12/30/2013

Música en directo no Planetario da Casa das Ciencias

O 4 de xaneiro ás 20.30 horas o Planetario da Casa das Ciencias acolle «Escrita no ceo», unha actividade que funde un pouco de literatura, uns gramos de astronomía e un belisco de música en vivo. As persoas interesadas en asistir deben retirar a entrada os días 2 e 3 de xaneiro na Casa das Ciencias en horario de 10.00 a 18.00 horas. O prezo da entrada é de 2 euros. [+]

12/20/2013

Programación especial de Nadal 13-14

Ademais das exposicións, proxeccións e actividades habituais, este Nadal os Museos Científicos Coruñeses amplían a súa oferta, con actividades especiais e mais dúas estreas: un novo programa de planetario e unha nova película en 3D. [+]

Unha «Bacteria mutante» coloniza o Planetario da Casa das Ciencias

Os Museos Científicos Coruñeses presentan o programa infantil de Planetario "Bacteria Mutante", unha película para planetarios dixitais con proxección de vídeo a toda cúpula. A historia comeza nos confíns da Vía Láctea, e despois desprázase até un planeta moi similar á Terra. Alí, no fondo do océano habita a protagonista da historia: unha pequena bacteria mutante. A nova sesión terá pases diarios ás 12.00 horas (versión en galego) e ás 17.00 horas (versión en español). A maior parte das imaxes desta proxección xeráronse cunha nova técnica que mestura líquidos e pigmentos nun laboratorio. [+]

12/16/2013

Nova edición de Exploradomus Nadal

O martes 17 de decembro abre o prazo de inscrición para a edición Exploradomus Nadal en domus@casaciencias.org. A actividade é para nenos de 6 a 10 anos e haberá sesións os días 28, 29 e 30 de decembro ás 11.45 e ás 16.45. O correo electrónico de inscrición debe incluír día e hora da actividade, nome do neno, idade e un número de teléfono de contacto. [+]

12/13/2013

Este Nadal, talleres de ciencia, arte e tecnoloxía na Domus

Unha actividade dirixida a mozas de entre 14 e 18 anos que poderán aprender, nunha tarde, a deseñar videoxogos, e-téxtiles, circuítos electrónicos e robots. A inscrición xa está aberta para o catro talleres gratuítos, que se celebrarán desde o 23 de decembro ao 14 de xaneiro. [+]

12/12/2013

«Puro Swing», nova exposición interactiva sobre péndulos

A Casa das Ciencias estrea «Puro Swing», unha exposición chea de experiencias interactivas, que mostra os péndulos como instrumento crave na historia da ciencia e convida a experimentar con sorprendentes fenómenos físicos. [+]

12/03/2013

Premios KiiCS–I de arte, ciencia e tecnoloxía

O prazo de presentación de ideas está aberto até o 31 de decembro de 2013. Os Premios KiiCS-I están convocado polo Concello da Coruña-Museos Científicos Coruñeses, en colaboración coa Fundación Barrié a través da súa iniciativa educativa educaBarrié. [+]

11/30/2013

O concurso “Mete unha vaca no Aquarium” xa ten gañadora

O debuxo dunha alumna de 3º da ESO do IES Otero Pedrayo de Ourense resultou gañador. O seu deseño servirá para pintar unha escultura a tamaño real dunha vaca que formará parte da nova exposición de acuicultura no Aquarium Finisterrae. [+]

11/29/2013

Nova edición de "Durmindo con Tiburóns", este Nadal no Aquarium Finisterrae

O luns 2 de decembro ábrese o prazo de inscrición para unha nova edición da actividade infantil, destinada a participantes de 7 a 11 anos que poderán alimentar eles mesmos aos animais do Aquarium e durmir rodeados de peixes na Sala Nautilus. [+]

