12/20/2012

Estrea da película en 3D "O último arrecife" no cinema da Domus

O venres 21 de decembro ás 18.00 horas, estrea en 3D da película "O último arrecife" no cinema da Domus. Un filme que convida a mergullarse nos iridiscentes arrecifes tropicais, para coñecer a beleza e relevancia de todos os seus habitantes. [+]

12/18/2012

A Casa das Ciencias acolle o 28 de decembro o concerto "Sonata do Soño: Aquófono micronecta"

O Planetario da Casa das Ciencias será o auditorio do aquófono, un instrumento artesanal con forma de escultura sonora.O 28 de decembro haberá dúas sesións, ás 18 e 20 horas. As entradas están xa dispoñibles na Casa das Ciencias, en horario de 10 a 19 horas. [+]

12/14/2012

Actividades especiais de Nadal na Casa das Ciencias

Os nenos e nenas de entre 6 e 10 anos poderán participar no taller "Maxia, Péndulos e Ciencia das Sombras" os días 26, 27 e 29 de decembro e o 3 e 4 de xaneiro, que impartirá o ilusionista Kiko Pastur. Para inscribirse hai que chamar previamente ao teléfono 981 189 844, a partir do luns 17 en horario de 10.00 a 19.00. Ademais, o 28 de decembro terá lugar o concerto "Sonata do Soño: Aquófono micronecta", con dúas sesións ás 18.00 e 20.00 horas. [+]

12/10/2012

Curso de Astronomía para profesores, na Casa das Ciencias

A inscrición ábrese o martes 11 de decembro na dirección unawe@casaciencias.org O curso, dirixido a profesores de Educación Infantil e Primaria, terá lugar o 18 e 19 de xaneiro de 2013 no Planetario e na sede da Fundación Barrié na Coruña. [+]

12/07/2012

ExploraDomus, edición especial de Nadal

O luns 10 de decembro ábrese o prazo de inscrición. ExploraDomus é un taller de actividades na Domus pensado para nenos e nenas de 6 a 10 anos. Celebraranse sesións ás 11:45 e 16:45 horas os seguintes días: 26, 27, 28 e 31 de decembro, 2, 3 e 4 de xaneiro. [+]

12/05/2012

Talleres de biotecnoloxía para escolares, no novo «Laboratorio aberto» da Domus

A Domus presenta un novo espazo de experimentación onde o científico es ti. Este «Laboratorio aberto» inaugúrase con tres talleres sobre biotecnoloxía, enmarcados dentro do proxecto Xplore Health e destinados a escolares de 14 a 18 anos. [+]