1/28/2016

Embárcate en "Viaxe ao centro do Aquarium"

Unha actividade dirixida a persoas maiores de 14 anos, que se celebra sábados e domingos ás 12:00, e na que se visitan instalacións como o laboratorio, a cociña, as salas de filtración ou as salas de corentena. Para participar hai que inscribirse previamente a partir do luns 1 de febreiro ás 9:00 a través dun formulario online. [+]

1/26/2016

Curso para profesores na Domus

A Domus celebra os días 11, 18 e 25 de febreiro e 3 de marzo de 2016 o curso "Leva a actualidade na saúde á aula" para profesores de secundaria de Galicia, no marco do proxecto Xplore Health. A inscrición para asistir abre, en formulario online, o mércores 27 ás 8:00. O curso é gratuíto e hai 32 prazas [+]

1/21/2016

Vive unha «Aventura coas focas» no Aquarium Finisterrae

Para participar hai que inscribirse chamando ao teléfono 981 189 842, a partir das 8:30 horas do martes 26 de xaneiro. A actividade celebrarase sábados e domingos ás 11:00 horas, e está dirixida a nenos e nenas maiores de 7 anos, que deben asistir acompañados dun dos seus pais. [+]

1/04/2016

En 2015 recibimos 52.000 visitas máis que en 2014

Durante 2015, os Museos Científicos Coruñeses recibiron preto de 435.000 visitantes. As persoas que atravesaron os tornos da Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae, no seu horario habitual, nestes doce meses, supoñen un incremento dun 13,65% respecto ao 2014. [+]