O luns 3 de outubro ábrese o prazo de inscrición para o primeiro trimestre do curso 2011-2012. As «Merendas no Aquarium» están pensadas para nenos e nenas de entre 4 e 13 anos, que realizan unha actividade e terminan tomando un chocolate con churros. [+]
9/28/2011
«Orixes», unha exposición da Obra Social “la Caixa” coa colaboración dos Museos Científicos Coruñeses
A Obra Social "la Caixa", o Concello da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses presentan a exposición «Orixes. Cinco fitos na evolución humana», que estará na Coruña do 27 de setembro ao 1 de novembro de 2011, nunha carpa situada nos Xardíns de Méndez Núñez. [+]
9/27/2011
Gañadores dos premios Prismas á Divulgación 2011
Un documental sobre a aparición dos primeiros seres humanos europeos, un artigo que relata a controversia que rodeou ao ruso Perelman tras solucionar unha das máis famosas conxecturas matemáticas, e un sitio web que constitúe un museo virtual interactivo obtiveron os Prismas de Bronce nesta XXIV convocatoria. Margarita Salgas obtivo o Prisma Especial do Xurado, dotado por PharmaMar grupo Zeltia con 9.000 euros. [+]
9/26/2011
Nova edición de ExploraDomus, actividades infantís para a fin de semana
Aberta a inscrición para as sesións de ExploraDomus do curso 2011-2012, que comezan o vindeiro sábado 1 de outubro. Os participantes explorarán a ciencia nas súas contornas máis próximas: a cociña, o baño, o patio... [+]
9/15/2011
«O traballo infantil en Bangladesh», nova exposición fotográfica na Domus
O fotógrafo José Alfonso presenta na mostra, producida por Intervida, 30 imaxes coas que pretende concienciar á sociedade sobre a situación dos nenos nese país asiático. [+]
9/12/2011
Arranca o curso 2011-2012 nos Museos Científicos Coruñeses
Novo programa de planetario na Casa das Ciencias, novo taller de experimentación na Domus e novo espazo de actualidade científica no Aquarium Finisterrae. Os centros escolares xa poden facer as reservas para visitarnos. [+]