12/02/2011

«Noite estrelada no museo», novo programa de arte e ciencia no Planetario

Un programa de planetario que convida a gozar do ceo estrelado e reflexionar, desde un punto de vista interdisciplinar, sobre as conexións invisibles entre a ciencia e a arte. Desde o 3 de decembro, na Casa das Ciencias. [+]

11/28/2011

Descarga gratis a conferencia de Margarita Salas: "De la bioquímica a la biología molecular"

Descobre a historia da bioloxía molecular da man de Margarita Salas, unha das protagonistas desta revolución científica. Galardoada co Prisma Especial do Xurado, a Dra. Salas impartiu esta conferencia o pasado 12 de novembro na Domus, como antesala á entrega dos XXIV Premios Prismas. [+]

11/25/2011

«Unha mirada ao mar desde a Torre de Hércules», conferencia na Domus o mércores 30 de noviembre

A Domus convida á mirar ao mar coruñés cos ollos dun oceanógrafo: Ricardo Prego, investigador do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC, dá unha charla sobre as características do mar que rodea a cidade da Coruña. O mércores 30 de novembro ás 20 horas. [+]

11/12/2011

Entregados os XXIV Premios Prismas 'Casa das Ciencias' á Divulgación

A cerimonia de entrega dos premios Prismas celebrouse o sábado 12 de novembro no Concello da Coruña.

Obtiveron os Prismas de Bronce un documental sobre a aparición dos primeiros seres humanos europeos, un artigo sobre a discutida solución a unha conxectura matemática e un sitio web que constitúe un museo virtual interactivo. A bioquímica Margarita Salas obtivo o Prisma Especial do Xurado. [+]

11/11/2011

Conferencia de Margarita Salas, o sábado 12 de novembro na Domus

A Dra. Margarita Salgas, galardoada co premio Prisma Especial do Xurado, imparte a conferencia "Da bioloxía molecular á biomedicina". O sábado 12 de novembro, ás 11:00 na Domus, como antesala á entrega dos XXIV Premios Prismas. [+]

11/10/2011

Presentación do documental «En busca del primer europeo», o venres 11 na Domus

Co gallo da Semana da Ciencia, o venres 11 de novembro ás 20:30 preséntase na Domus o audiovisual gañador do premio Prisma 2011. Un documental de Televisión Española e Turkana Films que relata a historia da chegada da especie humana ao continente europeo. [+]

11/09/2011

«Química, Benefactora da Humanidade», conferencia na Domus o xoves 10 de novembro

Conferencia Impartida por Manuel-Luís Casalderrey García, con motivo do Ano Internacional da Química (AIQ) (2011). Nela móstranos como a química está presente en moitos aspectos do mundo que nos rodea, facilitando e até determinando a nosa vida. [+]

O documental "Do mito á razón", gratis na Domus o mércores 9 de novembro

Co gallo da Semana da Ciencia, a Domus acolle a proxección gratuíta de "Do mito á razón". Este documental expón unha viaxe ao mundo das ideas que revolucionaron a nosa forma de entender e relacionarnos co universo que nos rodea. Escrito, dirixido e presentado por Rubén Lijó, convídanos a penetrar na ciencia como algo próximo e con repercusión directa no noso día a día. [+]

11/08/2011

"Atapuerca, Arco da Vella da evolución humana", nova exposición de acuarelas na Domus

Nesta exposición de acuarelas, producida pola Fundación Atapuerca, están presentes de forma recorrente os lugares, os achados, a actividade humana e os animais e plantas que conviven coas escavacións arqueolóxicas dos xacementos da Serra de Atapuerca. [+]

11/04/2011

Semana da Ciencia 2011, do 7 ao 13 de novembro nos tres Museos Científicos Coruñeses

Ao longo de toda a semana haberá entrada gratuíta á Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae. A programación especial inclúe a entrega dos premios Prismas, unha conferencia da Dra. Margarita Salgas, a presentación dun documental e duna exposición. [+]

