8/06/2012

"Directos ao Planetario": 'Curiosity' en Marte + choiva de estrelas fugaces

As estrelas fugaces acoden á súa cita anual co ceo de verán e Casa das Ciencias mostra as claves para poder observalas, do 8 ao 15 de agosto no Planetario. As sesións en directo das 13 e 19 horas explicarán a choiva das Perseidas e tamén a complexa aterraxe do 'Curiosity' en Marte. [+]