12/23/2014

Explora o Sistema Solar no Planetario

Novo programa de Planetario que invita a facer unha viaxe pola densa atmosfera de Venus, os tubos volcánicos de Marte, paisaxes inéditas da Lúa, ou polos cometas e asteroides que en ocasións visitan o interior do Sistema Solar. [+]

12/19/2014

A historia da pesca coruñesa no Acuario

A nova mostra fotográfica do Aquarium Finisterrae, «Do pincho e do bou» trata sobre a historia da pesca na Coruña, na sala Isabel Castelo. A exposición pon en valor que entre 1883 e 1930, un par de xeracións de coruñeses e coruñesas conseguiron que o porto desta cidade se convertese en referencia do peixe fresco. [+]

12/14/2014

«Durmindo con tiburóns» volve polo nadal

O luns 15, a partir das 8:30, abre o prazo, no 981 189 842, para inscribirse nunha nova edición de «Durmindo con tiburóns». Esta actividade organizada pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, en colaboración cos Museos Científicos Coruñeses, está pensada para nenos e nenas de entre 7 e 11 ano [+]

12/11/2014

Curso profesores sobre a vacina do VIH

A Domus celebra durante xaneiro e febreiro de 2015 un curso para achegar a «Investigación sobre a vacina do VIH» á aula, no marco do proxecto Xplore Health e destinado a profesores de Educación Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional de Galicia. [+]

12/09/2014

Charla | Philae: 30 días á sombra

O Planetario da Casa das Ciencias celebra o venres 12 de decembro, ás 19 horas, unha charla sobre a misión da sonda espacial Rosetta[+]

11/18/2014

Nova fauna de profundidade no tanque cilíndrico

A sala Maremagnum renova un dos seus acuarios máis singulares, o tanque cilíndrico de gran volume (10.000 litros), que presenta agora unha colección de animais de profundidade. [+]

11/07/2014

Semana da Ciencia 2014

Do 10 ao 16 de novembro o tres Museos Científicos Coruñeses son gratuítos, aínda que as actividades relacionadas coa Semana da Ciencia estenderanse desde o 8 ao 21 de novembro. O acto central desta celebración serán os actos de entrega dos Premios Prismas á Divulgación Científica 2014. Descobre todas as actividades que preparamos para estes días.  [+]

10/28/2014

Nova edición do curso de astronomía do Planetario

O Planetario da Casa das Ciencias organiza un novo curso de iniciación á astronomía que se celebrará do 18 ao 21 de novembro de 2014. O prazo de inscrición abre o 29 de outubro no 981 189 844 a partir das 8:30 horas [+]

10/21/2014

(PRAZO AMPLIADO) XVI Convocatoria do Premio Luis Freire de Investigación Científica na Escola

Co galo do 100 aniversario do nacemento do botánico galego do que toma nome, o Premio Luis Freire de Investigación Científica na Escola renóvase. Esta edición ten, por primeira vez, tres modalidades: Investigación científica en Educación Primaria, Investigación científica en Educación Secundaria e Investigación tecnolóxica en Educación Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos. O prazo de presentación de propostas de investigación está aberta ata o 31 de outubro 28 de noviembre de 2014. [+]

10/20/2014

Nova edición de «Aventuras no Aquarium»

O Aquarium Finisterrae propón un programa especial de actividades de fin de semana chamado «Aventuras no Aquarium», que inclúe experiencias como unha visita á zona técnica ou participar na alimentación das focas. Para participar hai que inscribirse previamente chamando ao teléfono 981 189 842, a partir do 22 de outubro ás 8.30 horas. As dúas propostas desta actividade son «Aventura coas focas» e «Viaxe ao centro do Aquarium». [+]

