12/26/2016

Visións do futuro

Exposición de carteis da NASA, na planta baixa da Casa das Ciencias a partir do 28 de decembro[+]

12/21/2016

El Mundo Anillo, estrea no Planetario da Casa das Ciencias

O novo programa, que se proxectará durante o nadal a diario ás 13 horas, propón unha viaxe alucinante a un planeta extrasolar [+]

12/20/2016

Concerto de Nadal no Planetario

O venres 23 de decembro, ás 19.30 horas, interpretaranse pezas de Haendel, Corelli e Vivaldi ambientadas coa proxeccion do firmamento e outras paisaxes astronómicas na cúpula do planetario.[+]

12/19/2016

“Todos somos Rappel”, monólogo de Juanjo de la Iglesia

O xoves 22 de decembro remata o Ciclo Mes escéptico co monólogo de Juanjo de la Iglesia “Todos somos Rappel”, que incluirá ademáis “arrepiantes experiencias paranormais”[+]

12/14/2016

Feira UDCiencia na Domus, o sábado 17 de decembro

A feira, organizada pola Universidade da Coruña coa colaboración do Concello da Coruña, consistirá nunha serie de talleres interactivos deseñados para diferentes idades. Con motivo desta actividade, a Domus celebra xornada de portas abertas [+]

12/10/2016

“Que la realidad no te arruine un buen titular”, charla a cargo de Deborah García Bello e Pablo Linde

Nova sesión do ciclo “Mes escéptico”, o xoves 15 de decembro, na Domus ás 19:30 horas, coa charla titulada “Que la realidad no te arruine un buen titular”, a cargo de Deborah García Bello, química e divulgadora científica, e Pablo Linde, redactor especializado en ciencia no diario El País.[+]

12/02/2016

"A perda da escuridade", estrea no Planetario da Casa das Ciencias

Un audiovisual sobre a contaminación lumínica que aborda as causas e consecuencias deste tipo de polución e inclúe espectaculares visións do noso planeta tomadas dende o espazo. [+]

11/29/2016

Aberta a XVIII convocatoria do Premio Luis Freire de Investigación Científica na Escola

A participación está aberta en dúas modalidades: unha para proxectos de investigación científica realizados nas aulas de Educación Primaria, e outra dirixida a alumnado de Educación Secundaria. O prazo de presentación de propostas de investigación está aberto ata o 13 de xaneiro de 2017 [+]

«Sesgos cognitivos y adquisición de creencias», a cargo de Helena Matute

O ciclo de conferencias “Mes escéptico” continúa este xoves, 1 de decembro, na Domus ás 19:30 horas, coa charla titulada «Sesgos cognitivos y adquisición de creencias», a cargo de Helena Matute, catedrática de Psicoloxía Experimental na Universidad de Deusto [+]

11/28/2016

Durmindo con Tiburóns Nadal 2016

O mércores 30 de novembro ábrese a preinscrición para as sesións de Nadal de Durmindo con Tiburóns, dirixidas a nenos e nenas de entre 7 e 11 anos. [+]

11/24/2016

A ciencia de "Star Trek", novo spoiler na Domus

O sábado 26 de novembro, ás 17:30 horas, na Domus un novo spoiler: "A ciencia de Star Trek", a cargo do astrofísico Borja Tosar e o xornalista científico Xavi Fonseca. [+]

11/23/2016

Novas sesións de Aventura coas focas

O venres 25 de novembro ábrese o prazo de preinscrición para as sesións que se celebrarán no mes de decembro de 2016[+]

11/22/2016

"La necesidad de creer", primeira charla do Mes escéptico

O ciclo de conferencias “Mes escéptico” comenza este xoves na Domus, 24 de novembro, ás 19.30 horas, coa charla titulada “La necesidad de creer”, a cargo de José Cervera, xornalista e divulgador multimedia. [+]

11/19/2016

Novas sesións de Merendas no Aquarium

O luns 21 de novembro ábrese o prazo de preinscrición para as novas sesións que se celebrarán no mes de decembro de 2016[+]

