8/31/2012

Aberta a convocatoria dos XXV Premios Prismas 'Casa das Ciencias' á Divulgación

Na súa 25ª edición, os premios Prismas amplían a súa convocatoria a 6 categorías: audiovisuais, sitios web, textos inéditos, libros editados, artigos xornalísticos e premio especial do xurado. O prazo de presentación finaliza o 1 de outubro de 2012. [+]

8/06/2012

"Directos ao Planetario": 'Curiosity' en Marte + choiva de estrelas fugaces

As estrelas fugaces acoden á súa cita anual co ceo de verán e Casa das Ciencias mostra as claves para poder observalas, do 8 ao 15 de agosto no Planetario. As sesións en directo das 13 e 19 horas explicarán a choiva das Perseidas e tamén a complexa aterraxe do 'Curiosity' en Marte. [+]

8/01/2012

«As paisaxes do cerebro», nova exposición na Domus

A Domus presenta “As paisaxes do cerebro”, unha exposición na que pintura e neurociencia danse a man. Os cadros de José Rodrigo convidan a contemplar e gozar a complexa estrutura da cortiza cerebral, do hipocampo e do cerebelo, coma se fosen paisaxes. [+]