6/14/2012

Recta final do programa "Doa a túa neurona"

Doar neuronas é máis doado do que pensas. Constrúe unha neurona utilizando os materiais de manualidades que prefiras e envíaa antes do 30 de xuño. A túa creación formará parte dunha gran rede neural que se exhibirá na Domus. [+]

6/09/2012

Fallo do XIV Premio Luis Freire de Investigación Científica para Escolares

Unha investigación sobre o efecto dos incendios sobre a desertización dos montes obtivo o primeiro premio[+]

6/08/2012

Final do premio Luís Freire, o sábado 9 na Domus

Alumnos de Secundaria de cinco equipos A Coruña, Viana do Bolo e Folgoso do Courel defenderán os seus traballos na final do XIV Premio Luís Freire de Investigación Científica para Escolares, que se celebrará o sábado 9 de xuño, na Domus (A Coruña) a partir das 11 da mañá. [+]

6/05/2012

Sepias e fauna profunda, nos novos acuarios da Casa dos Peixes

Co gallo da celebración do decimoterceiro aniversario do Aquarium Finisterrae e do Día Mundial de Medio Ambiente, presentamos dúas novas intervencións acuariolóxicas na sala Maremagnum: sepias e fauna profunda: unha colonia de sepias e un grupo de curiosos animais das profundidades. [+]

6/04/2012

"Xelatina viva: substituirán as medusas aos peixes?", conferencia de Antonio Bode o martes 5 na Domus

Unha actividade gratuíta que ten lugar na Domus o 5 de xuño ás 20 horas. Con motivo da celebración do decimotercer aniversario do Aquarium Finisterrae e do Día Mundial de Medio Ambiente, convidámosvos a esta charla dun investigador do Instituto Español de Oceanografía. [+]