11/25/2013

Curso de biotecnoloxía para profesores

A Domus celebra durante xaneiro de 2014 un curso gratuíto para achegar «A revolución biotecnolóxica» á aula, no marco do proxecto Xplore Health e destinado a profesores de secundaria de Galicia. [+]

11/21/2013

Nova edición do curso de astronomía da Casa das Ciencias

O Planetario da Casa das Ciencias organiza unha nova edición do curso de iniciación á astronomía que se celebrará do 17 ao 20 de decembro de 2013. A inscrición xa está aberta no 981 189 844. [+]

11/14/2013

O Acuario estrea “A National Geographic Society: 125 anos explorando o mundo”

Nova exposición no Aquarium Finisterrae, con fotografías que narran os momentos máis representativos da revista National Geographic Society nos seus 125 anos de explorar o planeta. A entrada á exposición será gratuíta até o domingo 17 de novembro, pois durante a Semana da Ciencia o tres Museos Científicos Coruñeses celebran xornadas de portas abertas. [+]

11/08/2013

Semana da Ciencia 2013, do 11 ao 17 de novembro

Ao longo de toda a semana será gratis a entrada á Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae, e ás súas salas de proxección. A programación especial inclúe a estrea de dúas exposicións, nos Xardíns de Méndez Núñez e no Aquarium Finisterrae. [+]

11/06/2013

«Lúa Coruña», nova exposición fotográfica na Casa das Ciencias

A Casa das Ciencias presenta unha exposición de fotografías do coruñés José Caruncho, nas que se une a Lúa con diversas paisaxes urbanas que só vemos cando levantamos a mirada cara ao ceo.  [+]

10/31/2013

Observa a eclipse solar, o domingo 3 de novembro na Casa das Ciencias

O vindeiro domingo, desde as 11 ás 14 horas, os Museos Científicos Coruñeses e a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío organizan unha actividade para contemplar o fenómeno de forma segura. A observación con telescopios compleméntase con sesións especiais de Planetario durante toda a mañá. [+]

10/29/2013

Últimas prazas para os talleres de Tecnoarte e Realidade Aumentada

A Domus organiza talleres, dirixidos a mozos entre 15 e 18 anos, nos que se realizarán actividades que integran ciencia, arte e tecnoloxía. Aínda hai prazas dispoñibles para os seguintes talleres: "Descubrindo o tecnoarte" (4 nov) e "Explorando con realidade aumentada" (6 nov). [+]

10/26/2013

Fallo do Xurado dos Premios Prismas 2013

Obtiveron os Prismas de Bronce na súa XXVI convocatoria un vídeo sobre o descubrimento do primeiro crocodilo mariño do Xurásico de España, unha web que divulga as matemáticas mediante historias, un libro sobre como os magos “piratean” o cerebro para producir ilusións (e as súas aplicacións na neurociencia), un artigo que conta os desafíos no sector enerxético a partir de investigacións no MIT, un programa de radio sobre a conveniencia do uso das vacinas, e unha obra de teatro sobre as científicas Marie Curie e Rosalind Franklin. Ángel Carracedo Álvarez obtivo o Prisma Especial do Xurado, por compaxinar o seu traballo de investigación cun exemplar labor de divulgación. [+]

10/23/2013

Conferencia sobre o loito despois de traxedias colectivas, o xoves 24 de outubro na Domus

Cristina Sánchez Carretero, antropóloga do CSIC, impartirá o xoves 24 de outubro ás 19:30 na Domus a conferencia "Antropoloxía da morte: o loito despois de traxedias colectivas". Unha actividade paralela á exposición «A outra cara da vida».  [+]

10/19/2013

Nova edición de "Aventuras no Aquarium"

O luns 21 de outubro abrimos o prazo para inscribirse nunha nova edición de "Aventuras no Aquarium". Para participar hai que chamar previamente ao 981 189 842 e abonar o prezo da entrada o día que se acuda á actividade. Nesta edición as "aventuras" propostas son "Aventuras coas focas" e "Viaxe ao centro do Aquraium". [+]

