4/30/2013

O sábado 4 de maio, XVIII Día da Ciencia na Rúa

Centos de estudantes e profesores, e mais membros de numerosas entidades, encherán con actividades as carpas e espazos de lecer instalados nas inmediacións da Casa das Ciencias. Os 3 Museos Científicos Coruñeses súmanse a esta romería científica cunha xornada de portas abertas desde as 11 da mañá. [+]

4/19/2013

Foro sobre o impacto de fertilizantes en ecosistemas mariños, o martes 23 de abril na Domus

O 23 de abril, ás 19.30 horas, a Domus acolle unha nova sesión de debate na que intervirá Emilio Fernández Suárez, catedrático de Ecoloxía da Universidade de Vigo, que falará sobre a relación existente entre a salubridade da dieta humana e a saúde dos océanos. É o terceiro evento do ciclo enmarcado no proxecto europeo "Sea for Society"  [+]

4/11/2013

A Domus será un laboratorio de investigación xenética durante a Semana do ADN

Co gallo da celebración do Día Mundial do ADN, a Domus e educaBarrié organizan, do 22 ao 28 de abril, un ciclo de actividades gratuítas para asomarse á investigación xenética. Talleres para escolares no novo Laboratorio aberto, sesións especiais para familias e unha noite no museo son as opcións para aqueles que sintan curiosidade polo mundo da ciencia, a xenética e a investigación. [+]

4/09/2013

Foro sobre medicamentos mariños, o xoves 11 de abril na Domus

O 11 de abril, ás 19.30 horas, a Domus acolle unha sesión de debate coa colaboración de PharmaMar. É o segundo evento do ciclo enmarcado no proxecto europeo "Sea for Society". [+]

4/05/2013

Nova edición das Aventuras no Aquarium

O luns 8 de abril comeza a inscrición neste programa especial de actividades de fin de semana. As "Aventuras no Aquarium", pensadas para adultos e nenos maiores de 7 anos, inclúen experiencias como unha visita á zona técnica ou participar na alimentación das focas. Esta edición celébrase entre abril e xuño. [+]

4/02/2013

Arranca o proxecto europeo "Sea for Society", que en España lidera o Aquarium Finisterrae

A Domus acolle o martes 2 de abril, ás 19.30 horas, un foro de discusión aberto ao público sobre mareas vermellas. Comeza así o proxecto "Sea for Society", financiado pola Comisión Europea (FP7), que desenvolverá actividades de debate e discusión sobre o tema "O mar e a sociedade". O obxectivo é analizar os conflitos orixinados polo uso do océano que fai a nosa sociedade. [+]