12/14/2012

Actividades especiais de Nadal na Casa das Ciencias

Os nenos e nenas de entre 6 e 10 anos poderán participar no taller "Maxia, Péndulos e Ciencia das Sombras" os días 26, 27 e 29 de decembro e o 3 e 4 de xaneiro, que impartirá o ilusionista Kiko Pastur. Para inscribirse hai que chamar previamente ao teléfono 981 189 844, a partir do luns 17 en horario de 10.00 a 19.00. Ademais, o 28 de decembro terá lugar o concerto "Sonata do Soño: Aquófono micronecta", con dúas sesións ás 18.00 e 20.00 horas. [+]