11/17/2016

Proxección da curtametraxe Einstein-Rosen na Domus

O sábado 19 de novembro, a partir das 17:30 horas, proxectarase na sala Leonardo da Vinci da Domus, con entrada libre ata completar espazo[+]

11/16/2016

Talleres infantís de robótica na Domus

Para nenas e nenos de entre 6 e 12 anos, que poderán introducirse de forma divertida na robótica da man de Robotix Galicia, socio certificado de Leigo Education. Hai 5 sesións (con 20 prazas por día e quenda), os días 26 e 27 de novembro, e o 3, 4 e 6 de decembro, con dúas quendas cada día, ás 16 e ás 17.30 horas. [+]

11/10/2016

Mesa redonda sobre astronomía na Domus

Cal é a noticia astronómica máis importante do 2016? Cal é o maior desafío que supón hoxe a comunicación da astronomía? Catro profesionais da comunicación e a divulgación da astronomía reuniranse o venres 11 de novembro na Domus, ás 19.30 horas, para dar o seu punto de vista sobre estas cuestións na mesa redonda "La astronomía como te la cuentan". [+]

11/09/2016

Curso de iniciación á astronomía

Na Casa das Ciencias, do 28 de novembro ao 1 de decembro. Dirixido a persoas maiores de 14 anos que desexen aprender a gozar da astronomía a simple ollada. Preinscricións a partir do 10 de novembro ás 10 horas mediante formulario electrónico [+]

11/07/2016

Semana da Ciencia 2016

Os Museos Científicos Coruñeses celebran do luns 7 ao domingo 13 de novembro, sete días de portas abertas con motivo dá Semana Internacional da Ciencia. Durante esa semana a entrada será gratuíta na Casa dás Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae. [+]

11/05/2016

Celebración do ano da fisioloxía na Domus

En conmemoración do primeiro centenario da creación do Laboratorio de Fisioloxía na Residencia de Estudantes, a Domus acolle tres días de actividades, que se estenderán entre o 27 de outubro e o 10 de novembro de 2016. [+]

11/03/2016

Quinta edición da Feira OSHWDem na Domus

Por quinto ano consecutivo, a asociación de makers Bricolabs organiza a Feira OSHWDem de tecnoloxía aberta na Domus, o próximo 5 de novembro. Con motivo desta Feira, ese sábado a Domus será gratis de 10:00 a 21:00. [+]

10/27/2016

NanoDía na Domus o sábado 29 de outubro

No NanoDía poderase explorar, da man do equipo investigador do CICA (Centro de Investigacións Avanzadas da UDC) experimentos e xogos que exploran os mecanismos e fenómenos do máis pequeno. As actividades desenvolveranse de 11:30 a 14 horas e de 16 a 19, na Domus. [+]

10/26/2016

O venres 28 abre o prazo para "Aventura coas focas" de novembro

O venres 28 de outubro abre o prazo de inscrición, a través de formulario online, para as sesións de novembro de "Aventura coas focas". Nesta convocatoria ofrécense 60 prazas (10 participantes por día) para as sesións que terán lugar os días 5, 6, 19, 20, 26 e 27 de novembro. A actividade celebrarase sábados e domingos ás 11 horas, e está dirixida a nenos e nenas maiores de 7 anos, que deben asistir cunha persoa adulta. [+]

10/25/2016

Talleres do Festival Mar de Mares no Aquarium Finisterrae

O Aquarium Finisterrae acolle do 25 ao 31 de outubro ata as 13:30 o programa «O mar a fondo», dentro do Festival Mar de Mares, que consiste nunha serie de talleres impartidos polo Centro Superior de Investigacións Científicas e o Instituto de Ciencias do Mar de Barcelona. O obxectivo é fomentar o coñecemento dos mares dunha forma práctica e teórica. [+]

10/21/2016

Sesións de novembro de Merendas no Aquarium Finisterrae

O luns 24 de outubro abre o prazo de preinscrición para as novas sesións que se celebrarán no mes de novembro de 2016, que contarán cun total de 120 prazas. Pensadas para nenas e nenos de entre 4 e 13 anos, que realizarán unha actividade e despois merendarán chocolate con churros na cantina do acuario [+]

