12/20/2012

Estrea da película en 3D "O último arrecife" no cinema da Domus

O venres 21 de decembro ás 18.00 horas, estrea en 3D da película "O último arrecife" no cinema da Domus. Un filme que convida a mergullarse nos iridiscentes arrecifes tropicais, para coñecer a beleza e relevancia de todos os seus habitantes. [+]

12/18/2012

A Casa das Ciencias acolle o 28 de decembro o concerto "Sonata do Soño: Aquófono micronecta"

O Planetario da Casa das Ciencias será o auditorio do aquófono, un instrumento artesanal con forma de escultura sonora.O 28 de decembro haberá dúas sesións, ás 18 e 20 horas. As entradas están xa dispoñibles na Casa das Ciencias, en horario de 10 a 19 horas. [+]

12/14/2012

Actividades especiais de Nadal na Casa das Ciencias

Os nenos e nenas de entre 6 e 10 anos poderán participar no taller "Maxia, Péndulos e Ciencia das Sombras" os días 26, 27 e 29 de decembro e o 3 e 4 de xaneiro, que impartirá o ilusionista Kiko Pastur. Para inscribirse hai que chamar previamente ao teléfono 981 189 844, a partir do luns 17 en horario de 10.00 a 19.00. Ademais, o 28 de decembro terá lugar o concerto "Sonata do Soño: Aquófono micronecta", con dúas sesións ás 18.00 e 20.00 horas. [+]

12/10/2012

Curso de Astronomía para profesores, na Casa das Ciencias

A inscrición ábrese o martes 11 de decembro na dirección unawe@casaciencias.org O curso, dirixido a profesores de Educación Infantil e Primaria, terá lugar o 18 e 19 de xaneiro de 2013 no Planetario e na sede da Fundación Barrié na Coruña. [+]

12/07/2012

ExploraDomus, edición especial de Nadal

O luns 10 de decembro ábrese o prazo de inscrición. ExploraDomus é un taller de actividades na Domus pensado para nenos e nenas de 6 a 10 anos. Celebraranse sesións ás 11:45 e 16:45 horas os seguintes días: 26, 27, 28 e 31 de decembro, 2, 3 e 4 de xaneiro. [+]

12/05/2012

Talleres de biotecnoloxía para escolares, no novo «Laboratorio aberto» da Domus

A Domus presenta un novo espazo de experimentación onde o científico es ti. Este «Laboratorio aberto» inaugúrase con tres talleres sobre biotecnoloxía, enmarcados dentro do proxecto Xplore Health e destinados a escolares de 14 a 18 anos. [+]

11/30/2012

Nova edición de "Durmindo con Tiburóns", este Nadal no Aquarium Finisterrae

O luns 3 de decembro ábrese o prazo de inscrición para unha nova edición da actividade infantil, destinada a participantes de 7 a 11 anos que poderán alimentar eles mesmos aos animais do Aquarium e durmir rodeados de peixes na Sala Nautilus. [+]

11/19/2012

Entrada gratis o 24 e 25 de novembro, para celebrar os XXV Premios Prismas

A entrada será gratis á Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae, e tamén aos seus salas de proxección. O certame de divulgación científica máis prestixioso de España celebra as súas vodas de prata, cun acto no Concello da Coruña o sábado 24. [+]

11/10/2012

Semana da Ciencia 2012, do 12 ao 18 de novembro

Ao longo de toda a semana haberá entrada gratuíta á Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae. A programación especial inclúe a estrea dunha nova sala de experimentación na Domus e a inauguración de dúas exposicións fotográficas [+]

11/03/2012

Fallo do Xurado dos Premios Prismas 2012

Obtiveron os Prismas de Bronce na súa XXV convocatoria un audiovisual que rebate o mito de que o home non chegou á Lúa, unha web de actualidade científica elaborada por máis de cen científicos e divulgadores, un artigo sobre un proxecto para obter mostras directas do manto da Terra, un texto inédito sobre o cerebro e a vida cotiá, e un libro sobre a neurobiología. Ramón Núñez Centella obtivo o Prisma Especial do Xurado, pola súa vocación e compromiso coa cultura e a educación científicas. [+]

10/31/2012

A Domus leva «A revolución biotecnolóxica» ás aulas

O sábado 17 de novembro a Domus celebra un curso para achegar «A revolución biotecnológica» ao ensino, no marco do proxecto Xplore Health e destinado a profesores de secundaria de Galicia. [+]

10/23/2012

Aberta a inscripción para o curso de astronomía da Casa das Ciencias

A Casa das Ciencias celebrará un novo curso de astronomía do 19 ao 22 de novembro en horario de 19.30 a 21.30. A inscrición xa está aberta no 981 189 846. A actividade está recomendada para maiores de 14 anos sen coñecementos previos en astronomía. [+]

