9/29/2015

«Falemos do cerebro» o venres 2 de outubro na Domus

Membros do grupo NEUROcom, o Grupo de Neurociencia e Control Motor da Universidade da Coruña, poñerán ao descuberto algúns dos segredos que encerra a mente. Tres charlas para coñecer como se falan as neuronas ou as novas técnicas de estimulación cerebral, o venres 2 de outubro na Domus ás 19.00 horas. A entrada é libre e gratuíta ata completar o aforamento. [+]

9/26/2015

Volven as Merendas no Aquarium Finisterrae

Para participar nas Merendas é necesario reservar praza chamando, desde o luns 28 de setembro ás 8:30 horas, ao teléfono 981 189 842. Por chamada só poderán inscribirse tres nenos, para o que é preciso ter os datos do menor, así como un número de teléfono do pai/nai/titor. As Merendas terán lugar os sábados e domingos ás 16.45 horas; a primeira sesión será o 17 de outubro.  [+]

Talleres de robótica na Domus

O «Club maker@domus» de tecnoloxía robótica educativa, para escolares de Primaria e Secundaria, celebrarase unha vez á semana ao longo dun trimestre, entre o 6 de outubro e o 23 de decembro. O prazo de preinscrición estará aberto de 8:00 a 14:00 o luns 28 de setembro neste formulario online.   [+]

9/25/2015

Concurso de robots segueliñas na Domus

O luns 28 de setembro, abre o prazo para participar no concurso de segueliñas con robots organizado pola feira de tecnoloxía aberta OSHWDem, que terá lugar na Domus o 5 novembro. Para participar só tes que inscribirte e traer o teu robot. [+]

9/24/2015

A eclipse de Lúa no Planetario

– As sesións de planetario da Casa das Ciencias, durante o fin de semana do 25, 26 e 27 de setembro, complementaranse cunha breve explicación sobre a eclipse de Lúa da madrugada do luns 28 de setembro. [+]

9/23/2015

Actividades do Aquarium Finisterrae sobre mar e cidade, ata o 29 de novembro

Do 24 de setembro ao 29 de novembro terán lugar na Coruña as actividades de mobilización cidadá do proxecto Sea for Society, liderado en España polo Aquarium Finisterrae, dentro do Festival Mar de Mares. A iniciativa inclúe un taller de fotografía submarina impartido polo fotógrafo de National Geographic David Doubilet. [+]

9/10/2015

Novas actividades de mobilización cidadá do Aquarium Finisterrae

O 23 de setembro comezan unha serie de actividades de mobilización cidadá promovidas polo proxecto europeo Sea for Society, a través do Aquarium Finisterrae. Estas iniciativas enmárcanse dentro do Festival Mar de Mares que se celebrará na Coruña ata o 29 de novembro. [+]