9/28/2012

Nova edición das Merendas do Aquarium Finisterrae

O luns 1 de outubro ábrese o prazo de inscrición a partir das 8.30 horas no teléfono 981 189 842. Para nenos e nenas de entre 4 e 13 anos, que nas tardes dos sábados realizarán unha actividade e despois merenderán chocolate con churros na cantina do acuario. [+]

9/27/2012

Luras no Aquarium Finisterrae

Por primeira vez o Aquarium Finisterrae da Coruña mostra aos seus visitantes un espectáculo natural inédito nun acuario: unha ducia de exemplares da especie Loligo vulgaris, a lura ou chipirón das costas galegas. Até o momento, ningún acuario lograra mostrar tantos 'Loligo vulgaris' auténticos, debido á complexidade da súa adaptación. [+]

9/21/2012

Nova edición de ExploraDomus Escola, unha actividade para os escolares de primaria

O luns 24 de setembro comeza a inscrición para as sesións do curso 2012-2013, nas que os grupos escolares investigarán a ciencia que se esconde detrás da cociña. Os talleres realizaranse na Domus os martes ás 11:00. [+]

9/19/2012

Animais bioluminiscentes no Aquarium Finisterrae

O Aquarium Finisterrae incorpora á súa colección biolóxica unha vintena de ctenóforos, uns animais invertebrados que reflicten a luz, comportándose como arcos da vella vivintes. De apariencia similar ás medusas, pertencen a outro grupo zoolóxico diferente e viven en profundidades de ata 3.000 metros. [+]