10/05/2012

O acceso en vehículo á Domus e o Aquarium Finisterrae estará cortado o domingo 7 de outubro pola mañá

Debido á celebración da carreira popular “Coruña 10” este domingo, 7 de outubro, o acceso en vehículo ao Aquarium Finisterrae e á Domus non será posible ao longo da mañá, polo que se recomenda acudir a pé. [+]

Volven as «ExploraDomus», actividades infantís para as fins de semana

O luns 8 de outubro ábrese o prazo de inscrición para as sesións, que se celebrarán desde o 20 de outubro até decembro. Os participantes explorarán a ciencia nas súas contornas máis próximas, comezando con experimentos relacionados co cuarto de baño. [+]

9/28/2012

Nova edición das Merendas do Aquarium Finisterrae

O luns 1 de outubro ábrese o prazo de inscrición a partir das 8.30 horas no teléfono 981 189 842. Para nenos e nenas de entre 4 e 13 anos, que nas tardes dos sábados realizarán unha actividade e despois merenderán chocolate con churros na cantina do acuario. [+]

9/27/2012

Luras no Aquarium Finisterrae

Por primeira vez o Aquarium Finisterrae da Coruña mostra aos seus visitantes un espectáculo natural inédito nun acuario: unha ducia de exemplares da especie Loligo vulgaris, a lura ou chipirón das costas galegas. Até o momento, ningún acuario lograra mostrar tantos 'Loligo vulgaris' auténticos, debido á complexidade da súa adaptación. [+]

9/21/2012

Nova edición de ExploraDomus Escola, unha actividade para os escolares de primaria

O luns 24 de setembro comeza a inscrición para as sesións do curso 2012-2013, nas que os grupos escolares investigarán a ciencia que se esconde detrás da cociña. Os talleres realizaranse na Domus os martes ás 11:00. [+]

9/19/2012

Animais bioluminiscentes no Aquarium Finisterrae

O Aquarium Finisterrae incorpora á súa colección biolóxica unha vintena de ctenóforos, uns animais invertebrados que reflicten a luz, comportándose como arcos da vella vivintes. De apariencia similar ás medusas, pertencen a outro grupo zoolóxico diferente e viven en profundidades de ata 3.000 metros. [+]

8/31/2012

Aberta a convocatoria dos XXV Premios Prismas 'Casa das Ciencias' á Divulgación

Na súa 25ª edición, os premios Prismas amplían a súa convocatoria a 6 categorías: audiovisuais, sitios web, textos inéditos, libros editados, artigos xornalísticos e premio especial do xurado. O prazo de presentación finaliza o 1 de outubro de 2012. [+]

8/06/2012

"Directos ao Planetario": 'Curiosity' en Marte + choiva de estrelas fugaces

As estrelas fugaces acoden á súa cita anual co ceo de verán e Casa das Ciencias mostra as claves para poder observalas, do 8 ao 15 de agosto no Planetario. As sesións en directo das 13 e 19 horas explicarán a choiva das Perseidas e tamén a complexa aterraxe do 'Curiosity' en Marte. [+]

8/01/2012

«As paisaxes do cerebro», nova exposición na Domus

A Domus presenta “As paisaxes do cerebro”, unha exposición na que pintura e neurociencia danse a man. Os cadros de José Rodrigo convidan a contemplar e gozar a complexa estrutura da cortiza cerebral, do hipocampo e do cerebelo, coma se fosen paisaxes. [+]

7/27/2012

«Eureka!», nova exposición online dos Museos Científicos Coruñeses

Eurekaciencia.org é unha nova web con interactivos e recursos multimedia sobre ciencia e creatividade. Unha experiencia online que complementa a visita á exposición "Eureka!", da Domus. [+]

7/09/2012

A Domus organiza o taller Obradoirobot, o martes 17 de xullo

Unha actividade de xogos cun robot móbil guiado por intelixencia artificial, que require nscripción previa no 981 189840. Organizada pola Unidade de Sistemas Intelixentes do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información da USC (CITIUS). [+]

«Fotciencia9», nova exposición de fotografía científica na Domus

Do 9 ao 31 de xullo a Domus exhibe as imaxes gañadoras da 9ª edición do Certame Nacional de Fotografía Científica. [+]

7/05/2012

Fotógrafos da Natureza 2012, no Aquarium Finisterrae

Descobre as fotografías de natureza galardoadas na última edición do concurso GDT European Wildlife Photographer of the Year. Unha colección que inspira e alenta o interese por coñecer e defender a marabillosa natureza que nos rodea. [+]