10/11/2013

A Domus organiza talleres para mozos dentro do programa europeo KiiCS

Dentro do programa europeo KiiCS, no que colaboran os Museos Científicos Coruñeses, a Domus organiza 10 talleres gratuítos sobre tecnoloxía, ciencia e arte dirixidos a mozos de entre 15 e 18 anos. O primeiro deles, que tratou sobre programación con Processing para crear imaxes, animacións e interactivos, tivo lugar o pasado 26 de xuño, e os nove restantes realizaranse entre o 25 de outubro e o 3 de xaneiro na Domus. [+]

10/10/2013

O Aquarium Finisterrae estrea guía das especies que o habitan

A 'Guía da mar salgada' ofrece información sobre 124 especies de algas, plantas, invertebrados, peces e mamíferos, das máis de 300  que habitan este museo científico coruñés. A primeira edición da publicación distribuirase de forma gratuíta aos profesores que acompañen aos seus alumnos ao Acuario [+]

10/04/2013

Entrada gratis o luns 7 de outubro ao tres Museos Científicos Coruñeses

Co gallo do festivo local do 7 de outubro (Virxe do Rosario, patroa da Coruña), a entrada será gratis á Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae, e tamén ás súas salas de proxección. Consulta os horarios dos museos e as súas actividades para ese día. [+]

O acceso en vehículo ao Aquarium Finisterrae estará cortado o domingo 6 de outubro pola mañá

O tráfico só será posible nun sentido do Paseo Marítimo, debido á celebración da carreira popular "Coruña 10" este domingo 6 de outubro. Recomendamos aos nosos visitantes que acudan a pé á Casa do Home e á Casa dos Peixes. [+]

"Mete unha vaca no Aquarium", novo concurso para escolares

Os Museos Científicos Coruñeses convocan un concurso de participación escolar, en busca dun símbolo da importancia do actual desenvolvemento da acuicultura. Os participantes teñen até o 31 de outubro para imaxinarse "a vaca das granxas mariñas". O gañador participará co seu deseño nunha nova exposición do Aquarium Finisterrae. [+]

10/02/2013

Taller de cerámica e escritura antiga para maiores, na Domus

Con motivo da exposición temporal "A outra cara da vida", a Domus organiza dous talleres dirixidos a persoas maiores o 22 e 23 de outubro, ás 17:30. A actividade é gratuíta e para inscribirse hai que chamar ao 981 189840, de 9 a 19 horas. [+]

9/30/2013

Nova edición de «ExploraDomus», as fins de semana

A actividade infantil de fin de semana da Domus inclúe experimentos no novo laboratorio e unha sesión da película 3D "O último arrecife". Os participantes, de 6 a 10 anos, poderán inscribirse a partir do martes 1 de outubro. [+]

9/27/2013

Volven as Merendas no Acuario

O luns 30 de setembro ábrese o prazo de inscrición a partir das 8.30 horas no teléfono 981 189 842. Para nenos e nenas de entre 4 e 13 anos, que nas tardes dos sábados (desde o 12 de outubro até o 28 de decembro) realizarán unha actividade e despois merenderán chocolate con churros na cantina do acuario. [+]

9/25/2013

Talleres escolares no «Laboratorio aberto» da Domus

Aberto o prazo de inscrición para catro talleres que a Domus ofrece a grupos escolares de diferentes idades, desde 6 a 18 anos. Biotecnoloxía e ciencia da túa contorna máis próxima, nun espazo de experimentación no que o científico es ti. [+]

9/23/2013

Arranca o curso 2013-14 nos Museos Científicos Coruñeses

Novo programa de planetario na Casa das Ciencias, nova oferta de talleres de experimentación na Domus e novas exposicións fotográficas no Aquarium Finisterrae. Os centros escolares xa poden facer as reservas para visitarnos. [+]

