12/24/2015

"O nunca visto" no Aquarium Finisterrae

O Aquarium Finisterrae conta coa exposición "O nunca visto. Fotografías do extraordinario", da National Geographic Society. Cincuenta imaxes que destacan tanto pola súa beleza como pola súa rareza, divididas en cinco ámbitos. [+]

12/22/2015

Programación especial Nadal 2015

Do 21 de decembro de 2015 ao 5 de xaneiro de 2016, os Museos Científicos Coruñeses ofrecemos unha programación especial de Nadal con, entre outras cousas, máis pases de cinema 3D na Domus e de sesións de planetario na Casa das Ciencias. Lembra que pechamos o 25 e o 31 de decembro e o 6 de xaneiro [+]

12/17/2015

Dous concertos de Nadal no Planetario

O primeiro será este sábado, 19 de decembro, ás 19:30 horas, e está dedicado á música barroca. Para asistir é necesario comprar unha entrada, de 2 euros, á venda na recepción da Casa das Ciencias a partir de mañá venres 18 de decembro ás 10:00 horas. O martes 22 de decembro terá lugar un recital de Félix Arias para público infantil, ás 19:30 horas. As entradas, de 2 euros tamén, estarán á venda desde o domingo 20 de decembro ás 11:00 horas. [+]

12/15/2015

Conferencia sobre avespas asiáticas na Domus

O xoves 17 ás 19:00 horas na Domus, Jesse Barandika, doutor en Veterinaria e técnico investigador no Instituto Vasco de Desenvolvemento e Investigación Agraria, falará sobre "Avespas asiáticas. Chegaron para quedar?". Durante a charla estará exposta unha colmea para que os asistentes poidan coñecer de preto tanto a aparencia exterior como a organización interna. [+]

12/14/2015

O Planetario estrea novo programa

Co título "Da Terra ao Universo", o audiovisual leva aos espectadores a unha viaxe polos últimos achados da astronomía, desde as abatidas chairas da Lúa ata os confíns do Universo. O novo programa proxectarase ás 18 horas sábados, domingos e festivos. [+]

Aberta a convocatoria dos Premios Luis Freire

Os escolares e profesores que desexen participar teñen ata o próximo 18 de decembro para enviar as súas propostas. Posteriormente, os admitidos terán 3 meses para desenvolver os seus traballos. A fase final terá lugar na Domus o 30 de abril de 2016, e a ela concorrerán os tres mellores traballos seleccionados en cada modalidade. [+]

«Mes escéptico» na Domus

Un ciclo de conferencias nas que se pon o punto de mira sobre diferentes temas de actualidade, abordados desde a perspectiva científica. Comeza o mércores 25 de novembro coa charla "Medicina y lo que no lo es", a cargo de J. M. Mulet, profesor de biotecnoloxía da Universidad Politécnica de Valencia. Será na Domus ás 19.30 horas. [+]

12/10/2015

A ciencia de "Regreso ao futuro II" na Domus

O sábado, 12 de decembro, ás 19.30 horas, a Domus acollerá unha nova sesión do ciclo Spoiler científico, dedicada a destripar a ciencia que hai detrás da película "Regreso ao futuro II". A charla chegará subida nun auténtico DeLorean, o coche que serve de máquina do tempo aos protagonistas da película, que estará exposto na entrada da Domus desde o venres 11 decembro. [+]

12/01/2015

Campamentos tecnolóxicos na Domus

Os talleres celebraranse os días 22, 23, 28, 29 e 30 de decembro, e haberá dúas quendas para diferentes idades. Inventor Camp I, de 9:00 a 14:00, para menores de 9 a 12 anos. Inventor Camp II, de 16:00 a 21:00, para menores de 13 a 16 anos. A preinscrición abre o xoves 3 de decembro a través de formulario electrónico. [+]

11/28/2015

«Durmindo con tiburóns» volve por Nadal

As datas de celebración son: 20, 21, 22, 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro de 2015, e os días 2, 3 e 4 de xaneiro de 2016, no Aquarium Finisterrae. Para participar hai que preinscribirse nun formulario electrónico, dispoñible entre as 9:00 e as 15:00 horas do 30 de novembro.  [+]