6/14/2012

Recta final do programa "Doa a túa neurona"

Doar neuronas é máis doado do que pensas. Constrúe unha neurona utilizando os materiais de manualidades que prefiras e envíaa antes do 30 de xuño. A túa creación formará parte dunha gran rede neural que se exhibirá na Domus. [+]

6/09/2012

Fallo do XIV Premio Luis Freire de Investigación Científica para Escolares

Unha investigación sobre o efecto dos incendios sobre a desertización dos montes obtivo o primeiro premio[+]

6/08/2012

Final do premio Luís Freire, o sábado 9 na Domus

Alumnos de Secundaria de cinco equipos A Coruña, Viana do Bolo e Folgoso do Courel defenderán os seus traballos na final do XIV Premio Luís Freire de Investigación Científica para Escolares, que se celebrará o sábado 9 de xuño, na Domus (A Coruña) a partir das 11 da mañá. [+]

6/05/2012

Sepias e fauna profunda, nos novos acuarios da Casa dos Peixes

Co gallo da celebración do decimoterceiro aniversario do Aquarium Finisterrae e do Día Mundial de Medio Ambiente, presentamos dúas novas intervencións acuariolóxicas na sala Maremagnum: sepias e fauna profunda: unha colonia de sepias e un grupo de curiosos animais das profundidades. [+]

6/04/2012

"Xelatina viva: substituirán as medusas aos peixes?", conferencia de Antonio Bode o martes 5 na Domus

Unha actividade gratuíta que ten lugar na Domus o 5 de xuño ás 20 horas. Con motivo da celebración do decimotercer aniversario do Aquarium Finisterrae e do Día Mundial de Medio Ambiente, convidámosvos a esta charla dun investigador do Instituto Español de Oceanografía. [+]

5/16/2012

O venres 18 de maio, Día Internacional dos Museos, entrada gratis e abrimos até as 11 da noite

A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abrirán ao público de forma gratuíta desde as 10 da mañá até as 11 da noite do venres 18 de maio. As persoas que se acheguen a calquera do tres centros nesta xornada poderán visitar as súas exposicións e participar nas actividades e proxeccións programadas, sen ningún custo adicional. [+]

5/07/2012

Nova edición de “Durmiendo con Tiburóns”, con sesións de fin de semana en maio e xuño

O martes 8 de maio comeza o prazo de inscrición nunha nova edición de «Durmindo con Quenllas», unha actividade infantil (7-11 anos). Os participantes poderán alimentar eles mesmos aos animais do Aquarium Finisterrae e durmir rodeados de peixes na Sala Nautilus. [+]

5/03/2012

O sábado 5 de maio, XVII Día da Ciencia na Rúa no Parque de Santa Margarita

Centos de estudantes e profesores de 20 centros educativos, así como membros de numerosas entidades encherán con actividades as 33 carpas e espazos de lecer instalados nas inmediacións da Casa das Ciencias. Os 3 Museos Científicos Coruñeses súmanse ao Día da Ciencia na Rúa con xornada de portas abertas desde as 11 da mañá.
[+]

5/02/2012

O xoves 3 de maio, conferencia sobre biotecnoloxía na Domus

A charla “O século de ouro da biotecnoloxía vexetal” será ofrecida por José María Seguí Simarro. Este investigador obtivo o Prisma Casa das Ciencias á Divulgación 2010 na modalidade de textos inéditos, por un traballo sobre o mesmo tema. [+]

4/20/2012

«A ciencia é noticia», nova exposición fotográfica no Acuario

O Aquarium Finisterrae presenta "A ciencia é noticia" unha mostra de fotoxornalismo que reflicte acontecementos científicos e eventos de actualidade como catástrofes ambientais. Ata o 24 de xuño. [+]

4/04/2012

«Biotec»: Nova actividade para grupos escolares na Domus, do 23 de abril ao 9 de maio

A Domus celebra «Biotec», un xogo para adentrarse nos secretos da biotecnoloxía. Esta actividade adáptase a alumnos de distintas idades, desde 5º de Primaria. [+]

3/30/2012

Programación especial de Semana Santa, con pases gratis do documental "En busca del primer europeo"

En Semana Santa, do 31 de marzo ao 9 de abril, o horario da Casa das Ciencias e Domus será de 11.00 a 19.00 e o do Aquarium Finisterrae de 11.00 a 20.00. Descobre aquí a programación especial que preparamos [+]

O luns 2 de abril comeza o prazo de inscrición para as Merendas no Aquarium do terceiro trimestre