9/16/2013

Últimos días para presentarse aos Prismas 2013

O venres 20 de setembro finaliza o prazo de presentación de candidaturas aos premios Prismas 'Casa das Ciencias' á Divulgación científica. En 2013 o certame ten 8 categorías: vídeo, web/redes sociais, textos inéditos, artigos xornalísticos, radio, artes escénicas e Prisma Especial do Xurado. [+]

9/06/2013

«A outra cara da vida» chega á Domus, ata o 27 de outubro

A Domus estrea exposición con "A outra cara da vida", un percorrido pola nosa visión da morte desde o Paleolítico. A mostra conta con máis dun centenar de pezas arqueolóxicas funerarias orixinais utilizadas ao longo da historia, na súa maioría, na Península Ibérica. [+]

8/08/2013

As sesións de Planetario entre o 10 e o 16 de agosto incluirán recomendacións para observar as Perseidas

A choiva de estrelas das Perseidas é un dos fenómenos astronómicos máis emocionantes e ao mesmo tempo accesibles que nos ofrece o ceo, polo que entre o 10 e o 16 de agosto todas as sesións no Planetario da Casa das Ciencias incluirán recomendacións para observalo. Ademais, as sesións en directo das 13.00 e as 19.00 horas estarán dedicadas exclusivamente ás Perseidas. [+]

8/07/2013

A partir do 8 de agosto o cómic emerxe no Aquarium Finisterrae

O Aquarium Finisterrae é unha das sedes do Salón Internacional do Cómic "Viñetas desde o Atlántico 2013" que comezou na Coruña o 5 de agosto. A exposición "O mar na historia dos cómics" mostra como a tira gráfica reflectiu o salitre de mares tanto reais como imaxinarios. [+]

7/24/2013

Aberta a convocatoria dos XXVI Premios Prismas 'Casa das Ciencias' á Divulgación

Na súa 26ª edición, os premios Prismas amplían a súa convocatoria a 8 categorías: vídeos, web/redes sociais, textos inéditos, libros editados, artigos xornalísticos, radio, artes escénicas e premio especial do xurado. O prazo de presentación finaliza o 20 de setembro de 2013 [+]

7/10/2013

«Heroes ocultos», grandes inventos de andar pola casa

A Domus presenta unha innovadora exposición que reivindica os inventos xeniais que se converteron en obxectos cotiáns, indispensables nas nosas vidas. Son iconas do deseño industrial, pero o seu gran éxito fai que adoiten pasar desapercibidos. Até o 31 de agosto. [+]

7/08/2013

O Aquarium Finisterrae remonta os «Ríos galegos»

Centrada tradicionalmente no mar, a Casa dos Peixes mostra por primeira vez un completo ecosistema fluvial de Galicia. Celebramos así o recente recoñecemento das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo como Reserva da Biosfera. [+]

7/02/2013

«Fotógrafos da Natureza 2013», no Acuario

Do 1 de xullo ao 31 de agosto o Aquarium Finisterrae acolle unha exposición coas fotografías galardoadas na última edición do concurso GDT European Wildlife Photographer of the Year. [+]

7/01/2013

Horario de verán nos Museos Científicos Coruñeses

Do 1 de xullo ao 31 de agosto a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae amplían o seu horario e mais a súa oferta de actividades, programas de planetario e películas de cine en 3D. [+]

6/11/2013

Foro sobre os asentamentos e usos costeiros, o martes 11 de xuño na Domus

O 11 de xuño, ás 19.30 horas, a Domus acolle unha nova sesión de debate na que intervirá Pablo Carrera, da Federación Galega pola Cultura Marítima, quen introducirá o tema "Vivir do mar". Analizará a evolución dos asentamentos e usos costeiros, así como a explotación dos recursos marítimos, con especial énfase no caso de Galicia. Con este foro continúa o segundo ciclo de discusións enmarcadas no proxecto europeo "Sea for Society".  [+]