10/19/2016

A Domus, unha das cinco sedes do proxecto internacional World Biotech Tour

A Domus foi seleccionada para acoller as actividades do World Biotech Tour que se desenvolverán entre abril e maio de 2017 na Coruña, cun festival sobre biotecnoloxía de 3 días no museo e outras actividades externas. [+]

10/15/2016

Gañadores do Premio Prismas 2016

Un vídeo que descobre a vida dunha bacteria intestinal, unha web que reivindica a ciencia como parte da cultura, un texto inédito que describe como o caos e os fractales axudan a desentrañar a complexidade, un libro que aborda en profundidade a orixe do universo, da vida e da nosa especie, un artigo xornalístico que trata sobre a anestesia, e unha peza radiofónica sobre a posibilidade de manipular a memoria obtiveron os Prismas de Bronce desta 29 convocatoria. O Prisma Especial do Xurado foi para a revista Astronomía. [+]

10/07/2016

Aventura coas focas

O luns 10 de outubro abre a preinscrición para novas sesións da actividade na que se poderá participar nas tarefas de preparación da comida das focas do Aquarium e na súa alimentación. [+]

9/30/2016

Viaxe ao centro do Aquarium

O luns 3 de outubro ábrese a inscrición para as novas sesións da actividade que propón unha visita guiada pola zona técnica do Aquarium Finisterrae.[+]

9/07/2016

Xornada sobre bioestatística na Domus

Xornada sobre bioestatística para xornalistas e comunicadores o 13 de outubro na Domus, en colaboración coa Asociación Española de Comunicación Científica (AECC) e a Fundación Dr. Antonio Esteve. [+]

8/05/2016

Choiva de Perseidas no Planetario

Do 8 ao 14 de agosto as sesións en directo das 18.00 horas no Planetario da Casa das Ciencias están dedicadas á choiva de estrelas fugaces das Perseidas. O máximo das Perseidas é o venres 12 de agosto. [+]

7/22/2016

Imaxes da vida cotiá submarina no Aquarium

A sala Isabel Castelo do Aquarium Finisterrae acolle unha exposición de fotografías que recolle momentos da vida cotiá de diferentes especies de seres vivos mariños, tomadas por fotógrafos submarinos de prestixio internacional. [+]

7/03/2016

AVESPA ASIATICA, nova monografía de comunicación científica MC2

Os Museos Científicos Coruñeses publican un novo número da súa colección Monografías de Comunicación Científica, dedicado esta vez á “Avespa asiática”.[+]

6/21/2016

A ciencia de «Contact» nun novo Spoiler científico

O ciclo Spoiler científico conxuga unha vez máis a ciencia e o cinema este sábado 25 de xuño ás 19:30 na Domus, con A ciencia de «Contact». Falaremos do contacto extraterrestre, do proxecto SETI e da posibilidade de vida en exoplanetas. [+]

6/01/2016

Paseo nocturno por Guitiriz

O próximo 11 de xuño a Casa das Ciencias, o Grupo Naturalista Hábitat e a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío organizan un paseo durante o crepúsculo e comezo da noite no que, acompañados de astrónomos e naturalistas, explicarase que se pode ver, escoitar e sentir a esas horas. É unha actividade gratuíta para a que hai que inscribirse. [+]

5/30/2016

Aberto o rexistro para Naukas Coruña Neurociencia

O sábado, 11 de xuño, organizamos con Naukas unha xornada especial sobre Neurociencia, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. A actividade ten unha sesión de mañá, a partir das 11:00, e outra de tarde, a partir das 16:30. A entrada é gratuíta ata completar o espazo, pero é necesario rexistrarse [+]

5/19/2016

A ciencia de «Star Wars» nun novo Spoiler científico

O sábado 21 de maio ás 19:30 na Domus, o astrofísico Borja Tosar e o xornalista científico Xavi Fonseca destripan unha das sagas máis famosas. Nunha nova entrega do ciclo Spoiler científico, xunto a eles estará unha réplica a tamaño real do robot R2D2, fabricada con material reciclado. [+]

