5/27/2011

"A obesidade, o buraco negro metabólico", charla na Domus o luns 30 de maio

Os problemas da obesidade centrarán a próxima sesión do ciclo Luns con Ciencia, que se celebrará o próximo 30 de maio da Domus. A charla será ofrecida polo Dr. Fernando Cordido, especialista en Endocrinoloxía e Nutrición do CHUAC. [+]

5/25/2011

O xoves 26 remata no Aquarium Finisterrae a exposición «World Press Photo 2011»

Máis de 23.000 persoas visitaron a exposición, estreada o pasado 28 de abril, que recolle as mellores fotografías realizadas por fotoxornalistas de todo o mundo durante o pasado ano. [+]

O Aquarium Finisterrae participará no proxecto europeo «Sea For Society»

O obxectivo do proxecto «Sea For Society» é promover, organizar e poñer en práctica actividades que permitan a diferentes axentes e ao público dialogar sobre os problemas e cuestións claves do uso do océano como fonte de recursos. [+]

5/20/2011

"Do home primitivo ao home obeso", charla do Dr. Ovidio Vidal na Domus o luns 23 de maio

O Dr. Ovidio Vidal, xefe do Servizo de Endocrinoloxía do CHUAC, ofrecerá unha charla sobre a obesidade na Domus, o 23 de maio ás 20:00, dentro do ciclo "Luns con Ciencia". [+]

5/18/2011

"Cegos ante o cambio", unha proposta colaborativa de mc2 para celebrar o Día dos Museos

Os Museos Científicos Coruñeses convídanvos a participar nunha experiencia online colaborativa: "Cegos ante o cambio". Un xogo de preguntas e respostas para entender mellor o noso cerebro, da man do neurocientífico Xurxo Mariño. [+]

5/17/2011

18 de maio, Día Internacional dos Museos

O mércores 18 de maio, con motivo do Día Internacional dos Museos, celébrase unha xornada de portas abertas na Casa das Ciencias, na Domus e no Aquarium Finisterrae. [+]

5/12/2011

O acuario abre gratis o sábado 14 dende as 18 até as 24 horas

Como prólogo ao Día Internacional dos Museos, e dentro da iniciativa "Baixo as estrelas", a entrada ao Aquarium Finisterrae será gratuíta o sábado 14 de maio dende as 6 da tarde até as 12 da noite. [+]

5/06/2011

O Aquarium Finisterrae experimenta a maduración submarina do viño Ribeiro

O pasado xoves 5 de maio tivo lugar a colocación de tres botellas de viño Ribeiro de Emllio Rojo no interior do tanque da sala Nautilus, que fará de adega experimental ata finais de ano. [+]

Charla sobre exercicio físico e corazón, o 9 de maio no ciclo "Luns con ciencia"

A conferencia "Exercicio físico, deporte e corazón. Podemos previr?", que se celebra o próximo 9 de maio, será ofrecida polo Dr. Lorenzo Monserrat, director da Unidade de Cardiopatías Familiares do CHUAC. [+]

5/04/2011

O sábado 7 de maio, XV Día da Ciencia na Rúa

O Parque de Santa Margarita acolle o sábado 8 de maio a decimoquinta edición do Día da Ciencia na Rúa, unha romería científica con actividades preparadas por estudantes e profesores de 24 centros educativos. [+]

5/03/2011

«Paisaxes neuronais», ciencia e arte na nova exposición da Domus

A Domus presenta unha colección de sorprendentes e belas imaxes científicas que recordan ás obras de artistas. «Paisaxes neuronais» explora a evolución do coñecemento do sistema nervioso desde tempos de Cajal ata hoxe. [+]

Novos horarios nos Museos Científicos Coruñeses para maio e xuño de 2011

Desde ao 2 de maio até o 30 de xuño, de luns a venres abrimos unha hora máis (até as 19:00) na Casa das ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae. [+]