6/08/2013

Fallo do XV Premio Luis Freire de Investigación Científica na Escola

Un proxecto realizado por unha profesora do CEIP Ponte dos Brozos de Arteixo e unha investigación levada a cabo por un estudante do IES Laxeiro de Lalín obtiveron o primeiro premio nas modalidades de Educación Primaria e Educación Secundaria respectivamente. [+]

6/07/2013

Final do XV Premio Luis Freire de Investigación Científica na Escola

Cinco equipos de alumnos de Secundaria e tres profesores de Primaria chegan á final do XV Premio Luis Freire, que se celebra na Domus o sábado 8 de xuño a partir das 10.00.  Ao acto, que é público, asistirán compañeiros, familiares e amigos dos finalistas. [+]

6/03/2013

Foro sobre a ordenación do litoral e a actuación na costa, o mércores 5 de xuño na Domus

O 5 de xuño, ás 19.30 horas, a Domus acolle unha nova sesión de debate na que intervirá Rafael Eimil Apenela, xefe de Demarcación de Costas do Estado en Galicia, que exporá as cuestións básicas sobre a ordenación do litoral, así como os criterios da actuación na costa. Con este foro continúa o segundo ciclo de discusións enmarcadas no proxecto europeo "Sea for Society".  [+]

5/31/2013

O Aquarium Finisterrae atopa a Nemo

Na primavera de 2013 o Aquarium Finisterrae logrou por primeira vez sacar adiante crías de peixe pallaso (Amphyprion ocellaris). Naceron das postas dunha parella estable que vive na Casa dos Peixes da Coruña. E xa están á vista do público, dentro da exposición "Farmacuáticos". [+]

5/24/2013

A Domus organiza un taller de programación con Processing

Unha iniciativa enmarcada no proxecto europeo KiiCS. A inscrición, que é gratuíta, ábrese o luns 27 de maio. O taller, para mozos de 15 a 18 anos, terá lugar durante a tarde do 26 de xuño.  [+]

5/23/2013

Finalistas do Premio Luís Freire 2013

O comité de selección elixiu os traballos finalistas do XV Premio Luís Freire de Investigación na Escola. Os seus autores realizarán a presentación pública das súas conclusións no Salón de Actos da Domus o 8 de xuño. [+]

5/21/2013

Foro sobre o impacto de fertilizantes en ecosistemas mariños, o martes 23 de abril na Domus

O 22 de maio, ás 19.30 horas, a Domus acolle unha nova sesión de debate na que intervirá Ricardo Aguilar, director de investigación de Oceana, quen charlará sobre "O que o mar nos ofrece. Os servizos ambientais dos océanos". Con este foro comeza o segundo ciclo de discusións enmarcadas no proxecto europeo "Sea for Society". [+]

5/16/2013

«Museos de Ciencia. Ruta Norte» lanza un pasaporte con vantaxes para os visitantes de 13 museos

Esta rede nace da unión dun grupo de museos científicos do norte de España, co obxectivo de divulgar Ciencia e Tecnoloxía máis aló das súas fronteiras. Os Museos Científicos Coruñeses ofrecen un agasallo sorpresa aos portadores do pasaporte que cheguen co selo dun museo doutra cidade. [+]

5/14/2013

«Coruñeses», no Aquarium Finisterrae até finais de xuño

Ampliado o prazo da exposición fotográfica de Miguel Caeiro, que mostra a contorna natural da Coruña como nunca antes a ollaras. «Coruñeses» retrata animais, paisaxes e vexetación de lugares moi próximos e de beleza impactante. [+]

4/30/2013

O sábado 4 de maio, XVIII Día da Ciencia na Rúa

Centos de estudantes e profesores, e mais membros de numerosas entidades, encherán con actividades as carpas e espazos de lecer instalados nas inmediacións da Casa das Ciencias. Os 3 Museos Científicos Coruñeses súmanse a esta romería científica cunha xornada de portas abertas desde as 11 da mañá. [+]

