8/12/2011

Asiste ao seminario web «A NASA desde primeira fila con Wicho», no e-Museo de mc2

O e-Museo de mc2 recupera a conferencia de Wicho na Domus sobre o último lanzamento dun transbordador espacial e achégacha en formato 'slidecast'. Escoita a charla sincronizada coas diapositivas, que conteñen fotos exclusivas do Centro Espacial Kennedy e ligazóns con información complementaria. [+]

8/09/2011

Perseidas 2011: Choiva de estrelas no Planetario, do 8 ao 14 de agosto

Do 8 ao 14 de agosto as sesións en directo das 18.00 horas no Planetario da Casa das Ciencias están dedicadas á choiva das Perseidas. O resto de sesións tamén contarán con recomendacións para observalas. [+]

8/08/2011

A exposición "Piratas no cómic" segue en setembro no Aquarium Finisterrae

Dentro da XIV edición do Salón Internacional do Cómic "Viñetas desde o Atlántico”, o Aquarium Finisterrae conta coa exposición “Piratas no cómic”. A exposición, comisariada por Antoni Guiral, mostra curiosas imaxes dos personaxes favoritos do cómic no rol de piratas. [+]

8/03/2011

Conferencia de Wicho na Domus sobre o derradeiro lanzamento dun transbordador espacial, o Atlantis

Javier Pedreira “Wicho”, traballador dos Museos Científicos Coruñeses e coautor do blog Microsiervos, contará como viviu en directo o lanzamento do último transbordador espacial, o Atlantis. A charla será na Domus o venres 5 de agosto ás 19.00. A entrada é gratuíta e o aforamento limitado. [+]