11/26/2015

Tarde de cinema científico no Ágora

Os Museos Científicos Coruñeses proxectan os traballos gañadores na modalidade de vídeo, nas cinco últimas edicións, dos premios Prisma Casa das Ciencias á Divulgación. As proxeccións terán lugar no Centro Ágora mañá venres 27 de novembro a partir das 19 horas. A entrada é libre e gratuíta.  [+]

11/25/2015

Curso de astronomía na Casa das Ciencias

O Planetario da Casa das Ciencias organiza un curso de iniciación á astronomía que se celebrará do 14 ao 17 de decembro de 2015. O xoves 26 de novembro abre o prazo de preinscrición, debendo realizarse a través de formulario electrónico. [+]

11/20/2015

Paisaxes astronómicas na Casa das Ciencias

Unha exposición de imaxes que combinan paisaxes nocturnas con técnicas de astrofotografía. Deste xeito compóñese unha visión do mundo que supera as limitacións do ollo humano. Cinco das seis imaxes reflicten paisaxes de Galicia, e a sexta foi tomada baixo unha intensa aurora boreal en Islandia. [+]

11/16/2015

Charla e excursión para escoitar aves migratorias

A charla será o venres 20 de novembro ás 19:30 horas en Domus, e completarase cunha excursión, o sábado 21, a Estaca de Bares para observar aves migratorias. Para participar na excursión é preciso inscribirse previamente, ata completar as 50 prazas dispoñibles. [+]

11/12/2015

Charla visual do fotógrafo submarino David Doubillet

Este venres, 13 de novembro, ás 19.30 horas,  Doubilet presentará o "Storytelling: reinos de coral e imperios de xeo", no que fará un percorrido visual por historias publicadas nas revista National Geographic. A entrada é libre, ata completar aforo. [+]

11/07/2015

Chega a Semana da Ciencia 2015

A Semana da Ciencia nos Museos Científicos da Coruña contará con entrada gratuíta aos seus tres centros (Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae) desde o luns 9 de novembro ata o domingo 16. Nestes sete días celebraranse actividades especiais.  [+]

11/03/2015

Domus estrea o espazo maker@domus

A nova sala da Domus está pensada para experimentar a cultura "maker", facer tecnoloxía por un mesmo e comezar a "pensar coas mans". Aquí celebraranse actividades maker dirixidas a diferentes públicos, desde escolares a público xeral.  [+]

10/23/2015

Ciclo Spoiler Científico, a ciencia detrás do cinema na Domus

Os Museos Científicos Coruñeses estrean o martes 27 de outubro na Domus ás 19:30 horas o Ciclo Spoiler Científico, que destripará a ciencia que hai detrás do cinema. A primeira charla desta actividade será "A ciencia de The Martian", unha película aínda en carteleira. O astrofísico Borja Tosar e o xornalista científico Xavi Fonseca falarán sobre como habitar outros planetas, ou a vida extraterrestre. [+]

"Viaxe ao centro do Aquarium" sábados e domingos

A inscrición estará aberta o luns 26 de outubro desde as 8:00 ás 15:00 horas neste formulario online http://bit.ly/1S0tJTe. A actividade propón unha visita guiada pola zona técnica do Aquarium Finisterrae, que inclúe instalacións como o laboratorio, a cociña, as salas de filtración ou as salas de corentena. [+]

10/17/2015

Gañadores dos Premios Prismas 2015

Un vídeo sobre a investigación do cancro, o Alzheimer e a diabetes que chegou a facerse viral na rede, unha web referencia do xornalismo científico en España, un artigo xornalístico que transmite que a ciencia está en continua revisión, un libro que aborda os mitos da alimentación, e un traballo de radio sobre o cambio climático obtiveron os Prismas de Bronce no súa XXVIII convocatoria. O Premio Especial do Xurado foi para Ignacio Fernández Bayo. [+]

10/16/2015

Novas sesións de Aventura coas focas

O luns 19 de outubro ábrese o prazo de inscrición para esta actividade de fin de semana do Aquarium Finisterrae.  [+]

10/02/2015

Talleres infantís de robótica os sábados na Domus

Para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos, que poderán introducirse na robótica, innovando, creando e traballando en equipo no espazo maker@domus da Domus. Será os sábados 17, 24, 31 de outubro e 21, 28 de novembro, en dúas quendas, de 16 a 17:30 horas e de 17:30 a 19 horas. O luns 5 de outubro é o prazo de preinscrición entre as 8:00 e 15:00, debendo realizarse só a través de formulario online. [+]

