12/24/2015

"O nunca visto" no Aquarium Finisterrae

O Aquarium Finisterrae conta coa exposición "O nunca visto. Fotografías do extraordinario", da National Geographic Society. Cincuenta imaxes que destacan tanto pola súa beleza como pola súa rareza, divididas en cinco ámbitos. [+]

12/22/2015

Programación especial Nadal 2015

Do 21 de decembro de 2015 ao 5 de xaneiro de 2016, os Museos Científicos Coruñeses ofrecemos unha programación especial de Nadal con, entre outras cousas, máis pases de cinema 3D na Domus e de sesións de planetario na Casa das Ciencias. Lembra que pechamos o 25 e o 31 de decembro e o 6 de xaneiro [+]

12/17/2015

Dous concertos de Nadal no Planetario

O primeiro será este sábado, 19 de decembro, ás 19:30 horas, e está dedicado á música barroca. Para asistir é necesario comprar unha entrada, de 2 euros, á venda na recepción da Casa das Ciencias a partir de mañá venres 18 de decembro ás 10:00 horas. O martes 22 de decembro terá lugar un recital de Félix Arias para público infantil, ás 19:30 horas. As entradas, de 2 euros tamén, estarán á venda desde o domingo 20 de decembro ás 11:00 horas. [+]

12/15/2015

Conferencia sobre avespas asiáticas na Domus

O xoves 17 ás 19:00 horas na Domus, Jesse Barandika, doutor en Veterinaria e técnico investigador no Instituto Vasco de Desenvolvemento e Investigación Agraria, falará sobre "Avespas asiáticas. Chegaron para quedar?". Durante a charla estará exposta unha colmea para que os asistentes poidan coñecer de preto tanto a aparencia exterior como a organización interna. [+]

12/14/2015

O Planetario estrea novo programa

Co título "Da Terra ao Universo", o audiovisual leva aos espectadores a unha viaxe polos últimos achados da astronomía, desde as abatidas chairas da Lúa ata os confíns do Universo. O novo programa proxectarase ás 18 horas sábados, domingos e festivos. [+]

Aberta a convocatoria dos Premios Luis Freire

Os escolares e profesores que desexen participar teñen ata o próximo 18 de decembro para enviar as súas propostas. Posteriormente, os admitidos terán 3 meses para desenvolver os seus traballos. A fase final terá lugar na Domus o 30 de abril de 2016, e a ela concorrerán os tres mellores traballos seleccionados en cada modalidade. [+]

«Mes escéptico» na Domus

Un ciclo de conferencias nas que se pon o punto de mira sobre diferentes temas de actualidade, abordados desde a perspectiva científica. Comeza o mércores 25 de novembro coa charla "Medicina y lo que no lo es", a cargo de J. M. Mulet, profesor de biotecnoloxía da Universidad Politécnica de Valencia. Será na Domus ás 19.30 horas. [+]

12/10/2015

A ciencia de "Regreso ao futuro II" na Domus

O sábado, 12 de decembro, ás 19.30 horas, a Domus acollerá unha nova sesión do ciclo Spoiler científico, dedicada a destripar a ciencia que hai detrás da película "Regreso ao futuro II". A charla chegará subida nun auténtico DeLorean, o coche que serve de máquina do tempo aos protagonistas da película, que estará exposto na entrada da Domus desde o venres 11 decembro. [+]

12/01/2015

Campamentos tecnolóxicos na Domus

Os talleres celebraranse os días 22, 23, 28, 29 e 30 de decembro, e haberá dúas quendas para diferentes idades. Inventor Camp I, de 9:00 a 14:00, para menores de 9 a 12 anos. Inventor Camp II, de 16:00 a 21:00, para menores de 13 a 16 anos. A preinscrición abre o xoves 3 de decembro a través de formulario electrónico. [+]