10/21/2011

A Domus acolle a reunión de socios do proxecto europeo XploreHealth

Xplore Health é un proxecto europeo coordinado polo Parque Científico de Barcelona para construír un portal online sobre a investigación máis actual en saúde. Ademais, contempla a programación de actividades en museos de ciencia e escolas coa participación de estudantes. [+]

10/20/2011

«Capturando o invisible», nova exposición fotográfica na Casa das Ciencias

Luis Monje presenta unha colección de dez espectaculares imaxes, que percorren as principais técnicas da fotografía científica contemporánea, con aplicacións en medicamento, investigación forense, bioloxía ou astrofísica. [+]

10/05/2011

O Aquarium Finisterrae presenta os primeiros sanmartiños nacidos en catividade

O Aquarium Finisterrae presenta o froito do primeiro éxito mundial de reprodución en catividade do sanmartiño ou peixe de San Pedro (Zeus faber). Esta experiencia foi realizada polo Aquarium Finisterrae en colaboración co Centro Oceanográfico de Vigo, do Instituto Español de Oceanografía (IEO). [+]

9/30/2011

Comeza unha nova edición da actividade infantil «Merendas no Aquarium»

O luns 3 de outubro ábrese o prazo de inscrición para o primeiro trimestre do curso 2011-2012. As «Merendas no Aquarium» están pensadas para nenos e nenas de entre 4 e 13 anos, que realizan unha actividade e terminan tomando un chocolate con churros. [+]

9/28/2011

«Orixes», unha exposición da Obra Social “la Caixa” coa colaboración dos Museos Científicos Coruñeses

A Obra Social "la Caixa", o Concello da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses presentan a exposición «Orixes. Cinco fitos na evolución humana», que estará na Coruña do 27 de setembro ao 1 de novembro de 2011, nunha carpa situada nos Xardíns de Méndez Núñez. [+]

9/27/2011

Gañadores dos premios Prismas á Divulgación 2011

Un documental sobre a aparición dos primeiros seres humanos europeos, un artigo que relata a controversia que rodeou ao ruso Perelman tras solucionar unha das máis famosas conxecturas matemáticas, e un sitio web que constitúe un museo virtual interactivo obtiveron os Prismas de Bronce nesta XXIV convocatoria. Margarita Salgas obtivo o Prisma Especial do Xurado, dotado por PharmaMar grupo Zeltia con 9.000 euros. [+]

9/26/2011

Nova edición de ExploraDomus, actividades infantís para a fin de semana

Aberta a inscrición para as sesións de ExploraDomus do curso 2011-2012, que comezan o vindeiro sábado 1 de outubro. Os participantes explorarán a ciencia nas súas contornas máis próximas: a cociña, o baño, o patio... [+]

9/15/2011

«O traballo infantil en Bangladesh», nova exposición fotográfica na Domus

O fotógrafo José Alfonso presenta na mostra, producida por Intervida, 30 imaxes coas que pretende concienciar á sociedade sobre a situación dos nenos nese país asiático. [+]

9/12/2011

Arranca o curso 2011-2012 nos Museos Científicos Coruñeses

Novo programa de planetario na Casa das Ciencias, novo taller de experimentación na Domus e novo espazo de actualidade científica no Aquarium Finisterrae. Os centros escolares xa poden facer as reservas para visitarnos. [+]

8/12/2011

Asiste ao seminario web «A NASA desde primeira fila con Wicho», no e-Museo de mc2

O e-Museo de mc2 recupera a conferencia de Wicho na Domus sobre o último lanzamento dun transbordador espacial e achégacha en formato 'slidecast'. Escoita a charla sincronizada coas diapositivas, que conteñen fotos exclusivas do Centro Espacial Kennedy e ligazóns con información complementaria. [+]

8/09/2011

Perseidas 2011: Choiva de estrelas no Planetario, do 8 ao 14 de agosto

Do 8 ao 14 de agosto as sesións en directo das 18.00 horas no Planetario da Casa das Ciencias están dedicadas á choiva das Perseidas. O resto de sesións tamén contarán con recomendacións para observalas. [+]