9/29/2015

«Falemos do cerebro» o venres 2 de outubro na Domus

Membros do grupo NEUROcom, o Grupo de Neurociencia e Control Motor da Universidade da Coruña, poñerán ao descuberto algúns dos segredos que encerra a mente. Tres charlas para coñecer como se falan as neuronas ou as novas técnicas de estimulación cerebral, o venres 2 de outubro na Domus ás 19.00 horas. A entrada é libre e gratuíta ata completar o aforamento. [+]

9/26/2015

Volven as Merendas no Aquarium Finisterrae

Para participar nas Merendas é necesario reservar praza chamando, desde o luns 28 de setembro ás 8:30 horas, ao teléfono 981 189 842. Por chamada só poderán inscribirse tres nenos, para o que é preciso ter os datos do menor, así como un número de teléfono do pai/nai/titor. As Merendas terán lugar os sábados e domingos ás 16.45 horas; a primeira sesión será o 17 de outubro.  [+]

Talleres de robótica na Domus

O «Club maker@domus» de tecnoloxía robótica educativa, para escolares de Primaria e Secundaria, celebrarase unha vez á semana ao longo dun trimestre, entre o 6 de outubro e o 23 de decembro. O prazo de preinscrición estará aberto de 8:00 a 14:00 o luns 28 de setembro neste formulario online.   [+]

9/25/2015

Concurso de robots segueliñas na Domus

O luns 28 de setembro, abre o prazo para participar no concurso de segueliñas con robots organizado pola feira de tecnoloxía aberta OSHWDem, que terá lugar na Domus o 5 novembro. Para participar só tes que inscribirte e traer o teu robot. [+]

9/24/2015

A eclipse de Lúa no Planetario

– As sesións de planetario da Casa das Ciencias, durante o fin de semana do 25, 26 e 27 de setembro, complementaranse cunha breve explicación sobre a eclipse de Lúa da madrugada do luns 28 de setembro. [+]

9/23/2015

Actividades do Aquarium Finisterrae sobre mar e cidade, ata o 29 de novembro

Do 24 de setembro ao 29 de novembro terán lugar na Coruña as actividades de mobilización cidadá do proxecto Sea for Society, liderado en España polo Aquarium Finisterrae, dentro do Festival Mar de Mares. A iniciativa inclúe un taller de fotografía submarina impartido polo fotógrafo de National Geographic David Doubilet. [+]

9/10/2015

Novas actividades de mobilización cidadá do Aquarium Finisterrae

O 23 de setembro comezan unha serie de actividades de mobilización cidadá promovidas polo proxecto europeo Sea for Society, a través do Aquarium Finisterrae. Estas iniciativas enmárcanse dentro do Festival Mar de Mares que se celebrará na Coruña ata o 29 de novembro. [+]

8/31/2015

Novo horario de setembro a decembro

O 1 de setembro estreamos o "horario de outono" que durará ata o 31 de decembro. Podes consultalo aquí: [+]

8/07/2015

«Berros no roncar das ondas» entre os módulos do Aquarium Finisterrae

Esta mostra é unha proposta de reflexión sobre a relación das persoas co mar. A exposición, instalada entre os módulos expositivos da sala Maremganum e da sala Humboldt, estará no Aquarium Finisterrae ate o 30 de agosto.  [+]

8/06/2015

Choven Perseidas en agosto

As estrelas fugaces acoden á súa cita anual co ceo de verán e a Casa das Ciencias mostra as claves para poder observarlas. Haberá sesións especiais de Planetario ás 18:00 do 8 ao 14 de agosto, e ademais ás 13:00 do 10 ao 12 de agosto. [+]

7/24/2015

Cortado o acceso en vehículo a Aquarium Finisterrae e Domus o domingo 26 de xullo pola mañá

Recomendamos aos nosos visitantes que acudan a pé á Casa dos Peixes e á Casa do Home. Debido á celebración do triatlón «Hercules XTRM», este domingo, 26 de xullo de 2015, o acceso en vehículo ao Aquarium Finisterrae e á Domus non será posible entre as 8.00 e as 13.30. [+]

