10/31/2013

Observa a eclipse solar, o domingo 3 de novembro na Casa das Ciencias

O vindeiro domingo, desde as 11 ás 14 horas, os Museos Científicos Coruñeses e a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío organizan unha actividade para contemplar o fenómeno de forma segura. A observación con telescopios compleméntase con sesións especiais de Planetario durante toda a mañá. [+]

10/29/2013

Últimas prazas para os talleres de Tecnoarte e Realidade Aumentada

A Domus organiza talleres, dirixidos a mozos entre 15 e 18 anos, nos que se realizarán actividades que integran ciencia, arte e tecnoloxía. Aínda hai prazas dispoñibles para os seguintes talleres: "Descubrindo o tecnoarte" (4 nov) e "Explorando con realidade aumentada" (6 nov). [+]

10/26/2013

Fallo do Xurado dos Premios Prismas 2013

Obtiveron os Prismas de Bronce na súa XXVI convocatoria un vídeo sobre o descubrimento do primeiro crocodilo mariño do Xurásico de España, unha web que divulga as matemáticas mediante historias, un libro sobre como os magos “piratean” o cerebro para producir ilusións (e as súas aplicacións na neurociencia), un artigo que conta os desafíos no sector enerxético a partir de investigacións no MIT, un programa de radio sobre a conveniencia do uso das vacinas, e unha obra de teatro sobre as científicas Marie Curie e Rosalind Franklin. Ángel Carracedo Álvarez obtivo o Prisma Especial do Xurado, por compaxinar o seu traballo de investigación cun exemplar labor de divulgación. [+]

10/23/2013

Conferencia sobre o loito despois de traxedias colectivas, o xoves 24 de outubro na Domus

Cristina Sánchez Carretero, antropóloga do CSIC, impartirá o xoves 24 de outubro ás 19:30 na Domus a conferencia "Antropoloxía da morte: o loito despois de traxedias colectivas". Unha actividade paralela á exposición «A outra cara da vida».  [+]

10/19/2013

Nova edición de "Aventuras no Aquarium"

O luns 21 de outubro abrimos o prazo para inscribirse nunha nova edición de "Aventuras no Aquarium". Para participar hai que chamar previamente ao 981 189 842 e abonar o prezo da entrada o día que se acuda á actividade. Nesta edición as "aventuras" propostas son "Aventuras coas focas" e "Viaxe ao centro do Aquraium". [+]

10/11/2013

A Domus organiza talleres para mozos dentro do programa europeo KiiCS

Dentro do programa europeo KiiCS, no que colaboran os Museos Científicos Coruñeses, a Domus organiza 10 talleres gratuítos sobre tecnoloxía, ciencia e arte dirixidos a mozos de entre 15 e 18 anos. O primeiro deles, que tratou sobre programación con Processing para crear imaxes, animacións e interactivos, tivo lugar o pasado 26 de xuño, e os nove restantes realizaranse entre o 25 de outubro e o 3 de xaneiro na Domus. [+]

10/10/2013

O Aquarium Finisterrae estrea guía das especies que o habitan

A 'Guía da mar salgada' ofrece información sobre 124 especies de algas, plantas, invertebrados, peces e mamíferos, das máis de 300  que habitan este museo científico coruñés. A primeira edición da publicación distribuirase de forma gratuíta aos profesores que acompañen aos seus alumnos ao Acuario [+]

10/04/2013

Entrada gratis o luns 7 de outubro ao tres Museos Científicos Coruñeses

Co gallo do festivo local do 7 de outubro (Virxe do Rosario, patroa da Coruña), a entrada será gratis á Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae, e tamén ás súas salas de proxección. Consulta os horarios dos museos e as súas actividades para ese día. [+]

O acceso en vehículo ao Aquarium Finisterrae estará cortado o domingo 6 de outubro pola mañá

O tráfico só será posible nun sentido do Paseo Marítimo, debido á celebración da carreira popular "Coruña 10" este domingo 6 de outubro. Recomendamos aos nosos visitantes que acudan a pé á Casa do Home e á Casa dos Peixes. [+]

"Mete unha vaca no Aquarium", novo concurso para escolares

Os Museos Científicos Coruñeses convocan un concurso de participación escolar, en busca dun símbolo da importancia do actual desenvolvemento da acuicultura. Os participantes teñen até o 31 de outubro para imaxinarse "a vaca das granxas mariñas". O gañador participará co seu deseño nunha nova exposición do Aquarium Finisterrae. [+]

10/02/2013

Taller de cerámica e escritura antiga para maiores, na Domus

Con motivo da exposición temporal "A outra cara da vida", a Domus organiza dous talleres dirixidos a persoas maiores o 22 e 23 de outubro, ás 17:30. A actividade é gratuíta e para inscribirse hai que chamar ao 981 189840, de 9 a 19 horas. [+]