8/08/2011

A exposición "Piratas no cómic" segue en setembro no Aquarium Finisterrae

Dentro da XIV edición do Salón Internacional do Cómic "Viñetas desde o Atlántico”, o Aquarium Finisterrae conta coa exposición “Piratas no cómic”. A exposición, comisariada por Antoni Guiral, mostra curiosas imaxes dos personaxes favoritos do cómic no rol de piratas. [+]

8/03/2011

Conferencia de Wicho na Domus sobre o derradeiro lanzamento dun transbordador espacial, o Atlantis

Javier Pedreira “Wicho”, traballador dos Museos Científicos Coruñeses e coautor do blog Microsiervos, contará como viviu en directo o lanzamento do último transbordador espacial, o Atlantis. A charla será na Domus o venres 5 de agosto ás 19.00. A entrada é gratuíta e o aforamento limitado. [+]

7/07/2011

O e-Museo dos Museos Científicos supera os 100 recursos divulgativos grazas aos internautas

En algo máis de 20 días, o e-Museo dos Museos Científicos Coruñeses superou os 100 recursos divulgativos entre contidos propios e os achegados por internautas. O espazo online lanzado o 13 de xuño combina recursos propios con contidos achegados polos cidadáns. [+]

7/01/2011

O Planetario da Casa das Ciencias presenta "La niña que sabía caminar al revés"

Unha produción do Planetario de Pamplona adaptada ao planetario dixital da Casa das Ciencias, pensada para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos. O programa ten unha duración de 30 minutos.[+]

Desde o 1 de xullo ampliamos os horarios dos Museos Científicos Coruñeses

Nos meses de xullo e agosto os Museos Científicos Coruñeses amplían os horarios de apertura e mais a programación de planetario na Casa das Ciencias e a cine en 3D na Domus. Estes museos xunto co Aquarium Finiterrae tamén teñen actividades especiais de verán. [+]

6/30/2011

O Aquarium Finisterrae acolle este verán a exposición "Wildlife Photographer of the Year"

Cada ano, miles de fotógrafos de todo o mundo —profesionais e afeccionados, nenos e adultos— participan no concurso Wildlife Photographer of the Year, que organiza a BBC e o Natural History Museum de Londres desde 1964. [+]

6/27/2011

Descarga gratis a monografía "Enerxía solar"

Xa podes ver e descargar "Enerxía solar" no e-Museo de mc2. Coa súa duodécima monografía de comunicación científica, os Museos Científicos Coruñeses queren dar respostas ao interese da sociedade sobre fontes de enerxía pouco contaminantes. [+]

6/24/2011

Os Museos Científicos Coruñeses distribúen gratis una monografía sobre enerxía solar o domingo 26 de xuño

Esta publicación ofrece aos cidadáns respostas de xeito breve, concreto e nunha linguaxe comprensible. A información acompáñase de imaxes e gráficos que contribúen a comprender mellor os contidos. [+]

6/23/2011

Descarga gratis as conferencias do III ciclo "Luns con Ciencia"

O e-Museo de mc2 achégache as conferencias do último ciclo de divulgación científica celebrado na Domus, centrado en temas de saúde. Xa podes escoitar e descargar as charlas do primeiro bloque, dedicado aos transplantes. O martes 28 de xuño publicamos o segundo bloque (hábitos cardiosaludábeis) e o xoves 30, o terceiro (obesidade). [+]

6/22/2011

«A enerxía solar», novo espazo interactivo no e-Museo de mc2

Os Museos Científicos Coruñeses (=mc2) presentan un paquete de recursos dixitais sobre a enerxía solar, que inclúe materiais multimedia, test, infografía e o primeiro xogo online dos mc2: "Tira ao fotón". [+]