4/19/2013

Foro sobre o impacto de fertilizantes en ecosistemas mariños, o martes 23 de abril na Domus

O 23 de abril, ás 19.30 horas, a Domus acolle unha nova sesión de debate na que intervirá Emilio Fernández Suárez, catedrático de Ecoloxía da Universidade de Vigo, que falará sobre a relación existente entre a salubridade da dieta humana e a saúde dos océanos. É o terceiro evento do ciclo enmarcado no proxecto europeo "Sea for Society"  [+]

4/11/2013

A Domus será un laboratorio de investigación xenética durante a Semana do ADN

Co gallo da celebración do Día Mundial do ADN, a Domus e educaBarrié organizan, do 22 ao 28 de abril, un ciclo de actividades gratuítas para asomarse á investigación xenética. Talleres para escolares no novo Laboratorio aberto, sesións especiais para familias e unha noite no museo son as opcións para aqueles que sintan curiosidade polo mundo da ciencia, a xenética e a investigación. [+]

4/09/2013

Foro sobre medicamentos mariños, o xoves 11 de abril na Domus

O 11 de abril, ás 19.30 horas, a Domus acolle unha sesión de debate coa colaboración de PharmaMar. É o segundo evento do ciclo enmarcado no proxecto europeo "Sea for Society". [+]

4/05/2013

Nova edición das Aventuras no Aquarium

O luns 8 de abril comeza a inscrición neste programa especial de actividades de fin de semana. As "Aventuras no Aquarium", pensadas para adultos e nenos maiores de 7 anos, inclúen experiencias como unha visita á zona técnica ou participar na alimentación das focas. Esta edición celébrase entre abril e xuño. [+]

4/02/2013

Arranca o proxecto europeo "Sea for Society", que en España lidera o Aquarium Finisterrae

A Domus acolle o martes 2 de abril, ás 19.30 horas, un foro de discusión aberto ao público sobre mareas vermellas. Comeza así o proxecto "Sea for Society", financiado pola Comisión Europea (FP7), que desenvolverá actividades de debate e discusión sobre o tema "O mar e a sociedade". O obxectivo é analizar os conflitos orixinados polo uso do océano que fai a nosa sociedade. [+]

3/26/2013

Conferencia sobre a ameaza dos asteroides, o 3 de abril na Casa das Ciencias

Enrique Solano Márquez, do Observatorio Virtual Español, dará unha conferencia no Planetario, o mércores 3 de abril ás 20:00. A charla presenta unha iniciativa para que os cidadáns axuden a identificar asteroides perigosos para a Terra. [+]

3/22/2013

Semana Santa 2013 nos Museos Científicos Coruñeses

Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae abren todos os días, cun horario especial, desde o 23 ao 31 de marzo. Nova exposición sobre a intelixencia e estrea dun programa de planetario sobre as enerxías sustentables. [+]

3/20/2013

«Enerxía para o futuro», novo documental no Planetario

A Casa das Ciencias explora a relación da nosa sociedade coa enerxía, a través dun audiovisual de planetario dixital a cúpula completa. A imaxe que se proxecta sobre a pantalla produce un efecto inmersivo único, que sitúa ao espectador dentro de cada escena.  [+]

3/14/2013

«Xogo de Neuronas» chega á Domus

A Domus realiza unha importante renovación dos seus contidos permanentes, cunha nova zona sobre a intelixencia humana, na que se exploran a anatomía e o funcionamento do cerebro. [+]

3/13/2013

Coñece os segredos do Aquarium Finisterrae

A fin de semana do 16 e 17 de marzo o director técnico do Acuario guía unha visita pola zona técnica, que inclúe instalacións como o laboratorio, a cociña, as salas de filtración ou as salas de corentena. Reserva a túa praza no 981 189842. [+]

