5/23/2014

Cortado o acceso en coche ao Aquarium Finisterrae e á Domus

Debido á celebración da triatlón «Hercules XTRM», este sábado, 24 de mayo de 2014, o acceso en vehículo ao Aquarium Finisterrae e á Domus non será posible entre as 15.00 e as 20.30, polo que recomendamos aos nosos visitantes que acudan a pé á Casa do Home e á Casa dos Peixes. [+]

5/19/2014

A Domus acolle un taller sobre «Pedras preciosas» para familias

O 31 de maio e o 1 de xuño a Domus organiza unha nova actividade gratuíta de fin de semana, enmarcada no Ano Internacional da Cristalografía. O martes 20 de maio comeza o prazo de inscrición, para familias con nenos de 6 a 10 anos. [+]

5/15/2014

"Tormenta de estrelas" no Planetario

A noite do venres 23 ao sábado 24 de maio espérase unha nova e rara choiva de estrelas fugaces, tan intensa que os máis optimistas cualifícana mesmo de "tormenta de estrelas". Este fin de semana a Casa das Ciencias celebrará dúas sesións especiais de Planetario (17 e 18 de maio, ás 18:00) que explicarán este fenómeno e darán consellos para desfrutalo, cúmpranse ou non as grandes expectativas dalgúns expertos. [+]

5/12/2014

Taller de cerámica castrexa para adultos na Domus

Terá lugar o sábado 24 de maio, con dúas sesións, unha pola mañá de 11.15 a 14.15 horas, e outra pola tarde de 16.00 a 19.00 horas. Para participar hai que inscribirse enviando un correo electrónico a domus@casaciencias.org, a partir do martes 13 de maio ás 9.00 horas. O taller estará dinamizado polos restauradores e ceramistas da Fundación Terra Termarum de Castrolandín. [+]

5/07/2014

O sábado 10 de maio, XIX Día da Ciencia na Rúa

Centos de estudantes e profesores, e mais membros de numerosas entidades, encherán con actividades as carpas e espazos de lecer instalados nas inmediacións da Casa das Ciencias. Os 3 Museos Científicos Coruñeses súmanse a esta romería científica cun día de entrada gratuíta desde as 11 da mañá. [+]