6/21/2011

A Domus estrea un obradoiro experimental sobre fabricación de fármacos

Coa actividade "Como se desenvolven os fármacos?", a Domus participa no proxecto europeo "Xplore Health" para construír unha web sobre a investigación máis actual en saúde. [+]

6/20/2011

Descarga gratis a monografía «Accidente nuclear»

Xa podes ver e descargar "Accidente nuclear" no e-Museo de mc2. Coa súa undécima monografía de comunicación científica, os Museos Científicos Coruñeses queren dar respostas á preocupación pola seguridade das centrais nucleares, espertada tras o accidente de Fukushima. [+]

6/17/2011

Os Museos Científicos Coruñeses distribúen gratis a monografía "Accidente nuclear" o sábado 18 de xuño

A distribución realizarase o sábado 18 de xuño cos xornais La Voz de Galicia, El Ideal Gallego e La Opinión. Coa súa undécima monografía de comunicación científica, os Museos Científicos Coruñeses queren dar respostas ás inquedanzas despertadas co accidente nuclear de Fukushima (Japón). [+]

Clausura do III ciclo "Luns con Ciencia" cunha charla sobre a loita contra a obesidade

Ao acto de clausura asistirán representates das entidades organizadoras, UDC, CHUAC e Museos Científicos Coruñeses. A terceira edición do ciclo segue viva no e-Museo, onde se poderán escoitar e descargar as conferencias en MP3 [+]

Fallo do XIII Premio Luis Freire de Investigación Científica para Escolares

Catro alumnos do IES Universidade Laboral de Ourense gañan o concurso polo traballo "Pódese empregar auga dos deshumidificadores nas baterías eléctricas?" O Xurado destacou desta investigación a aplicación coherente da metodoloxía científica para resolver problemas concretos plantexados no seu entorno. [+]

6/16/2011

"O peixe pescador", un vídeo do Aquarium Finisterrae que mostra o fulminante ataque dos peixes sapo

O Aquarium Finisterrae logrou medir a velocidade do ataque dos peixes sapo, que resulta ser dunhas poucas centésimas de segundo, e presenta os resultados nun novo vídeo do e-Museo de mc2. [+]

6/15/2011

Descarga a guía didáctica da exposición "Eureka!"

Os Museos Científicos Coruñeses presentan a guía da exposición "Eureka! Ciencia e creatividade", un completo caderno didáctico cheo de actividades para complementar a visita ao museo. [+]

6/13/2011

e-Museo de mc2: Nace o cuarto museo científico

O e-Museo que nace hoxe é un museo online e aberto á participación dos internautas. Contén unha colección de materiais de divulgación producidos polos outros tres centros de ciencia coruñeses: Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae. [+]

6/10/2011

Renovada a exposición "Palabras da ciencia" na Casa das Ciencias

A exposición sobre actualidade científica da Casa das Ciencias experimenta novidades que a achegan máis aos intereses da cidadanía. [+]

Charla na Domus sobre os efectos colaterais da diabete, o luns 13 de xuño

A charla será ofrecida polo Dr. Alfonso Soto González, especialista en endocrinoloxía e nutrición do CHUAC, ás 20.00 na Domus. [+]

6/08/2011

Presentación dun libro sobre o ecoloxismo en España, o xoves 9 na Domus

"Ecologíada, 100 batallas. Medio ambiente y sociedad en la España reciente" é o libro de Pedro Costa Morat que se presenta ás 20 horas na Domus. A continuación terá lugar un coloquio entre o autor e outros expertos. [+]

6/03/2011

«Cores do Mar», exposición fotográfica do científico Ángel Carracedo no Aquarium Finisterrae

A Sala Artista Invitad@ do Aquarium Finisterrae acolle a estrea neste ámbito do científico Ángel Carracedo, xenetista e catedrático de Medicinal Legal da Universidade de Santiago de Compostela. [+]

Charla sobre biotecnoloxía e diabetes na Domus, o luns 6 de xuño

A charla será ofrecida pola Dra. Teresa Martínez Ramonde, especialista de endocrinoloxía e nutrición do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC). [+]