5/18/2016

Convocados os XXIX Premios Prismas á Divulgación Científica

O certame distingue os mellores traballos de divulgación científica nas categorías de artigo xornalístico, libro editado, radio, sitio web/redes sociais, texto inédito e vídeo, ademais do Prisma Especial do Xurado. O prazo de presentación termina o 10 de setembro, salvo para a modalidade de Libro editado que remata o 1 de xullo. [+]

5/13/2016

Falemos de ciencia e arte

Un encontro con tres profesionais que falarán sobre as relacións entre as dúas disciplinas, o mércores 18 de maio, na Domus, ás 19:30 horas[+]

5/07/2016

Observación do tránsito de Mercurio

O luns 9 de maio, de 13 a 19 horas, fronte á Casa das Ciencias, realizarase unha observación pública do tránsito de Mercurio, un fenómeno que ten lugar cando o planeta interponse entre a Terra e o Sol, de tal xeito que tarda varias horas en cruzar dun lado a outro o disco solar.[+]

5/01/2016

XXI Día da Ciencia na Rúa

O sábado 7 de maio, de 11:00 a 19:00 no Parque de Santa Margarita, celebramos o XXI Día da Ciencia na Rúa. Centos de estudantes e profesores de 29 centros educativos, así como membros de numerosas entidades encherán con actividades as carpas e espazos de lecer instalados nas inmediacións da Casa das Ciencias. [+]

4/27/2016

Final Premio Luis Freire na Domus

O sábado 30 ás 10.00 horas na Domus, comeza a final do Premio Luís Freire de Investigación Científica na Escola coa presentación pública, por parte dos escolares seleccionados, das conclusións dos seus traballos. A entrada a este acto é libre e gratuíta. [+]

4/20/2016

Volve o ciclo Spoiler Científico

O sábado 23 de abril na Domus ás 19:30 horas, o astrofísico Borja Tosar e o xornalista científico Xavi Fonseca destripan "A ciencia de Superman" nun novo Spoiler Científico. Pode ter tanta forza un extraterrestre? Que repercusión tería en nós se nos visitase un ser así? [+]

4/19/2016

Taller de introdución á robótica en Domus

Novo taller de introdución á robótica na Domus, impartido por Robotix Galicia, socio certificado de Lego Education, para experimentar coa forza e o movemento, o equilibrio ou a estabilidade. O prazo de preinscrición abre o mércores 20 de abril ás 9:00 horas a través de formulario online [+]

4/17/2016

Pregúntanos sobre a avespa asiática

Os Museos Científicos Coruñeses preparamos unha Monografía de Comunicación Científica sobre a avespa asiática. Por iso pedímosche que participes facéndonos chegar as túas preguntas sobre o tema, a través de formulario electrónico, antes do 20 de abril.  [+]

Xornada popular sobre o ADN na Domus

A Domus acolle o domingo 24 de abril a «Xornada popular sobre a molécula da vida: o ADN», unha acción didáctica e lúdica aberta a todos os públicos, para introducirse no mundo da xenética e a base da vida: o ADN. Para participar é necesario ter máis de 12 anos e realizar unha preinscrición antes de 20 de abril. [+]

Naukas Coruña Neurociencia

O sábado, 11 de xuño, organizamos con Naukas unha xornada especial sobre Neurociencia, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. A actividade ten unha sesión de mañá, a partir das 11:00, e outra de tarde, a partir das 16:30. A entrada é libre e gratuíta ata completar o espazo [+]

4/14/2016

Novas sesións de "Aventura coas focas"

O xoves 14 de abril, desde as 9 ata as 15 horas, abre o prazo de preinscrición para unha nova edición da actividade "Aventura coas focas".[+]

4/10/2016

Apúntate á "Viaxe ao centro do Aquarium"

O luns 11 de abril desde as 9 horas abre, a través de formulario online, o prazo de preinscrición nunha nova edición da actividade "Viaxe ao centro do Aquarium". Dirixida a maiores de 14 anos, consiste nunha visita guiada pola zona técnica do Aquarium Finisterrae, incluíndo instalacións como o laboratorio, a cociña, as salas de filtración ou as salas de corentena. Terá lugar sábados e domingos ás 12 horas. [+]