As Merendas no Aquarium é unha actividade pensada para que nenos e nenas de 4 a 13 anos realicen unha experiencia científica e terminan tomando un chocolate con churros. A actividade ten lugar os sábados do curso escolar ás 17:00 horas, e para participar é necesario reservar praza chamando ao 981 189 842 (de 8:30 a 14:30 horas). [+]

3/09/2012

O luns 12 de marzo comeza o prazo de inscrición para o programa «Aventuras no Aquarium»

O Aquarium Finisterrae lanza un programa especial de actividades de fin de semana. As "Aventuras no Aquarium", pensadas para adultos e nenos maiores de 10 anos, inclúe experiencias como visitar a zona técnica e participar na alimentación das focas, ou na dos tiburóns e outros peixes. [+]

3/07/2012

A Casa das Ciencias celebra un curso de iniciación á astronomía

O Planetario da Casa das Ciencias organiza un curso de iniciación á astronomía, que se celebrará do 26 ao 29 de marzo de 2012. Este curso práctico diríxese a persoas maiores de 14 anos sen coñecementos previos na materia que desexen aprender a gozar da astronomía a primeira ollada. Aberto o prazo de inscrición. [+]

3/06/2012

A Domus organiza unha edición para grupos escolares do taller científico «ExploraDomus»

O 7 de marzo de abre a inscrición para grupos de alumnos de 6 a 10 anos. «ExploraDomus» é un programa de actividades de exploración da ciencia da contorna máis próxima. Esta convocatoria, dirixida a centros educativos, fai unha incursión na ciencia que se pode atopar na cociña e no cuarto de baño. [+]

3/02/2012

A Domus participa en KiiCS, un proxecto europeo de co-creación para a innovación

O proxecto KiiCS (Incubación do Coñecemento en innovación e creación da ciencia) estimulará os procesos creativos, involucrando a co-creadores e científicos, e fomentando o interese da mocidade na ciencia dunha maneira creativa. Unha iniciativa financiada pola Comisión Europea e dirixida por ECSITE, a rede europea de museos e centros de ciencia. [+]

2/24/2012

«Pinacoteca da Ciencia»: A beleza da vida microscópica, na Domus

A Domus presenta “Pinacoteca da ciencia”, unha exposición de imaxes científicas da Sociedade Española de Bioquímica e Bioloxía Molecular (SEBBM). Descobre a beleza dos seres microscópicos, cunha mirada artística e orixinal sobre os procesos biolóxicos. [+]

2/14/2012

«Doa a túa neurona»: a Domus convida aos escolares a participar na creación dunha exposición

Co gallo do “Ano da Neurociencia en España”, a Domus convoca un programa de participación escolar para crear unha gran rede neural que se exporá na sala principal de exposicións. Prazo aberto até o 30 de xuño. [+]

2/10/2012

Máis de 150 traballos están xa en marcha no Premio Luís Freire

Conclúe a primeira fase do certame de investigación para escolares convocado polos Museos Científicos Coruñeses. A participación no Premio Luís Freire 2012 bate a marca nos 14 anos de historia do premio. [+]

2/02/2012

Investigadores da UdC imparten charlas para alumnos de Bacharelato no Aquarium Finisterrae

Para achegar a investigación mariña ao público, o Aquarium Finisterrae conta coa colaboración de investigadores da Universidade dá Coruña, que realizarán presentacións duns 20 minutos especialmente dirixidas aos grupos de alumnos de bacharelato que visitan o Aquarium. O resto de persoas que visiten nese momento as instalacións do acuario poderán sumarse se o desexan á actividade.
[+]

1/17/2012

«Fotciencia8», un retrato fotográfico da ciencia española na Domus

A Domus presenta, até o 19 de febreiro, as mellores imaxes da ciencia española. «Fotciencia8» reúne a gañadores e finalistas da 8ª edición do certame nacional de fotografía científica. [+]

1/12/2012

O XIV Premio Luis Freire busca novos talentos científicos entre os estudantes galegos de secundaria

O prazo de presentación de propostas de investigación está aberto ata o 30 de xaneiro de 2012. O XIV Premio Luis Freire de Investigación Científica para Escolares está convocado polos Museos Científicos Coruñeses e El Corte Inglés, en colaboración coa Asociación de Amigos de la Casa de las Ciencias. [+]

1/05/2012

O luns 9 ábrese a inscrición para as «Merendas no Aquarium» do segundo trimestre do curso 2011-2012

Unha actividade pensada para nenos e nenas de 4 a 13 anos na que realizan unha experiencia científica, os sábados pola tarde durante o curso escolar. Para participar é necesario reservar praza chamando ao teléfono 981 189 842, desde o luns 9 de xaneiro ás 8:30 horas. [+]