2/27/2015

Taller de robótica para nenos na Domus

É unha actividade pensada para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos, que consta de 4 sesións –14 e 21 de marzo e 11 e 18 de de abril– con dúas quendas, un ás 16.00 e outra ás 17.30 horas. A inscrición comeza o luns 2 de marzo en domus@casaciencias.org. [+]

2/26/2015

Final do Premio Luis Freire na Domus

A final do XVI Premio Luis Freire de Investigación Científica na Escola terá lugar o próximo sábado, 28 de febreiro de 2015, na Domus (A Coruña) a partir das 10 da mañá. A esta final concorren seis equipos de alumnos, que defenderán os seus traballos nas modalidades de Investigación Científica e Investigación Tecnolóxica. Tamén presentarán os seus estudos dúas profesoras de Educación Primaria de Ferrol e Carral. [+]

2/20/2015

Primeira edición de Merendas no Aquarium do 2015

O martes 24 de febreiro, a partir das 8.30 horas no 981 189 842, abre o prazo de inscrición para esta nova edición, que se celebrará sábados e domingos ás 16.45 horas; a primeira sesión será o 28 de febreiro. Pensada para nenos e nenas de entre 4 e 13 anos, que realizarán unha actividade e despois merendarán chocolate con churros na cantina do acuario [+]

2/13/2015

Un barco pesqueiro mergullado simula un pecio no Aquarium Finisterrae

Novo decorado e contido biolóxico para un dos tanques de gran volume da sala Maremagnum do Aquarium Finisterrae. A ponte dun barco pesqueiro mergullado simula un pecio, onde se abeiran peóns, sardiñas, múxeles, lorchos, pintos ou robalizas; crustáceos como centolas ou lagostas e diversos invertebrados, como anémonas, holoturias ou cogombros de mar. [+]

2/10/2015

O Aquarium Finisterrae participa no proxecto europeo Diversify

A achega do Aquarium Finisterrae consiste en estudar o ciclo reprodutivo e o desenvolvemento larvario da cherna (Polyprion americanus) dentro das súas instalacións, así como facilitar material biolóxico a outros centros de investigación grazas ao importante stock de reprodutores desta especie que posúe o acuario coruñés. [+]

2/06/2015

Estrea 3D na Domus, «Titáns da Idade de Xeo»

Chega unha nova película á Domus, a sala de cine 3D renova a súa carteleira con «Titáns da Idade de Xeo», que transporta aos espectadores ás belas paisaxes xeadas do hemisferio norte de hai 20.000 anos. De luns a venres, ás 17 horas. Sábados, domingos e festivos, ás 12, 13, 17 e 18 horas. [+]