mes de abril, de luns a venres a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae pechan unha hora antes: ás 18:00. Os sábados, domingos e festivos (e en Semana Santa), os tres museos científicos abrirán unha hora máis tarde: ás 11:00 [+]

12/28/2010

Os Museos Científicos Coruñeses chegan aos 10 millóns de visitantes

Damián Retamar, de 4 anos, foi recibido no Aquarium Finisterrae como o visitante 10.000.000 dos mc2. Esta cifra millonaria chega tras máis de 25 anos de actividade, desde a apertura da Casa das Ciencias o 1 de xuño de 1985. [+]

12/27/2010

A Domus presenta «Éufrates: un río de Historias»

A nova exposición fotográfica da Domus retrata o proxecto PAMES, unha iniciativa científica de grande interese para o estudo das diferentes civilizacións que habitaron o Próximo Oriente dende finais do cuarto milenio a.C [+]

12/23/2010

Programa especial de Nadal nos Museos Científicos Coruñeses

Consulta as actividades especiais da Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae, neste Nadal 2010-2011. E lembra que pechamos o 25 de decembro e mais o 1 e o 6 de xaneiro. [+]

12/21/2010

Estrea de "Wild Safari 3D" na Domus

A Domus estrea unha nova película en 3D, con motivo do Ano Internacional da Biodiversidade. Wild Safari invita aos espectadores a un safari no que coñecerán os chamados Cinco Grandes: o elefante, o rinoceronte, o leopardo, o búfalo do Cabo e o león. [+]

12/17/2010

A expedición oceanográfica «Malaspina 2010» pasa pola Domus o luns 20 de decembro

O 20 de decembro, ás 20:00 horas, terá lugar na Domus a conferencia-coloquio "A expedición MALASPINA 2010: a exploración do océano global", impartida por varios dos expedicionarios, que son investigadores do Centro Oceanográfico da Coruña do Instituto Español de Oceanografía. [+]

12/14/2010

A versión online do Simposio de Museoloxía Científica, na Rede desde o 15 de decembro

Os Museos Científicos Coruñeses colgan na súa web as intervencións do Simposio de Museoloxía Científica «Públicos da Ciencia». Até o día 22 de decembro iranse publicando os relatorios online, en formato 'slidecast', que combina as presentacións dos relatores e os arquivos de audio das súas intervencións. [+]

12/03/2010

O Aquarium Finisterrae presenta a «OceanoSfera»

O Aquarium Finisterrae presenta unha gran pantalla esférica, que fai posible un espectáculo único: observar a Terra desde fóra, como os astronautas. Na «OceanoSfera», os visitantes poden ver fenómenos globais como o cambio climático ou as correntes oceánicas. [+]

12/01/2010

Ampliado ata o 20 de decembro o prazo de presentación de preguntas para o Premio Luis Freire

O "Luis Freire" é un premio de investigación que reta aos estudantes galegos de secundaria a demostrar a súa creatividade científica. Os escolares que desexen participar teñen ata o próximo 20 de decembro para enviar as súas preguntas. [+]