1/25/2011

Conferencia sobre as antigas civilizacións do Próximo Oriente, o mércores 26 de xaneiro na Domus

O investigador Juan Luis Montero e o fotógrafo Eloy Taboada falarán ás 8 da tarde sobre o Proxecto Arqueolóxico Medio Éufrates Sirio (PAMES). Esta conferencia serve de clausura á exposición fotográfica «éufrates: Un río de Historias» [+]