"Eureka!" conecta a ciencia e a creatividade, e invita aos visitantes a poñer en práctica as súas capacidades creativas. Unha exposición producida polos Museos Científicos Coruñeses (=mc2) e financiada pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología. [+]
3/26/2010
3/23/2010
O mércores 24, na Domus, conferencia sobre a investigación científica do Patrimonio Cultural
Felipe Criado, coordinador dun programa Consolider para a investigación do Patrimonio Cultural, falará na Domus dentro do ciclo "O que a ciencia pode facer por nós", impulsado polo Ministerio de Ciencia e Innovación. [+]
3/22/2010
Cancelada a conferencia do luns 22 na Domus
A charla "O estado da conservación da biodiversidade en Galicia", a celebrar hoxe, 22 de marzo, na Domus tivo que ser cancelada por indisposición do conferenciante. [+]
3/20/2010
A Casa das Ciencias é un edificio libre de radón
O radón non supón ningún risco para a saúde dos traballadores e visitantes do edificio da Casa das Ciencias, segundo teñen confirmado recentes medicións. [+]
3/17/2010
O Aquarium Finisterrae presenta «As visións do bacallau»
O Aquarium Finisterrae, en colaboración co Museo do Mar de Galicia, presenta unha exposición fotográfica sobre a xesta dos pescadores galegos no mar de xeo de Terranova. [+]
3/14/2010
A relación entre a paisaxe e a biodiversidade, no ciclo «Os luns con ciencia»
Francisco Javier López, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, dá unha conferencia na Domus, o luns 15 de marzo, sobre os cambios da paisaxe rural nos últimos tempos, e a súa relación coa perda de biodiversidade. [+]
3/11/2010
Conferencia "CSI Atapuerca", o xoves 11 de marzo na Domus
Ana Gracia Téllez explica as investigacións de Atapuerca sobre evolución humana, o xoves 11 de marzo ás 20 horas na Domus. [+]
3/05/2010
A Domus acolle «Caiuco, fame e migración»
O fotógrafo Xacobe Meléndrez presenta na Domus unha exposición simbólica sobre a migración humana. [+]
Concurso de vídeo afeccionado «A ciencia na miña vida»
Os Museos Científicos Coruñeses convocan o concurso de vídeo afeccionado "A ciencia na miña vida", que se realizará simultáneamente en todas as cidades europeas participantes no proxecto CASC (Cities and Science Communication). [+]
3/04/2010
O segundo «Luns con ciencia» de marzo adelántase ao xoves 4
Marcos Sorrentino, da Universidade de Sao Paulo, fala o xoves 4 de marzo na Domus sobre o papel da educación ambiental na conservación da biodiversidade. [+]