11/28/2015

«Durmindo con tiburóns» volve por Nadal

As datas de celebración son: 20, 21, 22, 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro de 2015, e os días 2, 3 e 4 de xaneiro de 2016, no Aquarium Finisterrae. Para participar hai que preinscribirse nun formulario electrónico, dispoñible entre as 9:00 e as 15:00 horas do 30 de novembro.  [+]

11/26/2015

Tarde de cinema científico no Ágora

Os Museos Científicos Coruñeses proxectan os traballos gañadores na modalidade de vídeo, nas cinco últimas edicións, dos premios Prisma Casa das Ciencias á Divulgación. As proxeccións terán lugar no Centro Ágora mañá venres 27 de novembro a partir das 19 horas. A entrada é libre e gratuíta.  [+]

11/25/2015

Curso de astronomía na Casa das Ciencias

O Planetario da Casa das Ciencias organiza un curso de iniciación á astronomía que se celebrará do 14 ao 17 de decembro de 2015. O xoves 26 de novembro abre o prazo de preinscrición, debendo realizarse a través de formulario electrónico. [+]

11/20/2015

Paisaxes astronómicas na Casa das Ciencias

Unha exposición de imaxes que combinan paisaxes nocturnas con técnicas de astrofotografía. Deste xeito compóñese unha visión do mundo que supera as limitacións do ollo humano. Cinco das seis imaxes reflicten paisaxes de Galicia, e a sexta foi tomada baixo unha intensa aurora boreal en Islandia. [+]

11/16/2015

Charla e excursión para escoitar aves migratorias

A charla será o venres 20 de novembro ás 19:30 horas en Domus, e completarase cunha excursión, o sábado 21, a Estaca de Bares para observar aves migratorias. Para participar na excursión é preciso inscribirse previamente, ata completar as 50 prazas dispoñibles. [+]

11/12/2015

Charla visual do fotógrafo submarino David Doubillet

Este venres, 13 de novembro, ás 19.30 horas,  Doubilet presentará o "Storytelling: reinos de coral e imperios de xeo", no que fará un percorrido visual por historias publicadas nas revista National Geographic. A entrada é libre, ata completar aforo. [+]

11/07/2015

Chega a Semana da Ciencia 2015

A Semana da Ciencia nos Museos Científicos da Coruña contará con entrada gratuíta aos seus tres centros (Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae) desde o luns 9 de novembro ata o domingo 16. Nestes sete días celebraranse actividades especiais.  [+]

11/03/2015

Domus estrea o espazo maker@domus

A nova sala da Domus está pensada para experimentar a cultura "maker", facer tecnoloxía por un mesmo e comezar a "pensar coas mans". Aquí celebraranse actividades maker dirixidas a diferentes públicos, desde escolares a público xeral.  [+]