10/23/2015

Ciclo Spoiler Científico, a ciencia detrás do cinema na Domus

Os Museos Científicos Coruñeses estrean o martes 27 de outubro na Domus ás 19:30 horas o Ciclo Spoiler Científico, que destripará a ciencia que hai detrás do cinema. A primeira charla desta actividade será "A ciencia de The Martian", unha película aínda en carteleira. O astrofísico Borja Tosar e o xornalista científico Xavi Fonseca falarán sobre como habitar outros planetas, ou a vida extraterrestre. [+]

"Viaxe ao centro do Aquarium" sábados e domingos

A inscrición estará aberta o luns 26 de outubro desde as 8:00 ás 15:00 horas neste formulario online http://bit.ly/1S0tJTe. A actividade propón unha visita guiada pola zona técnica do Aquarium Finisterrae, que inclúe instalacións como o laboratorio, a cociña, as salas de filtración ou as salas de corentena. [+]

10/17/2015

Gañadores dos Premios Prismas 2015

Un vídeo sobre a investigación do cancro, o Alzheimer e a diabetes que chegou a facerse viral na rede, unha web referencia do xornalismo científico en España, un artigo xornalístico que transmite que a ciencia está en continua revisión, un libro que aborda os mitos da alimentación, e un traballo de radio sobre o cambio climático obtiveron os Prismas de Bronce no súa XXVIII convocatoria. O Premio Especial do Xurado foi para Ignacio Fernández Bayo. [+]

10/16/2015

Novas sesións de Aventura coas focas

O luns 19 de outubro ábrese o prazo de inscrición para esta actividade de fin de semana do Aquarium Finisterrae.  [+]

10/02/2015

Talleres infantís de robótica os sábados na Domus

Para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos, que poderán introducirse na robótica, innovando, creando e traballando en equipo no espazo maker@domus da Domus. Será os sábados 17, 24, 31 de outubro e 21, 28 de novembro, en dúas quendas, de 16 a 17:30 horas e de 17:30 a 19 horas. O luns 5 de outubro é o prazo de preinscrición entre as 8:00 e 15:00, debendo realizarse só a través de formulario online. [+]