12/20/2013

Unha «Bacteria mutante» coloniza o Planetario da Casa das Ciencias

Os Museos Científicos Coruñeses presentan o programa infantil de Planetario "Bacteria Mutante", unha película para planetarios dixitais con proxección de vídeo a toda cúpula. A historia comeza nos confíns da Vía Láctea, e despois desprázase até un planeta moi similar á Terra. Alí, no fondo do océano habita a protagonista da historia: unha pequena bacteria mutante. A nova sesión terá pases diarios ás 12.00 horas (versión en galego) e ás 17.00 horas (versión en español). A maior parte das imaxes desta proxección xeráronse cunha nova técnica que mestura líquidos e pigmentos nun laboratorio. [+]