7/14/2015

Convocados os XXVIII Premios Prismas á Divulgación Científica

Este certame premia en 2015 os mellores traballos de divulgación científica nas categorías de vídeo, sitio web/redes sociais, texto inédito, libro editado, artigo xornalístico, radio e Premio Especial do Xurado. O prazo de presentación de traballos e candidaturas finaliza o 19 de setembro de 2015. [+]

7/06/2015

«Peixes de tinta» no Aquarium Finisterrae

Peixes de tinta como nunca os imaxinaras no Aquarium Finisterrae. Gravados usando o propio peixe como matriz, para xerar orixinais imaxes a base de tinta, acrílico, acuarela e lapis. [+]

7/03/2015

Chegan os mellores Fotógrafos da Natureza

A sala Isabel Castelo do Aquarium Finisterrae presenta a exposición Fotógrafos da Natureza 2015, que contén as fotografías galardoadas na última edición do concurso GDT European Wildlife Photographer of the Year. [+]

7/02/2015

Ampliamos o horario en verán

Durante xullo e agosto, os tres Museos Científicos Coruñeses abren todos os días de 10.00 a 20.00, o Aquarium Finiterrae o fai o ata as 21.00, pero o acceso péchase unha hora antes. Tamén aumentan a súa oferta as sesións de Planetario na Casa das Ciencias e de cine 3D na Domus. [+]

6/05/2015

Maxia na Casa das Ciencias

Actuación de Kiko Pastur o domingo 7 de xuño ás 13 horas nos exteriores da Casa das Ciencias, con motivo do seu 30 aniversario. [+]

5/25/2015

A Casa das Ciencias cumpre 30 anos

Este fin de semana, sábado 30 e domingo 31 de maio, celebrámolo con diversas actividades [+]

4/30/2015

O Día da Ciencia na Rúa cumpre 20 anos

A cita é o sábado 9 de maio no Parque de Santa Margarita de 11.00 a 19.00 horas. Máis de 40 jaimas con experimentos arrouparán a Casa das Ciencias. O tres Museos Científicos Coruñeses son gratuítos ese día e contarán con maratón de cinema 3D en Domus e sesións de Planetario na Casa das Ciencias. [+]

4/18/2015

Regresa a actividade «Aventuras no Aquarium»

As "Aventuras" propostas son «Aventura coas foca», para maiores de 7 anos, e «Viaxe ao centro do Aquarium», para maiores de 14 anos. O prazo de inscrición comeza o luns 20 de abril, a partir das 8.30 horas no 981 189 842. [+]

4/10/2015

Pesca sostible e gastronomía no Aquarium Finisterrae

O Acuario conta cunha nova exposición fotográfica, «Perseguindo a Mr. Goodfish», que expoñerá ata finais do mes de xuño na sala Isabel Castelo. A mostra recolle 70 instantáneas de 13 fotógrafos da Coruña que participaron no Festival Marea Alta 2014, e está patrocinada polo programa europeo Mr. Goodfish, que promove o consumo responsable dos produtos mariños. [+]

4/03/2015

A Domus cumpre 20 anos

O 7 de abril de 2015 a Domus cumpre 20 anos, e celebrarémolo o luns 6, aínda día festivo para algúns. Ademais dun maratón de actividades, ese día será gratuíto na Domus, en horario de 10.00 a 18.00. [+]

3/27/2015

Ao máis profundo do Universo no Planetario

«Deep Sky» é un documental de planetario en formato vídeo a cúpula completa (fulldome) que describe o que se esconde tras o fondo negro da noite. Viaxaremos a través das marabillas que se descubriron tras ese lenzo negro sobre o que se debuxa a noite estrelada. [+]

3/16/2015

Observación de eclipse de Sol na Casa das Ciencias

Organizada en colaboración coa Agrupación Astronómica Ío, terá lugar entre as 9.00 e as 11.30 horas do venres 20 de marzo de 2015. A observación, pública e gratuíta, farase nas inmediacións da Casa das Ciencias, Parque de Santa Margarida da Coruña. Moi importante destacar que nunca debe observarse o Sol directamente sen protección axeitada. [+]

3/13/2015

ExploraDomus circuitos

A Domus organiza talleres infantís para experimentar con baterías, lámpadas, timbres, interruptores, e moitos outros compoñentes eléctricos. O prazo de inscrición ábrese o luns 16 de marzo. [+]

