11/30/2012

Nova edición de "Durmindo con Tiburóns", este Nadal no Aquarium Finisterrae

O luns 3 de decembro ábrese o prazo de inscrición para unha nova edición da actividade infantil, destinada a participantes de 7 a 11 anos que poderán alimentar eles mesmos aos animais do Aquarium e durmir rodeados de peixes na Sala Nautilus. [+]

11/19/2012

Entrada gratis o 24 e 25 de novembro, para celebrar os XXV Premios Prismas

A entrada será gratis á Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae, e tamén aos seus salas de proxección. O certame de divulgación científica máis prestixioso de España celebra as súas vodas de prata, cun acto no Concello da Coruña o sábado 24. [+]

11/10/2012

Semana da Ciencia 2012, do 12 ao 18 de novembro

Ao longo de toda a semana haberá entrada gratuíta á Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae. A programación especial inclúe a estrea dunha nova sala de experimentación na Domus e a inauguración de dúas exposicións fotográficas [+]

11/03/2012

Fallo do Xurado dos Premios Prismas 2012

Obtiveron os Prismas de Bronce na súa XXV convocatoria un audiovisual que rebate o mito de que o home non chegou á Lúa, unha web de actualidade científica elaborada por máis de cen científicos e divulgadores, un artigo sobre un proxecto para obter mostras directas do manto da Terra, un texto inédito sobre o cerebro e a vida cotiá, e un libro sobre a neurobiología. Ramón Núñez Centella obtivo o Prisma Especial do Xurado, pola súa vocación e compromiso coa cultura e a educación científicas. [+]