11/28/2011

Descarga gratis a conferencia de Margarita Salas: "De la bioquímica a la biología molecular"

Descobre a historia da bioloxía molecular da man de Margarita Salas, unha das protagonistas desta revolución científica. Galardoada co Prisma Especial do Xurado, a Dra. Salas impartiu esta conferencia o pasado 12 de novembro na Domus, como antesala á entrega dos XXIV Premios Prismas. [+]

11/25/2011

«Unha mirada ao mar desde a Torre de Hércules», conferencia na Domus o mércores 30 de noviembre

A Domus convida á mirar ao mar coruñés cos ollos dun oceanógrafo: Ricardo Prego, investigador do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC, dá unha charla sobre as características do mar que rodea a cidade da Coruña. O mércores 30 de novembro ás 20 horas. [+]

11/12/2011

Entregados os XXIV Premios Prismas 'Casa das Ciencias' á Divulgación

A cerimonia de entrega dos premios Prismas celebrouse o sábado 12 de novembro no Concello da Coruña.

Obtiveron os Prismas de Bronce un documental sobre a aparición dos primeiros seres humanos europeos, un artigo sobre a discutida solución a unha conxectura matemática e un sitio web que constitúe un museo virtual interactivo. A bioquímica Margarita Salas obtivo o Prisma Especial do Xurado. [+]

11/11/2011

Conferencia de Margarita Salas, o sábado 12 de novembro na Domus

A Dra. Margarita Salgas, galardoada co premio Prisma Especial do Xurado, imparte a conferencia "Da bioloxía molecular á biomedicina". O sábado 12 de novembro, ás 11:00 na Domus, como antesala á entrega dos XXIV Premios Prismas. [+]

11/10/2011

Presentación do documental «En busca del primer europeo», o venres 11 na Domus

Co gallo da Semana da Ciencia, o venres 11 de novembro ás 20:30 preséntase na Domus o audiovisual gañador do premio Prisma 2011. Un documental de Televisión Española e Turkana Films que relata a historia da chegada da especie humana ao continente europeo. [+]

11/09/2011

«Química, Benefactora da Humanidade», conferencia na Domus o xoves 10 de novembro

Conferencia Impartida por Manuel-Luís Casalderrey García, con motivo do Ano Internacional da Química (AIQ) (2011). Nela móstranos como a química está presente en moitos aspectos do mundo que nos rodea, facilitando e até determinando a nosa vida. [+]

O documental "Do mito á razón", gratis na Domus o mércores 9 de novembro

Co gallo da Semana da Ciencia, a Domus acolle a proxección gratuíta de "Do mito á razón". Este documental expón unha viaxe ao mundo das ideas que revolucionaron a nosa forma de entender e relacionarnos co universo que nos rodea. Escrito, dirixido e presentado por Rubén Lijó, convídanos a penetrar na ciencia como algo próximo e con repercusión directa no noso día a día. [+]

11/08/2011

"Atapuerca, Arco da Vella da evolución humana", nova exposición de acuarelas na Domus

Nesta exposición de acuarelas, producida pola Fundación Atapuerca, están presentes de forma recorrente os lugares, os achados, a actividade humana e os animais e plantas que conviven coas escavacións arqueolóxicas dos xacementos da Serra de Atapuerca. [+]

11/04/2011

Semana da Ciencia 2011, do 7 ao 13 de novembro nos tres Museos Científicos Coruñeses

Ao longo de toda a semana haberá entrada gratuíta á Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae. A programación especial inclúe a entrega dos premios Prismas, unha conferencia da Dra. Margarita Salgas, a presentación dun documental e duna exposición. [+]