3/03/2015

Charla sobre meteoros no Planetario

O astrónomo Josep María Bosch impartirá unha charla no Planetario da Casa das Ciencias sobre corpos menores do Sistema Solar. A conferencia terá lugar o venres, 6 de marzo, ás 20.00 horas. A entrada é libre e gratis ata completar aforamento. Tras a charla haberá un coloquio dirixido por Fernando Jáuregui, astrofísico do Planetario de Pamplona. [+]

3/02/2015

Fallo do premio Luis Freire

Unha investigación sobre o papel dos carnívoros na dispersión das sementes do carnabudo no Courel, un proxecto tecnolóxico para mellorar a conservación dos alimentos combinando a refrixeración cos ultrasóns e un proxecto nunha aula de Primaria para comprobar se é verdade que a luz da lúa pon verdes as patacas obtiveron os primeiros premios nesta edición do certame [+]

2/27/2015

Taller de robótica para nenos na Domus

É unha actividade pensada para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos, que consta de 4 sesións –14 e 21 de marzo e 11 e 18 de de abril– con dúas quendas, un ás 16.00 e outra ás 17.30 horas. A inscrición comeza o luns 2 de marzo en domus@casaciencias.org. [+]

2/26/2015

Final do Premio Luis Freire na Domus

A final do XVI Premio Luis Freire de Investigación Científica na Escola terá lugar o próximo sábado, 28 de febreiro de 2015, na Domus (A Coruña) a partir das 10 da mañá. A esta final concorren seis equipos de alumnos, que defenderán os seus traballos nas modalidades de Investigación Científica e Investigación Tecnolóxica. Tamén presentarán os seus estudos dúas profesoras de Educación Primaria de Ferrol e Carral. [+]

2/20/2015

Primeira edición de Merendas no Aquarium do 2015

O martes 24 de febreiro, a partir das 8.30 horas no 981 189 842, abre o prazo de inscrición para esta nova edición, que se celebrará sábados e domingos ás 16.45 horas; a primeira sesión será o 28 de febreiro. Pensada para nenos e nenas de entre 4 e 13 anos, que realizarán unha actividade e despois merendarán chocolate con churros na cantina do acuario [+]

2/13/2015

Un barco pesqueiro mergullado simula un pecio no Aquarium Finisterrae

Novo decorado e contido biolóxico para un dos tanques de gran volume da sala Maremagnum do Aquarium Finisterrae. A ponte dun barco pesqueiro mergullado simula un pecio, onde se abeiran peóns, sardiñas, múxeles, lorchos, pintos ou robalizas; crustáceos como centolas ou lagostas e diversos invertebrados, como anémonas, holoturias ou cogombros de mar. [+]

2/10/2015

O Aquarium Finisterrae participa no proxecto europeo Diversify

A achega do Aquarium Finisterrae consiste en estudar o ciclo reprodutivo e o desenvolvemento larvario da cherna (Polyprion americanus) dentro das súas instalacións, así como facilitar material biolóxico a outros centros de investigación grazas ao importante stock de reprodutores desta especie que posúe o acuario coruñés. [+]

2/06/2015

Estrea 3D na Domus, «Titáns da Idade de Xeo»

Chega unha nova película á Domus, a sala de cine 3D renova a súa carteleira con «Titáns da Idade de Xeo», que transporta aos espectadores ás belas paisaxes xeadas do hemisferio norte de hai 20.000 anos. De luns a venres, ás 17 horas. Sábados, domingos e festivos, ás 12, 13, 17 e 18 horas. [+]

1/27/2015

Creación de dispositivos electrónicos sonoros na Domus

A Domus acolle o próximo martes, 3 de febreiro, un taller sobre creación de dispositivos sonoros que estará dirixido por Mateo Mena, músico, compositor e maker. O custo da actividade é de 1 € e terá lugar de 16.30 a 19.00 horas. [+]

1/09/2015

Nova edición de «Aventuras no Aquarium»

O Aquarium Finisterrae propón un programa especial de actividades de fin de semana chamado «Aventuras no Aquarium», que inclúe experiencias como unha visita á zona técnica ou participar na alimentación das focas. [+]

1/02/2015

«O ceo paso a paso» na Casa das Ciencias

Unha exposición de seis time-lapses sobre diversos fenómenos relacionados co firmamento, dende os movementos de estrelas, planetas e satélites ata o paso das nubes ou a suba e baixada das mareas. [+]