6/02/2011

María Wonenburger entra no Paseo das Ciencias

Desde o 1 de xuño de 2011 María Wonenburger, destacada matemática galega, ten o seu recoñecemento cun monolito instalado na súa honra no Paseo das Ciencias, situado no Parque de Santa Margarita (A Coruña). [+]

Os móbiles causan cáncer? A Wikiteca de mc2 analiza o veredicto da OMS

Que significa a categoría científica "posiblemente canceríxeno"? A Wikiteca de mc2 axuda a dixerir o veredicto da OMS sobre móbiles e cáncer. Ademais abrimos unha canle para recoller a dúbidas, inquedanzas e opinións do público sobre este tema. [+]

5/27/2011

"A obesidade, o buraco negro metabólico", charla na Domus o luns 30 de maio

Os problemas da obesidade centrarán a próxima sesión do ciclo Luns con Ciencia, que se celebrará o próximo 30 de maio da Domus. A charla será ofrecida polo Dr. Fernando Cordido, especialista en Endocrinoloxía e Nutrición do CHUAC. [+]

5/25/2011

O xoves 26 remata no Aquarium Finisterrae a exposición «World Press Photo 2011»

Máis de 23.000 persoas visitaron a exposición, estreada o pasado 28 de abril, que recolle as mellores fotografías realizadas por fotoxornalistas de todo o mundo durante o pasado ano. [+]

O Aquarium Finisterrae participará no proxecto europeo «Sea For Society»

O obxectivo do proxecto «Sea For Society» é promover, organizar e poñer en práctica actividades que permitan a diferentes axentes e ao público dialogar sobre os problemas e cuestións claves do uso do océano como fonte de recursos. [+]

5/20/2011

"Do home primitivo ao home obeso", charla do Dr. Ovidio Vidal na Domus o luns 23 de maio

O Dr. Ovidio Vidal, xefe do Servizo de Endocrinoloxía do CHUAC, ofrecerá unha charla sobre a obesidade na Domus, o 23 de maio ás 20:00, dentro do ciclo "Luns con Ciencia". [+]

5/18/2011

"Cegos ante o cambio", unha proposta colaborativa de mc2 para celebrar o Día dos Museos

Os Museos Científicos Coruñeses convídanvos a participar nunha experiencia online colaborativa: "Cegos ante o cambio". Un xogo de preguntas e respostas para entender mellor o noso cerebro, da man do neurocientífico Xurxo Mariño. [+]

5/17/2011

18 de maio, Día Internacional dos Museos

O mércores 18 de maio, con motivo do Día Internacional dos Museos, celébrase unha xornada de portas abertas na Casa das Ciencias, na Domus e no Aquarium Finisterrae. [+]

5/12/2011

O acuario abre gratis o sábado 14 dende as 18 até as 24 horas

Como prólogo ao Día Internacional dos Museos, e dentro da iniciativa "Baixo as estrelas", a entrada ao Aquarium Finisterrae será gratuíta o sábado 14 de maio dende as 6 da tarde até as 12 da noite. [+]

5/06/2011

O Aquarium Finisterrae experimenta a maduración submarina do viño Ribeiro

O pasado xoves 5 de maio tivo lugar a colocación de tres botellas de viño Ribeiro de Emllio Rojo no interior do tanque da sala Nautilus, que fará de adega experimental ata finais de ano. [+]

Charla sobre exercicio físico e corazón, o 9 de maio no ciclo "Luns con ciencia"

A conferencia "Exercicio físico, deporte e corazón. Podemos previr?", que se celebra o próximo 9 de maio, será ofrecida polo Dr. Lorenzo Monserrat, director da Unidade de Cardiopatías Familiares do CHUAC. [+]

5/04/2011

O sábado 7 de maio, XV Día da Ciencia na Rúa

O Parque de Santa Margarita acolle o sábado 8 de maio a decimoquinta edición do Día da Ciencia na Rúa, unha romería científica con actividades preparadas por estudantes e profesores de 24 centros educativos. [+]

