3/30/2012

Programación especial de Semana Santa, con pases gratis do documental "En busca del primer europeo"

En Semana Santa, do 31 de marzo ao 9 de abril, o horario da Casa das Ciencias e Domus será de 11.00 a 19.00 e o do Aquarium Finisterrae de 11.00 a 20.00. Descobre aquí a programación especial que preparamos [+]

O luns 2 de abril comeza o prazo de inscrición para as Merendas no Aquarium do terceiro trimestre

As Merendas no Aquarium é unha actividade pensada para que nenos e nenas de 4 a 13 anos realicen unha experiencia científica e terminan tomando un chocolate con churros. A actividade ten lugar os sábados do curso escolar ás 17:00 horas, e para participar é necesario reservar praza chamando ao 981 189 842 (de 8:30 a 14:30 horas). [+]

3/09/2012

O luns 12 de marzo comeza o prazo de inscrición para o programa «Aventuras no Aquarium»

O Aquarium Finisterrae lanza un programa especial de actividades de fin de semana. As "Aventuras no Aquarium", pensadas para adultos e nenos maiores de 10 anos, inclúe experiencias como visitar a zona técnica e participar na alimentación das focas, ou na dos tiburóns e outros peixes. [+]

3/07/2012

A Casa das Ciencias celebra un curso de iniciación á astronomía

O Planetario da Casa das Ciencias organiza un curso de iniciación á astronomía, que se celebrará do 26 ao 29 de marzo de 2012. Este curso práctico diríxese a persoas maiores de 14 anos sen coñecementos previos na materia que desexen aprender a gozar da astronomía a primeira ollada. Aberto o prazo de inscrición. [+]

3/06/2012

A Domus organiza unha edición para grupos escolares do taller científico «ExploraDomus»

O 7 de marzo de abre a inscrición para grupos de alumnos de 6 a 10 anos. «ExploraDomus» é un programa de actividades de exploración da ciencia da contorna máis próxima. Esta convocatoria, dirixida a centros educativos, fai unha incursión na ciencia que se pode atopar na cociña e no cuarto de baño. [+]

3/02/2012

A Domus participa en KiiCS, un proxecto europeo de co-creación para a innovación

O proxecto KiiCS (Incubación do Coñecemento en innovación e creación da ciencia) estimulará os procesos creativos, involucrando a co-creadores e científicos, e fomentando o interese da mocidade na ciencia dunha maneira creativa. Unha iniciativa financiada pola Comisión Europea e dirixida por ECSITE, a rede europea de museos e centros de ciencia. [+]