10/18/2014

Fallo do Xurado Prismas á Divulgación 2014

Un vídeo sobre a importancia do bosque mediterráneo de Serra Morena; un sitio web cuxa misión é facilitar información científica de calidade para os medios de comunicación; un libro que relata unha expedición ao Ártico a bordo do buque de investigación máis puntero; un artigo sobre Isabel Zendala Gómez, unha muller esencial no éxito da Real Expedición Filantrópica da Vacina; unha reportaxe radiofónica sobre un protozoo xigante achado na montaña submarina Seco de Palos, fronte á costa de Murcia; un monólogo sobre como na ciencia os actos individuais non son sempre aconsellables e un texto inédito que presenta aos parásitos como medio a través do que revelar moitos procesos da vida obtiveron os Prismas de Bronce nesta vixésimo sétima convocatoria. [+]

10/15/2014

Talleres infantís sobre pedras preciosas na Domus

Neste taller os nenos de entre 6 e 10 anos poderán experimentar na Domus co fascinante mundo dos cristais e elaborar unhas deliciosas estruturas de diamantes e grafitos con gominolas. A actividade celebrarase os sábados e domingos ás 17 horas, do 25 de outubro ao 28 de decembro de 2014. Para participar hai que inscribirse, a partir do xoves 16 de outubro a partir das 9:00, enviando un correo electrónico a domus@casaciencias.org, indicando día, nome do neno e idade. A actividade é gratuíta, debendo aboar só a entrada correspondente ao museo. [+]

10/09/2014

Música e astronomía da man no Planetario

Este sábado 11 de outubro ás 20.00, a música e a astronomía conflúen no Planetario da Casa das Ciencias dentro do programa da Xunta de Galicia, «Do Audible». É unha actividade gratuíta, polo que se repartirán convites na recepción da Casa das Ciencias o mesmo sábado. [+]

9/27/2014

Merendas no Aquarium

Novas sesións da actividade infantil de fin de semana. O prazo de inscrición ábrese o luns 29 de setembro[+]

9/25/2014

Sesión especial de Planetario para presentar «O ceo de outono»

Coa chegada da nova estación, o sábado 27 de setembro ás 13.00 h presentarase no Planetario "Unha noite de outono", unha sesión en directo na que se mostrarán as novidades máis importantes do firmamento nesta época do ano. Os asistentes a esta primeira proxección poderán gozar ademais da música en directo de Silvia Penide, cantautor a coruñesa. Para asistir a esta actividade é necesario retirar un convite. Os convites comezaranse a entregar a partir das 12 horas do mesmo sábado, a razón de dous por persoa, ata completar aforamento [+]

9/22/2014

As gañadoras do consurso KiiCS en Domus chegan á final europea

As alumnas premiadas na Coruña polo proxecto europeo KiiCS, do que forman parte os Museos Científicos Coruñeses a través da Domus, alcanzan a final europea que se celebra o próximo 26 de setembro en Amsterdam. [+]

9/16/2014

Festival Marea Alta

Un encontro artístico, educativo e lúdico de celebración e preservación do mar, que recala no Aquuarium e na Domus con diversas actividades entre o 16 e o 21 de setembro.[+]

9/01/2014

Volta ao horario do curso escolar, nos Museos Científicos Coruñeses

De luns a venres, a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren de 10 a 19 horas. Sábados, domingos e festivos o tres museos abren ás 11:00, e o acuario pecha ás 20:00. [+]

8/07/2014

«Chuvia de estrelas» no Planetario

As estrelas fugaces acoden á súa cita anual co ceo de verán e a Casa das Ciencias mostra as claves para poder observalas. As sesións especiais do Planetario (do 8 ao 13 de agosto) cobran especial interese este ano, xa que a lúa chea e a previsión de ceos cubertos en Galicia non favorecen a observación dos meteoros. [+]

7/11/2014

Aberta a convocatoria dos XXVII Premios Prismas 'Casa das Ciencias' á Divulgación

Na súa 27ª edición, os premios Prismas amplían a súa convocatoria a 8 categorías: vídeos, web/redes sociais, textos inéditos, libros editados, artigos xornalísticos, radio, artes escénicas e premio especial do xurado. O prazo de presentación finaliza o 20 de setembro de 2014. [+]