5/03/2011

«Paisaxes neuronais», ciencia e arte na nova exposición da Domus

A Domus presenta unha colección de sorprendentes e belas imaxes científicas que recordan ás obras de artistas. «Paisaxes neuronais» explora a evolución do coñecemento do sistema nervioso desde tempos de Cajal ata hoxe. [+]

Novos horarios nos Museos Científicos Coruñeses para maio e xuño de 2011

Desde ao 2 de maio até o 30 de xuño, de luns a venres abrimos unha hora máis (até as 19:00) na Casa das ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae. [+]

4/29/2011

Os luns con ciencia continúan o 2 de maio cunha charla sobre o corazón en situacións límite

“Como se trata ao paciente con infarto agudo de miocardio en Galicia?”[+]

4/27/2011

O Aquarium Finisterrae estrea World Press Photo 2011

Por terceiro ano consecutivo, a exposición das fotos gañadoras do concurso estréase en España no acuario coruñés, onde estará do 28 de abril ao 26 de maio. [+]

Aberta a XXIV Convocatoria dos Prismas Casa das Ciencias á Divulgación

En 2011 concederánse os Prismas de Bronce aos mellores traballos de divulgación científica nestas tres modalidades: audiovisuais, artigos xornalísticos e páxinas web. Ademais, o xurado outorgará un Prisma Especial a persoas ou institucións que se significaron pola súa contribución á divulgación científica. [+]

4/08/2011

O Dr. Castro Beiras intervén o 11 de abril nos Luns con Ciencia

“Unha viaxe ao redor do corazón: mitos e realidades. A Coruña: Corazón do Corazón”[+]

4/01/2011

Conferencia sobre innovación en transplantes, o luns 4 de abril na Domus

"Transplante pulmonar: a innovación ao servizo dos pacientes". Con este título a Domus acollerá o luns, 4 de abril, ás 20 horas, a charla impartida polo Dr. José María Borro, Xefe do Programa de Transplante Pulmonar e Xefe de Servizo de Cirurxía Torácica do CHUAC. [+]

3/30/2011

Comeza o Encontro Internacional "Conservando a Riqueza da Vida na Terra"

Este encontro, organizado polos Museos Científicos Coruñeses e o Ceida, ten o obxectivo de dar a coñecer os desafíos aos que se enfronta a conservación da riqueza da vida na Terra, tanto desde unha perspectiva global como facendo referencia a diferentes lugares emblemáticos do planeta. Celebraráse do 13 ao 15 de abril. [+]

3/29/2011

II Taller de Manitas na Domus. Aberta a inscrición

Participa na creación de módulos interactivos[+]

3/28/2011

3/23/2011

Que cuestión lle interesaría coñecer sobre a ENERXIA NUCLEAR?

Os Museos Científicos Coruñeses preparan unha Monografía de Comunicación Científica sobre “Enerxía Nuclear”[+]

3/16/2011

3/15/2011

Que cuestión lle interesaría coñecer sobre a enerxía solar?

Os Museos Científicos Coruñeses preparan unha Monografía de Comunicación Científica sobre "Enerxía solar"[+]

3/10/2011

O 14 de marzo se abre a inscrición para o tercer trimestre de Merendas no Aquarium

As Merendas no Aquarium están pensadas para nenos e nenas de entre 4 e 13 anos[+]

3/03/2011

Comenza o III ciclo Luns con Ciencia: "A saúde é o primeiro"

O luns 14 de marzo se celebra a primeira conferencia[+]

3/01/2011

Achegarte 2011, en Palexco

Achegarte 2011 en Palexco[+]

Exposición "A vida no límite. As expedicións Bentart"

Nova exposición fotográfica no Aquarium Finisterrae[+]

2/24/2011

Exposición "A Granxa Agrícola Experimental de Galicia"

