11/03/2012

Fallo do Xurado dos Premios Prismas 2012

Obtiveron os Prismas de Bronce na súa XXV convocatoria un audiovisual que rebate o mito de que o home non chegou á Lúa, unha web de actualidade científica elaborada por máis de cen científicos e divulgadores, un artigo sobre un proxecto para obter mostras directas do manto da Terra, un texto inédito sobre o cerebro e a vida cotiá, e un libro sobre a neurobiología. Ramón Núñez Centella obtivo o Prisma Especial do Xurado, pola súa vocación e compromiso coa cultura e a educación científicas. [+]