7/09/2014

«Fotógrafos da Natureza 2014», no Acuario

Até o 30 de setembro, o Aquarium Finisterrae acolle unha exposición coas fotografías galardoadas na última edición do concurso GDT European Wildlife Photographer of the Year. [+]

7/02/2014

Conferencia sobre a vida nos castros galegos, o xoves 3 de xullo na Domus

O 3 de xullo, ás 20:00 na Domus, o investigador Alfredo González Ruibal impartirá a conferencia “A vida nun poboado castrexo: unha visión etnoarqueológica”. A charla pecha o ciclo de conferencias que se celebraron co gallo da exposición “A cerámica castrexa en Galicia". [+]

6/27/2014

A Casa das Ciencias organiza un taller de creación de efectos sonoros

Haberá dúas sesións, unha para adultos e outra para nenos de 10 a 14 anos, os días 15 e 17 de xullo respectivamente, en horario de 17:00 a 20:00. O luns 30 de xuño comeza o prazo de inscrición para esta actividade gratuíta. [+]

6/25/2014

Conferencia sobre a "importancia da Coruña" na antigüidade, o xoves 26 de xuño na Domus

O 26 de xuño, ás 20:00 na Domus, Francisco Javier González, impartirá a conferencia "Noticias desde o extremo Occidente: os ártabros nas fontes greco-latinas". Dará a súa visión da importancia na antigüidade da actual zona da Coruña, a través da súa presenza nos textos clásicos. [+]

6/17/2014

Conferencia sobre a romanización da Coruña, o xoves 19 de xuño na Domus

O 19 de xuño, ás 20:00 na Domus, Roberto Bartolomeu Abraira e Enrique Alcorta Irastorza darán a súa visión sobre o proceso de romanización na provincia da Coruña. Os seus achados proceden de analizar a dispersión da cerámica común romana producida en Lucus Augusti. [+]

6/13/2014

«Artistas da Prehistoria», un taller familiar para os sábados do verán na Domus

Os sábados de xullo, agosto e setembro a Domus organiza unha nova actividade gratuíta para converterse en artista prehistórico. O luns 16 de xuño comeza o prazo de inscrición, para familias con nenos de máis de 8 anos. [+]

6/11/2014

Conferencia sobre as escavacións do Castro de Elviña, o xoves 12 de xuño

Arrinca na Domus un ciclo de conferencias, con motivo da exposición "A cerámica castrexa en Galicia". O xoves 12 de xuño, ás 20:00, o arqueólogo Fidel Méndez Fernández presentará os resultados da última campaña de escavación no Castro de Elviña. [+]

6/06/2014

«Os segredos do lume», un taller familiar para festexar o San Xoán na Domus

O 21 e 22 de xuño a Domus organiza unha nova actividade gratuíta de fin de semana, con motivo das festas de San Xoán. O luns 9 de xuño comeza o prazo de inscrición, para familias con nenos a partir de 8 anos.  [+]

5/23/2014

Cortado o acceso en coche ao Aquarium Finisterrae e á Domus

Debido á celebración da triatlón «Hercules XTRM», este sábado, 24 de mayo de 2014, o acceso en vehículo ao Aquarium Finisterrae e á Domus non será posible entre as 15.00 e as 20.30, polo que recomendamos aos nosos visitantes que acudan a pé á Casa do Home e á Casa dos Peixes. [+]

5/19/2014

A Domus acolle un taller sobre «Pedras preciosas» para familias

O 31 de maio e o 1 de xuño a Domus organiza unha nova actividade gratuíta de fin de semana, enmarcada no Ano Internacional da Cristalografía. O martes 20 de maio comeza o prazo de inscrición, para familias con nenos de 6 a 10 anos. [+]

5/15/2014

"Tormenta de estrelas" no Planetario

A noite do venres 23 ao sábado 24 de maio espérase unha nova e rara choiva de estrelas fugaces, tan intensa que os máis optimistas cualifícana mesmo de "tormenta de estrelas". Este fin de semana a Casa das Ciencias celebrará dúas sesións especiais de Planetario (17 e 18 de maio, ás 18:00) que explicarán este fenómeno e darán consellos para desfrutalo, cúmpranse ou non as grandes expectativas dalgúns expertos. [+]