4/08/2016

"Pequenos xigantes", nova película 3D na Domus

A sala de cinema 3D da Domus renova a súa carteleira. Desde o sábado 9 de abril proxéctase a película "Pequenos xigantes", unha aventura en tres dimensións que revela a asombrosa vida dos animais máis diminutos. Sábados e domingos ás 12:00, 13:00, 17:00 e 18:00. De luns a venres ás 17:00. [+]

4/04/2016

Conferencia en Domus sobre as orixes da vida

O xoves 7 de abril, ás 19.30 horas, na Domus. Carlos Briones, investigador no centro de Astrobioloxía (CSIC/INTA), falará sobre "Los primeros pasos de la vida en la Tierra", unha charla na que abordará algunhas das cuestións que máis nos intrigan. [+]

3/29/2016

O Acuario alcanzou, en marzo, os 5 millóns de visitas desde a súa apertura

Ao longo desta Semana Santa, visitáronnos 19.847 persoas, unha cifra que supón un aumento en máis de 3.000 visitantes respecto ao mesmo período do ano 2015, e a mellor que se rexistra desde 2012. O Aquarium Finisterrae, que no mes de marzo chegou aos 5 millóns de visitas desde a súa apertura en xuño de 1999, foi o museo municipal máis visitado os últimos días. [+]

3/22/2016

Animais mariños que parecen plantas no Aquarium finisterrae

Esta primavera, no Aquarium Finisterrae "florecen" animais mariños que parecen plantas. Unha exposición temporal acuática no tanque cilíndrico da sala Maremagnum. [+]

3/14/2016

Nova edición de «Merendas no Aquarium»

O xoves 17 de marzo abre a preinscrición para unha nova edición de "Merendas no Aquarium Finisterrae". Unha actividade pensada para nenas e nenos de 4 a 13 anos, que realizarán unha actividade e despois merendarán chocolate con churros na cantina do acuario. A primeira sesión terá lugar o 2 de abril e para participar hai que preinscribirse nun formulario online aberto o 17 de marzo de 8:30 a 15:00. [+]

2/24/2016

«Nas ás da noite» despega no Planetario

A Casa das Ciencias presenta un novo documental para planetarios sobre as migracións das aves. Desde o domingo 28 de febreiro, este programa poderá verse ás 13:00 e 18:00 horas sábados, domingos e festivos. É unha sesión recomendada para maiores de 12 anos. [+]

1/28/2016

Embárcate en "Viaxe ao centro do Aquarium"

Unha actividade dirixida a persoas maiores de 14 anos, que se celebra sábados e domingos ás 12:00, e na que se visitan instalacións como o laboratorio, a cociña, as salas de filtración ou as salas de corentena. Para participar hai que inscribirse previamente a partir do luns 1 de febreiro ás 9:00 a través dun formulario online. [+]

1/26/2016

Curso para profesores na Domus

A Domus celebra os días 11, 18 e 25 de febreiro e 3 de marzo de 2016 o curso "Leva a actualidade na saúde á aula" para profesores de secundaria de Galicia, no marco do proxecto Xplore Health. A inscrición para asistir abre, en formulario online, o mércores 27 ás 8:00. O curso é gratuíto e hai 32 prazas [+]

1/21/2016

Vive unha «Aventura coas focas» no Aquarium Finisterrae

Para participar hai que inscribirse chamando ao teléfono 981 189 842, a partir das 8:30 horas do martes 26 de xaneiro. A actividade celebrarase sábados e domingos ás 11:00 horas, e está dirixida a nenos e nenas maiores de 7 anos, que deben asistir acompañados dun dos seus pais. [+]

1/04/2016

En 2015 recibimos 52.000 visitas máis que en 2014

Durante 2015, os Museos Científicos Coruñeses recibiron preto de 435.000 visitantes. As persoas que atravesaron os tornos da Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae, no seu horario habitual, nestes doce meses, supoñen un incremento dun 13,65% respecto ao 2014. [+]