10/28/2014

Nova edición do curso de astronomía do Planetario

O Planetario da Casa das Ciencias organiza un novo curso de iniciación á astronomía que se celebrará do 18 ao 21 de novembro de 2014. O prazo de inscrición abre o 29 de outubro no 981 189 844 a partir das 8:30 horas [+]

10/21/2014

(PRAZO AMPLIADO) XVI Convocatoria do Premio Luis Freire de Investigación Científica na Escola

Co galo do 100 aniversario do nacemento do botánico galego do que toma nome, o Premio Luis Freire de Investigación Científica na Escola renóvase. Esta edición ten, por primeira vez, tres modalidades: Investigación científica en Educación Primaria, Investigación científica en Educación Secundaria e Investigación tecnolóxica en Educación Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos. O prazo de presentación de propostas de investigación está aberta ata o 31 de outubro 28 de noviembre de 2014. [+]

10/20/2014

Nova edición de «Aventuras no Aquarium»

O Aquarium Finisterrae propón un programa especial de actividades de fin de semana chamado «Aventuras no Aquarium», que inclúe experiencias como unha visita á zona técnica ou participar na alimentación das focas. Para participar hai que inscribirse previamente chamando ao teléfono 981 189 842, a partir do 22 de outubro ás 8.30 horas. As dúas propostas desta actividade son «Aventura coas focas» e «Viaxe ao centro do Aquarium». [+]

10/18/2014

Fallo do Xurado Prismas á Divulgación 2014

Un vídeo sobre a importancia do bosque mediterráneo de Serra Morena; un sitio web cuxa misión é facilitar información científica de calidade para os medios de comunicación; un libro que relata unha expedición ao Ártico a bordo do buque de investigación máis puntero; un artigo sobre Isabel Zendala Gómez, unha muller esencial no éxito da Real Expedición Filantrópica da Vacina; unha reportaxe radiofónica sobre un protozoo xigante achado na montaña submarina Seco de Palos, fronte á costa de Murcia; un monólogo sobre como na ciencia os actos individuais non son sempre aconsellables e un texto inédito que presenta aos parásitos como medio a través do que revelar moitos procesos da vida obtiveron os Prismas de Bronce nesta vixésimo sétima convocatoria. [+]

10/15/2014

Talleres infantís sobre pedras preciosas na Domus

Neste taller os nenos de entre 6 e 10 anos poderán experimentar na Domus co fascinante mundo dos cristais e elaborar unhas deliciosas estruturas de diamantes e grafitos con gominolas. A actividade celebrarase os sábados e domingos ás 17 horas, do 25 de outubro ao 28 de decembro de 2014. Para participar hai que inscribirse, a partir do xoves 16 de outubro a partir das 9:00, enviando un correo electrónico a domus@casaciencias.org, indicando día, nome do neno e idade. A actividade é gratuíta, debendo aboar só a entrada correspondente ao museo. [+]

10/09/2014

Música e astronomía da man no Planetario

Este sábado 11 de outubro ás 20.00, a música e a astronomía conflúen no Planetario da Casa das Ciencias dentro do programa da Xunta de Galicia, «Do Audible». É unha actividade gratuíta, polo que se repartirán convites na recepción da Casa das Ciencias o mesmo sábado. [+]