Nova exposición sobre "A Granxa Agrícola Experimental de Galicia"[+]

Merendas no Aquarium dedicadas a cociñar con "peixe correcto"

As Merendas no Aquarium estarán dedicadas ata final de curso a cociñar con "peixes correctos"[+]

2/18/2011

A Domus convoca o Taller de Manitas

Aberto o prazo de inscrición nesta actividade gratuita, coa que invitamos ao público para que participe na construción de interactivos que se expoñerán nas salas da Domus. [+]

2/16/2011

«Cociñar respectando o medio ambiente», conferencia na Domus o xoves 17 de febreiro

O xoves 17 de febreiro ás 20 horas a Domus acolle a presentación de Energcocina, unha iniciativa sobre como mellorar a alimentación sen descoidar o medioambiente, coas intervencións do chef Flavio Morganti e o empresario Rubén Jiménez. [+]

O Aquarium Finisterrae presenta a exposición «Liv»

«Liv» é unha exposición fotográfica de Carlos Cid. A mostra alóxase na nova sala "Artista invitad@", un espazo do Aquarium Finisterrae para presentar novidades da arte relacionados coa ciencia e o mar. [+]

2/12/2011

Misterdarwin.eu, a primeira exposición web de mc2, celebra o Día Darwin

Os Museos Científicos Coruñeses (=mc2) celebran o Día Darwin, 12 de febreiro, coa presentación dunha páxina web específica sobre o soado científico e a súa teoría da evolución. É a primeira exposición online dos mc2. [+]

2/11/2011

Os Museos Científicos Coruñeses abren as Galerías da Universidade da Coruña

O Aquarium Finisterrae abre unha galería que presenta en sociedade o labor investigador de equipos científicos que traballan na Coruña. O novo espazo expositivo, froito da colaboración entre a Universidade da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses, inaugúrase para celebrar o Ano Internacional da Química [+]

2/08/2011

Novo programa de atención a grupos escolares no Aquarium Finisterrae


O Aquarium Finisterrae substitúe as visitas guiadas para grupos escolares por un renovado paquete de actividades e talleres. As visitas experimentais, máis dinámicas e interactivas, aproveitan as novas infraestructuras tecnolóxicas da Casa dos Peixes e conectan mellor a ciencia coa vida cotiá. [+]

2/06/2011

Os Museos Científicos Coruñeses abren un ciclo de conferencias na nova Biblioteca do Forum, o luns 7 de febreiro

O director dos Museos Científicos Coruñeses, Xosé A. Fraga, falará o luns 7 de febreiro ás 19.30 horas sobre a Granxa agrícola de Monelos, un centro que foi pioneiro na aplicación da ciencia ao labor agrícola. [+]

2/04/2011

A Domus presenta a instalación artística «Familias. Xenética de parecidos»

Ciencia e arte danse a man na Domus, con esta proposta estética de Xosé Teiga que pretende facer reflexionar sobre ese equilibrio inestable existente entre os vínculos humanos, representados nesta situación polo grupo familiar. [+]

1/25/2011

Os Museos Científicos Coruñeses crecen en tempos de crise

En 2010 aumentou o número de usuarios conxunto da Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae. O crecemento baséase nunha maior asistencia ás actividades e materialízase tamén nun incremento dos ingresos totais [+]

Conferencia sobre as antigas civilizacións do Próximo Oriente, o mércores 26 de xaneiro na Domus

O investigador Juan Luis Montero e o fotógrafo Eloy Taboada falarán ás 8 da tarde sobre o Proxecto Arqueolóxico Medio Éufrates Sirio (PAMES). Esta conferencia serve de clausura á exposición fotográfica «éufrates: Un río de Historias» [+]

1/21/2011

O Aquarium Finisterrae presenta a exposición «Traspasar Fronteiras»

A mostra repasa as relacións científicas hispanoalemanas no século XIX e
principios do XX, así como as estanzas de destacadas personalidades alemás
en España e viceversa. [+]