5/16/2012

O venres 18 de maio, Día Internacional dos Museos, entrada gratis e abrimos até as 11 da noite

A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abrirán ao público de forma gratuíta desde as 10 da mañá até as 11 da noite do venres 18 de maio. As persoas que se acheguen a calquera do tres centros nesta xornada poderán visitar as súas exposicións e participar nas actividades e proxeccións programadas, sen ningún custo adicional. [+]

5/07/2012

Nova edición de “Durmiendo con Tiburóns”, con sesións de fin de semana en maio e xuño

O martes 8 de maio comeza o prazo de inscrición nunha nova edición de «Durmindo con Quenllas», unha actividade infantil (7-11 anos). Os participantes poderán alimentar eles mesmos aos animais do Aquarium Finisterrae e durmir rodeados de peixes na Sala Nautilus. [+]

5/03/2012

O sábado 5 de maio, XVII Día da Ciencia na Rúa no Parque de Santa Margarita

Centos de estudantes e profesores de 20 centros educativos, así como membros de numerosas entidades encherán con actividades as 33 carpas e espazos de lecer instalados nas inmediacións da Casa das Ciencias. Os 3 Museos Científicos Coruñeses súmanse ao Día da Ciencia na Rúa con xornada de portas abertas desde as 11 da mañá.
[+]

5/02/2012

O xoves 3 de maio, conferencia sobre biotecnoloxía na Domus

A charla “O século de ouro da biotecnoloxía vexetal” será ofrecida por José María Seguí Simarro. Este investigador obtivo o Prisma Casa das Ciencias á Divulgación 2010 na modalidade de textos inéditos, por un traballo sobre o mesmo tema. [+]