5/12/2014

Taller de cerámica castrexa para adultos na Domus

Terá lugar o sábado 24 de maio, con dúas sesións, unha pola mañá de 11.15 a 14.15 horas, e outra pola tarde de 16.00 a 19.00 horas. Para participar hai que inscribirse enviando un correo electrónico a domus@casaciencias.org, a partir do martes 13 de maio ás 9.00 horas. O taller estará dinamizado polos restauradores e ceramistas da Fundación Terra Termarum de Castrolandín. [+]

5/07/2014

O sábado 10 de maio, XIX Día da Ciencia na Rúa

Centos de estudantes e profesores, e mais membros de numerosas entidades, encherán con actividades as carpas e espazos de lecer instalados nas inmediacións da Casa das Ciencias. Os 3 Museos Científicos Coruñeses súmanse a esta romería científica cun día de entrada gratuíta desde as 11 da mañá. [+]

4/25/2014

Cortado o acceso en coche ao Aquarium Finisterrae e á Domus

Debido á celebración da Maratón «Coruña42», este domingo, 27 de abril de 2014, o acceso en vehículo ao Aquarium Finisterrae e á Domus non será posible entre as 8.00 e as 15.00, polo que recomendamos aos nosos visitantes que acudan a pé á Casa do Home e á Casa dos Peixes. [+]

A Domus organiza «Artistas da Prehistoria», un taller para familias

Os fins de semana de maio e xuño a Domus organiza unha nova actividade gratuíta de fin de semana para converterse en artista prehistórico. O luns 28 de abril comeza o prazo de inscrición, para familias con nenos de máis de 8 anos. [+]

4/24/2014

«A cerámica castrexa en Galicia», nova exposición na Domus

A Domus prensenta unha exposición que nos descobre como era a vida nos castros hai máis de 2.000 anos, a través dunha colección de cerámica atopada en xacementos arqueolóxicos galegos da Idade do Ferro. [+]

4/15/2014

"Oceános derreados", nova exposición de National Geographic no Aquarium Finisterrae

O Aquarium Finisterrae estrea unha exposición de fotografías da National Geographic Society, que reflicten o esgotamento dos recursos pesqueiros do mar debido á sobreexplotación. [+]

3/31/2014

Nova edición de «Aventuras no Aquarium»

"Aventuras no Aquarium" é unha actividade de fin de semana que inclúe unha visita á zona técnica ou participar na alimentación das focas. Para inscribirse hai que chamar  previamente ao 981 189 842, a partir do martes 1 de abril, e abonar só o prezo de entrada ao Aquarium (excepto titulares de Tarxeta 20 e membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias). [+]

3/29/2014

Gañadores dos Premios KiiCS de arte, ciencia e tecnoloxía

Primeiro premio: "Estudo da ergonomía das costas en posición sentada e deseño de sistema detección de malas posturas", presentado por Alba Fernández González e Uxía García Vázquez, de Aulas Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia

Segundos premios:
– "Programación dun videoxogo básico: xogando a crear con Processing", presentado por Xabier García Casas, de Aulas Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia

- "Alerta, moita calor!", presentado por Olalla Álvarez García, Alicia González Míguez e Sara González Míguez, do IES David Buján de Cambre

Terceiros premios:
- "Deseño dun sistema de detección de infraccións en baloncesto aplicando Leigo Mindstorms Nxt", presentado por David Alonso Soto, de Aulas Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia

- "Espellos e información", presentado por Álvaro Lafuente Díaz, do Colexio Manuel Peleteiro de Santiago de Compostela [+]

3/27/2014

Descarga «Auga e cidade», a nova monografía de mc2

Con gallo do día Mundial da auga 2014, os Museos Científicos Coruñeses editaron unha monografía de comunicación científica para responder as inquietudes cidadás sobre o problema da xestión da auga. Agora podes consultala e descargala no noso e-Museo.  [+]

