12/30/2013

Música en directo no Planetario da Casa das Ciencias

O 4 de xaneiro ás 20.30 horas o Planetario da Casa das Ciencias acolle «Escrita no ceo», unha actividade que funde un pouco de literatura, uns gramos de astronomía e un belisco de música en vivo. As persoas interesadas en asistir deben retirar a entrada os días 2 e 3 de xaneiro na Casa das Ciencias en horario de 10.00 a 18.00 horas. O prezo da entrada é de 2 euros. [+]

12/20/2013

Programación especial de Nadal 13-14

Ademais das exposicións, proxeccións e actividades habituais, este Nadal os Museos Científicos Coruñeses amplían a súa oferta, con actividades especiais e mais dúas estreas: un novo programa de planetario e unha nova película en 3D. [+]

Unha «Bacteria mutante» coloniza o Planetario da Casa das Ciencias

Os Museos Científicos Coruñeses presentan o programa infantil de Planetario "Bacteria Mutante", unha película para planetarios dixitais con proxección de vídeo a toda cúpula. A historia comeza nos confíns da Vía Láctea, e despois desprázase até un planeta moi similar á Terra. Alí, no fondo do océano habita a protagonista da historia: unha pequena bacteria mutante. A nova sesión terá pases diarios ás 12.00 horas (versión en galego) e ás 17.00 horas (versión en español). A maior parte das imaxes desta proxección xeráronse cunha nova técnica que mestura líquidos e pigmentos nun laboratorio. [+]

12/16/2013

Nova edición de Exploradomus Nadal

O martes 17 de decembro abre o prazo de inscrición para a edición Exploradomus Nadal en domus@casaciencias.org. A actividade é para nenos de 6 a 10 anos e haberá sesións os días 28, 29 e 30 de decembro ás 11.45 e ás 16.45. O correo electrónico de inscrición debe incluír día e hora da actividade, nome do neno, idade e un número de teléfono de contacto. [+]

12/13/2013

Este Nadal, talleres de ciencia, arte e tecnoloxía na Domus

Unha actividade dirixida a mozas de entre 14 e 18 anos que poderán aprender, nunha tarde, a deseñar videoxogos, e-téxtiles, circuítos electrónicos e robots. A inscrición xa está aberta para o catro talleres gratuítos, que se celebrarán desde o 23 de decembro ao 14 de xaneiro. [+]

12/12/2013

«Puro Swing», nova exposición interactiva sobre péndulos

A Casa das Ciencias estrea «Puro Swing», unha exposición chea de experiencias interactivas, que mostra os péndulos como instrumento crave na historia da ciencia e convida a experimentar con sorprendentes fenómenos físicos. [+]

12/03/2013

Premios KiiCS–I de arte, ciencia e tecnoloxía

O prazo de presentación de ideas está aberto até o 31 de decembro de 2013. Os Premios KiiCS-I están convocado polo Concello da Coruña-Museos Científicos Coruñeses, en colaboración coa Fundación Barrié a través da súa iniciativa educativa educaBarrié. [+]