Cada ano, miles de fotógrafos de todo o mundo —profesionais e afeccionados, nenos e adultos— participan no concurso Wildlife Photographer of the Year, que organiza a BBC e o Natural History Museum de Londres desde 1964. [+]
6/27/2011
Descarga gratis a monografía "Enerxía solar"
Xa podes ver e descargar "Enerxía solar" no e-Museo de mc2. Coa súa duodécima monografía de comunicación científica, os Museos Científicos Coruñeses queren dar respostas ao interese da sociedade sobre fontes de enerxía pouco contaminantes. [+]
6/24/2011
Os Museos Científicos Coruñeses distribúen gratis una monografía sobre enerxía solar o domingo 26 de xuño
Esta publicación ofrece aos cidadáns respostas de xeito breve, concreto e nunha linguaxe comprensible. A información acompáñase de imaxes e gráficos que contribúen a comprender mellor os contidos. [+]
6/23/2011
Descarga gratis as conferencias do III ciclo "Luns con Ciencia"
O e-Museo de mc2 achégache as conferencias do último ciclo de divulgación científica celebrado na Domus, centrado en temas de saúde. Xa podes escoitar e descargar as charlas do primeiro bloque, dedicado aos transplantes. O martes 28 de xuño publicamos o segundo bloque (hábitos cardiosaludábeis) e o xoves 30, o terceiro (obesidade). [+]
6/22/2011
«A enerxía solar», novo espazo interactivo no e-Museo de mc2
Os Museos Científicos Coruñeses (=mc2) presentan un paquete de recursos dixitais sobre a enerxía solar, que inclúe materiais multimedia, test, infografía e o primeiro xogo online dos mc2: "Tira ao fotón". [+]
6/21/2011
A Domus estrea un obradoiro experimental sobre fabricación de fármacos
Coa actividade "Como se desenvolven os fármacos?", a Domus participa no proxecto europeo "Xplore Health" para construír unha web sobre a investigación máis actual en saúde. [+]
6/20/2011
Descarga gratis a monografía «Accidente nuclear»
Xa podes ver e descargar "Accidente nuclear" no e-Museo de mc2. Coa súa undécima monografía de comunicación científica, os Museos Científicos Coruñeses queren dar respostas á preocupación pola seguridade das centrais nucleares, espertada tras o accidente de Fukushima. [+]
6/17/2011
Os Museos Científicos Coruñeses distribúen gratis a monografía "Accidente nuclear" o sábado 18 de xuño
A distribución realizarase o sábado 18 de xuño cos xornais La Voz de Galicia, El Ideal Gallego e La Opinión. Coa súa undécima monografía de comunicación científica, os Museos Científicos Coruñeses queren dar respostas ás inquedanzas despertadas co accidente nuclear de Fukushima (Japón). [+]
Clausura do III ciclo "Luns con Ciencia" cunha charla sobre a loita contra a obesidade
Ao acto de clausura asistirán representates das entidades organizadoras, UDC, CHUAC e Museos Científicos Coruñeses. A terceira edición do ciclo segue viva no e-Museo, onde se poderán escoitar e descargar as conferencias en MP3 [+]
Fallo do XIII Premio Luis Freire de Investigación Científica para Escolares
Catro alumnos do IES Universidade Laboral de Ourense gañan o concurso polo traballo "Pódese empregar auga dos deshumidificadores nas baterías eléctricas?" O Xurado destacou desta investigación a aplicación coherente da metodoloxía científica para resolver problemas concretos plantexados no seu entorno. [+]
6/16/2011
"O peixe pescador", un vídeo do Aquarium Finisterrae que mostra o fulminante ataque dos peixes sapo
O Aquarium Finisterrae logrou medir a velocidade do ataque dos peixes sapo, que resulta ser dunhas poucas centésimas de segundo, e presenta os resultados nun novo vídeo do e-Museo de mc2. [+]
6/15/2011
Descarga a guía didáctica da exposición "Eureka!"
Os Museos Científicos Coruñeses presentan a guía da exposición "Eureka! Ciencia e creatividade", un completo caderno didáctico cheo de actividades para complementar a visita ao museo. [+]
6/13/2011
e-Museo de mc2: Nace o cuarto museo científico
O e-Museo que nace hoxe é un museo online e aberto á participación dos internautas. Contén unha colección de materiais de divulgación producidos polos outros tres centros de ciencia coruñeses: Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae. [+]
6/10/2011
Renovada a exposición "Palabras da ciencia" na Casa das Ciencias
A exposición sobre actualidade científica da Casa das Ciencias experimenta novidades que a achegan máis aos intereses da cidadanía. [+]
Charla na Domus sobre os efectos colaterais da diabete, o luns 13 de xuño
A charla será ofrecida polo Dr. Alfonso Soto González, especialista en endocrinoloxía e nutrición do CHUAC, ás 20.00 na Domus. [+]
6/08/2011
Presentación dun libro sobre o ecoloxismo en España, o xoves 9 na Domus
"Ecologíada, 100 batallas. Medio ambiente y sociedad en la España reciente" é o libro de Pedro Costa Morat que se presenta ás 20 horas na Domus. A continuación terá lugar un coloquio entre o autor e outros expertos. [+]
6/03/2011
«Cores do Mar», exposición fotográfica do científico Ángel Carracedo no Aquarium Finisterrae
A Sala Artista Invitad@ do Aquarium Finisterrae acolle a estrea neste ámbito do científico Ángel Carracedo, xenetista e catedrático de Medicinal Legal da Universidade de Santiago de Compostela. [+]
Charla sobre biotecnoloxía e diabetes na Domus, o luns 6 de xuño
A charla será ofrecida pola Dra. Teresa Martínez Ramonde, especialista de endocrinoloxía e nutrición do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC). [+]
6/02/2011
María Wonenburger entra no Paseo das Ciencias
Desde o 1 de xuño de 2011 María Wonenburger, destacada matemática galega, ten o seu recoñecemento cun monolito instalado na súa honra no Paseo das Ciencias, situado no Parque de Santa Margarita (A Coruña). [+]
Os móbiles causan cáncer? A Wikiteca de mc2 analiza o veredicto da OMS
Que significa a categoría científica "posiblemente canceríxeno"? A Wikiteca de mc2 axuda a dixerir o veredicto da OMS sobre móbiles e cáncer. Ademais abrimos unha canle para recoller a dúbidas, inquedanzas e opinións do público sobre este tema. [+]