2/27/2013

Segunda fase do Luis Freire de Investigación Científica na Escola

Centenares de preguntas foron presentadas, batindo o récord de participación. Os equipos admitidos empezan xa a realizar os seus traballos para responder á súa pregunta cunha investigación científica. O prazo para a presentación das memorias dos traballos terminará o 10 de maio. [+]

2/22/2013

Novas sesións das Merendas no Aquarium Finisterrae para a "Primavera 2013"

O luns 1 de outubro ábrese o prazo de inscrición a partir das 8.30 horas no teléfono 981 189 842. Para nenos e nenas de entre 4 e 13 anos, que nas tardes dos sábados (a partir do 2 de marzo) realizarán unha actividade e despois merenderán chocolate con churros na cantina do acuario. [+]

2/20/2013

«Punto científico»: ciencia e espectáculo o venres 22 na Domus

A Domus celebra unha tarde de charlas, vídeos, música e teatro de ciencia para toda a familia, o venres 22 de febreiro desde as 16.30. Este innovador encontro está organizado pola Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica (AGCCCT) [+]

2/15/2013

Lampreas no Aquarium Finisterrae

O tanque cilíndrico da sala Maremagnum, dedicado a mostrar especies estacionais, acolle unha vintena de lampreas procedentes da Guarda (Pontevedra). A decoración deste tanque, elaborada con elementos naturais, recrea o ecosistema do fondo dun río de Galicia. [+]

2/13/2013

Ampliado o prazo do Premio Luis Freire na modalidade de Primaria

Este ano o Premio Luis Freire de Investigación Científica inclúe unha nova modalidade: a categoría educaBarrié, destinada a profesores de Educación Primaria. Ata o 19 de febreiro poderán presentar propostas de investigación que logo desenvolverán cos seus alumnos. [+]

2/02/2013

Volven as "Aventuras no Aquarium"

O Aquarium Finisterrae propón un programa especial de actividades de fin de semana chamado “Aventuras no Aquarium", que inclúe experiencias como unha visita á zona técnica ou participar na alimentación das focas. É unha ocasión para aquelas persoas que desexen coñecer a Casa dos Peixes desde outra perspectiva e realizar unha actividade especial da man do persoal especializado do centro. [+]

1/31/2013

A nova edición de «ExploraDomus» inclúe cine 3D

A actividade infantil de fin de semana da Domus inclúe experimentos no novo laboratorio e unha sesión da película 3D "O último arrecife". Os participantes, de 6 a 10 anos, poderán inscribirse a partir do sábado 2 de febreiro. [+]

1/30/2013

“Farmacoxenómica e Medicina personalizada", nova exposición na Domus

A sección de Xenética da Domus amplíase con esta nova área dedicada ás bases moleculares e xenéticas das enfermidades e os seus tratamentos. Xorde como resultado do Programa Diana, un proxecto de investigación financiado pola Fundación Barrié. [+]

1/29/2013

Ampliado o prazo de presentación do Premio Luis Freire de Investigación na Escola

O 5 de febreiro, ás 12:00, remata o prazo para enviar preguntas nas dúas modalidades do XV Premio Luis Freire: en 2013 compiten alumnos de Secundaria e hai unha nova categoría para profesores de Primaria. [+]

1/24/2013

Aberta a XV convocatoria do Premio Luís Freire

O XV Premio Luís Freire de Investigación Científica na Escola pon a proba a creatividade cientifica dos estudantes galegos de Secundaria. Ademais, este ano inclúe unha nova modalidade, destinada a profesores de Primaria. [+]

1/21/2013

Aberta a inscrición nos talleres escolares de biotecnoloxía da Domus

Alumnos de entre 14 e 18 anos poden participar no tres talleres do novo Laboratorio Aberto da Domus: "Como se desenvolven os fármacos?", "A revolución biotecnolóxica" e "Investiga a vacina da malaria" [+]