3/19/2014

«Muuultiplicádevos», nova exposición sobre acuicultura no Aquarium Finisterrae

O Aquarium Finisterrae renova o seu contido cunha exposición dedicada á acuicultura na que se abordan cuestións como as especies que se poden cultivar, a perspectiva ambiental, a nutricional, ou aspectos culturais e sociais relacionados co cultivo de especies acuáticas. [+]

2/23/2014

Nova edición de Merendas no Aquarium Finisterrae

O martes 25 de febreiro ábrese o prazo de inscrición ás 8.30 horas no 981 189 842, para as novas sesións, que nesta ocasión celebraranse sábados e domingos ás 16.45. Pensada para nenos e nenas de entre 4 e 13 anos, que realizarán unha actividade e despois merendarán chocolate con churros na cantina do acuario [+]

2/22/2014

Cortado o acceso á Casa dos Peixes e á Domus

Debido á celebración da carreira popular «Coruña 21. Media maratón», este domingo, 23 de febreiro de 2014, o acceso en vehículo ao Aquarium Finisterrae e á Domus non será posible entre as 8.00 e as 15.00, polo que recomendamos aos nosos visitantes que acudan a pé á Casa do Home e á Casa dos Peixes [+]

2/20/2014

«A farmacia do mar», primeiro libro interactivo dos Museos Científicos Coruñeses

Os Museos Científicos Coruñeses un libro interactivo para tablet que podes descargar gratis na súa web. Unha viaxe de descubrimento pola farmacoloxía mariña, con xogos interactivos, vídeos, fotogalerías, modelos tridimensionales e presentacións multimedia. [+]

2/13/2014

Obradoiros de nanotecnoloxía en centros cívicos da Coruña

Dentro do proxecto europeo Nanopinion, no que participa a Domus, organízanse talleres de participación cidadá na que os asistentes poderán achegarse ao mundo das nanotecnoloxías, cada vez máis presentes nas nosas vidas cotiás, e opinar sobre elas. A primeira actividade terá lugar no centro cívico dos Mallos o sábado 15 de febreiro ás 17.00. [+]

2/05/2014

A Domus participa nunha plataforma europea de creación e intercambio de contidos educativos

Virtual Science Hub (ViSH) é unha rede social para profesores e científicos a través da que colaboran en actividades de ensino da ciencia. [+]

1/31/2014

«Lendas do voo», a última tecnoloxía aeronáutica no cine 3D da Domus

A Domus estrea unha nova película en 3D que convida a descubrir os fitos da historia da aviación. «Lendas do voo» explora a relación entre o voo na natureza, o deseño dos avións, a súa construción e a tecnoloxía que se agocha detrás. [+]

1/24/2014

Nova edición de «ExploraDomus», os sábados e domingos de febreiro a abril

Este trimestre a actividade infantil de fin de semana da Domus inclúe experimentos no laboratorio e unha sesión de cinema 3D. Os participantes, de 6 a 10 anos, poderán inscribirse a partir do luns 27 de xaneiro. [+]

1/13/2014

Talleres de tecnoloxía, ciencia e arte para profesores na Domus

Os Museos Científicos Coruñeses, en colaboración co programa educaBarrié da Fundación Barrié, ofrecen a profesores talleres experimentais sobre tecnoloxía, ciencia e arte. Interaccionar con arduinos, explorar as posibilidades didácticas da realidade aumentada, crear robots ou traballar coa robótica aplicada ao ensino son o abanico de actividades que levarán a cabo no Laboratorio Aberto da Domus. Para participar é preciso inscribirse enviando un correo electrónico a domus@casaciencias.org. A participación é gratuíta.  [+]

1/10/2014

Nova edición de «Aventuras no Aquarium»

"Aventuras no Aquarium" é unha actividade de fin de semana que inclúe unha visita á zona técnica ou participar na alimentación das focas. Para inscribirse hai que chamar  previamente ao 981 189 842, a partir do 14 de xaneiro, e abonar só o prezo de entrada ao Aquarium (excepto titulares de Tarxeta 20 e membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias). [+]