6/27/2014

A Casa das Ciencias organiza un taller de creación de efectos sonoros

Haberá dúas sesións, unha para adultos e outra para nenos de 10 a 14 anos, os días 15 e 17 de xullo respectivamente, en horario de 17:00 a 20:00. O luns 30 de xuño comeza o prazo de inscrición para esta actividade gratuíta. [+]

6/25/2014

Conferencia sobre a "importancia da Coruña" na antigüidade, o xoves 26 de xuño na Domus

O 26 de xuño, ás 20:00 na Domus, Francisco Javier González, impartirá a conferencia "Noticias desde o extremo Occidente: os ártabros nas fontes greco-latinas". Dará a súa visión da importancia na antigüidade da actual zona da Coruña, a través da súa presenza nos textos clásicos. [+]

6/17/2014

Conferencia sobre a romanización da Coruña, o xoves 19 de xuño na Domus

O 19 de xuño, ás 20:00 na Domus, Roberto Bartolomeu Abraira e Enrique Alcorta Irastorza darán a súa visión sobre o proceso de romanización na provincia da Coruña. Os seus achados proceden de analizar a dispersión da cerámica común romana producida en Lucus Augusti. [+]

6/13/2014

«Artistas da Prehistoria», un taller familiar para os sábados do verán na Domus

Os sábados de xullo, agosto e setembro a Domus organiza unha nova actividade gratuíta para converterse en artista prehistórico. O luns 16 de xuño comeza o prazo de inscrición, para familias con nenos de máis de 8 anos. [+]

6/11/2014

Conferencia sobre as escavacións do Castro de Elviña, o xoves 12 de xuño

Arrinca na Domus un ciclo de conferencias, con motivo da exposición "A cerámica castrexa en Galicia". O xoves 12 de xuño, ás 20:00, o arqueólogo Fidel Méndez Fernández presentará os resultados da última campaña de escavación no Castro de Elviña. [+]

6/06/2014

«Os segredos do lume», un taller familiar para festexar o San Xoán na Domus

O 21 e 22 de xuño a Domus organiza unha nova actividade gratuíta de fin de semana, con motivo das festas de San Xoán. O luns 9 de xuño comeza o prazo de inscrición, para familias con nenos a partir de 8 anos.  [+]